O prelo
Branca Trigo: “A variedade de editoriais beneficia moito a nosa literatura”

'Malafera' é un proxecto editorial autoxestivo adicado á lírica contemporánea.
12 may 2022 13:54

O vestido negro e as botas góticas arroupan o espírito cándido de Branca Trigo. Poeta, música e editora, Trigo é unha das fundadoras do selo editorial independente Malafera

O nome, ao igual ca fermosa ilustración da besta que ten como logo a editorial, son unha especie de vaticinio do que Branca Trigo e Alfredo Vázquez procuran coa edición: ir ás entrañas da poesía e sacar da escuridade todas as palabras das poetas nóveles que se resisten a morrer á sombra das grandes editoriais. 

Falamos con Branca sobre Malafera e a aventura que significa manter unha editorial autoxestiva. 


A partir de que xorde a idea de crear unha editorial? Ten que ver co funcionamento ou as condicións do sistema literario galego (a produción, selección, distribución, publicación de obras)? 
Xustamente. Non sei como é noutros sistemas, pero no noso a forma de publicar poesía é estar xa consolidada, ter contactos ou gañar algún premio. Como nos demos de conta de que os nosos escritos, xunto cos de moitas compañeiras con talento, estaban a apodrecer nun caixón por non cumprir ningún dos tres requisitos, decidimos crear este espazo. 

Cal é a liña editorial que dá carácter ao proxecto Malafera? 
Pois pode que sexa polo nome, polo primeiro libro publicado ou pola nosa estética persoal, pero cada vez a xente asócianos máis ao macabro e underground. A verdade é que non foi esa a nosa intención, pero supoño que a cabra tira ao monte. A idea principal era acoller traballos que, malia non ser narrativa nin teatro, non encaixan de todo coa concepción que se adoita ter da poesía. Con Malafera queremos rachar cos xéneros e innovar coas temáticas por diante de todo. 

Producir nunha lingua minorizada supón certas particularidades e certas pexas. Que representa para ti crear e manter unha editorial nunha lingua minorizada? 
Nunca considerei editar noutra lingua. É certo que tamén escribo en castelán, pero síntome moito máis cómoda lendo, creando e traballando con textos en galego. Polo tanto, para min que a editorial producise artefactos literarios no noso idioma era a única opción. 

En canto ás particularidades, coido que as que editamos en galego temos un público moito máis reducido que as que o fan en castelán ou en portugués, pero tamén moito máis fiel. Queiras que non, aínda con toda a competencia que hai sempre neste sector, o feito de loitarmos pola normalización tennos a todas no mesmo barco. 


Na produción literaria galega, hai polo menos dúas editoriais cun peso histórico moi relevante. No marco diso, cal é a túa consideración do funcionamento do mercado editorial galego? 
Nós non estamos ao seu nivel nin o pretendemos. Porén, penso que a variedade de editoriais beneficia moito á nosa literatura. Xa hai editoriais independentes que acadaron un peso importante, como ocorre con Apiario ou Medulia, e outras moitas que naceron nos últimos anos. O mercado editorial galego está moito menos monopolizado que hai unhas décadas.  

O material que publicades procura fuxir dos lugares comúns na tradición, cal considerades que é a recepción dos lectores ante iso? 
Polo xeral dálles igual. A algunhas failles gracia ou chámalles a atención, outras xa están de volta do tema. Por exemplo, temos unha broma (que non o é tanto) sobre que estamos fartes da poesía sobre avoas, e xa varias veces algunhas colegas poetas fixeron referencia a nós en forma de captatio benevolentiae antes de recitar textos sobre elas.  

Para nós a calidade está máis que nada relacionada coa honestidade, con crear unha obra autónoma e non un produto comercial.

Que supón para vós ser creadorxs, pero tamén editorxs, xestorxs dunha nova editorial?  
Cando comecei a escribir, a miña forma de ler mudou moito, e o mesmo ocorreu cando comecei a editar. Agora cando teño un texto diante obsérvoo como lectora, como filóloga, como autora e como editora. A miña escritura e o meu traballo en Malafera nútrense a unha do outro. Alén diso, agora es dúes comprendemos moito mellor como funciona todo o preoceso desde que o texto sae do PC ata que está nunha librería, e iso deunos moita seguridade en nós como autores. Temos moito menos medo a que nos corrixan e a que nos publiquen ou nos deixen de publicar. Que un texto chegue ao público depende de moitos factores, sorte incluída, e agora témolo moito máis claro. A editorial é para nós un golpe de sorte e un lugar seguro.  

Malafera ten algunha consideración sobre a tradución de obras ao galego?  
Témolo mencionado polo aire, aínda que non hai nada proxectado. Se xurdise estariamos encantades de publicar traducións, pero por agora non se deu o caso.  

Na súa web, hai unha alusión á “calidade literaria”. Sen dúbida, é unha noción con moitos conflitos. Con todo, que significa para vós?  
Desde logo, é unha noción conflitiva. Para nós a calidade está máis que nada relacionada coa honestidade, con crear unha obra autónoma e non un produto comercial. Por suposto, ter este obxectivo non asegura que unha obra vaia a ser boa, pero é o básico. Eu teño o meu criterio á hora de decidir que textos publico e cales non, pero estou segura de que deixo pasar poesía de calidade. Por iso é tan importante que haxa moitas editoriais diferentes ás que es autores poidan enviar o seu traballo. Cada unha terá o seu sistema de selección. O que teño claro é que o noso non se basea no que vai vender máis.  

Alén de libros, imprimides fanzines. Como funciona a convocatoria para participar? Que procurades con cada un dos formatos?  
A diferenza principal é a extensióm. Os nosos fanzines funcionan como unha pequena revista literaria. Cada un deles aborda un tema; agora mesmo temos aberta a convocatoria para un sobre saúde mental. Para participar, cómpre enviarnos un poema ou ilustración ao noso correo electrónico.  

Como se sostén o proxecto economicamente?  
Ao principio investimos algúns cartos para sacar os primeiros traballos. A partir de aí, a editorial mantense soa. Nós non cobramos nada como editores nin como autores, e tampouco es colaboradores dos fanzines. Non gañamos cartos con Malafera, pero tampouco os perdemos, e considero que cun proxecto coma este xa é bastante. 

A variedade de editoriais beneficia moito á nosa literatura. O mercado editorial galego está moito menos monopolizado que hai unhas décadas.

Hai máis publicacións en porta?  
Ademais do fanzine sobre saúde mental, temos un poemario ilustrado en proceso de maquetación que sairá moi pronto, e outros dous apalabrados que esperamos publicar tamén este ano. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.
Poesía
Poesía Por qué vive Roque Dalton: 50 años del asesinato del poeta de El Salvador
El poeta Roque Dalton sigue desaparecido desde que aquel día murió “muchacho” con 40 años de edad. Que Roque Dalton murió muchacho lo escribió su amigo Mario Benedetti, también poeta.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.