O prelo
Como aprendín a ler: longa viaxe cara á literatura

Agnés Deserthe aprendeu a ler logo de rematar a súa carreira en letras inglesas. A lectura pode ser máis que comprender o significado das palabras.
Como aprendín a ler Rinoceronte
16 abr 2021 22:57

Hai que admitilo dunha vez por todas: aprender a ler é, na maioría das ocasións, un proceso tortuoso. Mais non me refiro a aprender a descifrar os símbolos, en ligalos a un son e logo a un significado. Senón ao proceso de aprehender o texto, de darlle un sentido, de establecer unha relación coas palabras.

En Como aprendín a ler, Agnès Deserthe comparte a complicada relación que tivo coa lectura desde a súa máis tenra infancia até que, décadas máis tarde, puido adentarse no mundo dos libros.

Deserthe naceu en París en 1966. É filla de migrantes procedentes de Rusia e Líbano. Escribiu máis de trinta libros, entre os que hai un amplo catálogo de títulos infantís. A súa segunda novela, Un segredo sen importancia (1996) gañou o premio Livre Inter. A súa novela Cómeme (2016) foi traducida a máis de 20 linguas e tamén conta con varios premios pola súa labor como tradutora. Como aprendín a ler (2013) foi o seu segundo ensaio e xa conta con varias edicións na súa lingua orixinal e con varias traducións. En lingua galega, foi publicada pola editorial Rinoceronte no ano 2018.

Este derradeiro libro expón as problemáticas que hai no xeito en que se nos achega á lectura. Apoiada no seu gran sentido do humor e cunha prosa lixeira, Agnès Deserthe comeza o seu relato aos cinco anos, cando declara dúas cousas: que quere ser escritora e que odia ler.

O seu desencanto comeza coa súa primeira lectura: un libro didáctico da primaria. “Sublévome [o libro] fala de xente que non existe pero que finxe existir. Lembro o odioso desengano que experimentei. Nenos eficaces, astutos e aventureiros, unidos por una amizade invencible. Síntome atacada persoalmente por esas historias protagonizadas por persoíñas impecables. Se os personaxes alcanzan esa perfección, eu, que aparentemente me asemello a eles, tamén debería poder alcanzala (…) Síntome humillada por esas lecturas. Abandónoas”.

Desde o inicio, a autora propón unha relación clara entre a identidade e a lectura. Mais, nesta primeira parte do libro, Deserthe céntrase en facer unha crítica ao carácter impositivo co que se nos presentan os libros no sistema escolar. Isto, evidentemente, termina por xerar un rexeitamento nas potenciais lectoras desencadeado pola carencia de propósito ou sentido nas lecturas que non nos din nada da nosa vida, que non se relacionan con nós.

“Volvo pensar en certos clichés que circulan sobre a lectura na escola; con frecuencia oio, ou leo, que o pracer de ler, xustamente por ser un pracer, non pode ser prescrito. Explícasenos que a obriga escolar e as expectativas de triunfo que carrexa bloquean e inhiben, é dicir, estragan a relación individual do xove lector coa obra que sabe que se verá obrigado a esmiuzar, a regurxitar en forma de control con nota.”

O peso do canon literario aparece tan pronto como entramos á escola. Desde crianzas imos aprendendo a lista de libros e dos nomes dos autores (sic) que “debemos” ler. O canon comeza a representar unha carga, unha exixencia, unha tarefa illada do pracer que nos fai rexeitala e, non sen un alto grao de culpa e vergoña, fuxir dos grandes nomes. Vincular o sentido da obriga á lectura é quizabes un dos peores erros que se poden cometer nunha clase de literatura. Mais, grazas a este ensaio autobiográfico, podemos comprobar que o mundo das letras é moito máis amplo do que pensamos. Sobre isto, Agnès Deserthe narra que, aínda nesa etapa en que ler lle causaba angustia, experimentaba unha vehemente atracción pola poesía, polo xeito en que as palabras se distanciaban do anódino e acomodabanse para crear unha sorte de música chea de ritmo e harmonía. A autora constata que a lectura excede, incluso, ao propio contido dos libros; que é unha experiencia totalmente subxectiva na que é a lectora quen completa o libro, quen lle da forma, quen lle da sentido. E viceversa.

No seu Manifiesto pola lectura (2020), a escritora Irene Vallejo di “A veces atopamos nunha páxina, prodixiosamente trasparentes, ideas e sentimentos que en nós eran confusos, e así o oficio de vivir resúltanos menos caótico.” Ler é un acto que usamos para comprendernos a nós mesmas. Nese sentido, está directamente relacionado coa nosa identidade. E, xustamente, unha das grandes reflexións en Como aprendín a ler ten que ver, con esta relación. Deserthe non pasa por riba do que lle supón ser filla de migrantes xudeus, vivir en París e atoparse fronte a lingua e literatura francesa, as cales se erixen como símbolos do imperialismo cultural occidental. Para ela, ler supoñía unha traizón cara a súa herdanza familiar.

“Para min, existe un vínculo entre exilio e lectura, entre humillación social e lectura, entre a palabra “xudeu” e a palabra “libro”. Durante anos negueime a ler porque o meu avó materno fora deportado, porque a familia do meu pai se vira obrigada a abandonar Libia e despois Alxeria, porque, malia os nosos esforzos, nunca eramos franceses dabondo, burgueses dabondo, porque a lectura, por un desgraciado xogo de prestidixitación, estaba asociada con Francia, a Francia da terra, a terra que nunca coñecería, que nunca posuiría”.

Deste xeito, a autora responde á pregunta de Bakhtin “Desde onde se escribe?” cun: “desde onde se le?”. Converte á literatura en algo moito máis libre, abandona a idea de que debe ser un obxecto sacralizado e universal ao que hai que admirar desde unha respectuosa distancia.  Deserthe vincúlaa coa vida, coa experiencia, coa memoria.

“Descubrir eses textos era comprender de onde viña eu, non xeográficamente, senón histórica e socialmente”.

Como aprendín a ler é un ensaio, mais tamén pode ser un bildungsroman, unha historia de crecemento na que a protagonista transita por varios camiños, varios libros, até atopar o indicado: aquel que supoñerá o inicio do gozo da lectura. Nese sentido, o texto de Angès Deserthe é tamén unha historia de amor. De amor á literatura.

A pluma da autora é áxil e logra que, nas poucas páxinas que compoñen este libro, nos sintamos identificados coas súas experiencias e reflexións. Tamén nos axuda a comprender un pouco mellor a nosa propia relación coa lectura de tal xeito que se achegar a Como aprendín a ler, pode ser unha oportunidade para reafirmar, tanto os nosos vínculos, como o sentido que lle damos cada unha á literatura. Ou, tamén, pode animarnos a rachar coas fronteiras que nos afastan dela e darlle outra oportunidade á experiencia de ler.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
El Salto Radio
El Salto Radio Centenari de Josep Maria Llompart
Demà fa un segle del naixement d’aquest poeta mallorquí que sacrificà la seva vocació per mor de les exigències de la cultura que abraçà.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.