O prelo
A arte de destruírse –e reconstruírse– a unha mesma

Unha recensión de 'Como se fai unha rapaza' de Caitlin Moran

como se fai unha rapaza
24 mar 2020 16:29

Sempre chega un día no que, sen buscalo, veste nun espello e cuestiónaste: “Esta que me está a mirar son realmente eu ou só é unha máscara?”

Como é que chegamos a ser o que somos hoxe? No seu momento foi unha decisión consciente ou máis ben, a identidade é algo que non se pode construír, que depende dos contextos e factores da nosa vida e que foron produtos do azar? 

No libro Como se fai unha rapaza, Caitlin Moran preséntanos a Johanna Morrigan, unha adolescente filla da clase traballadora inglesa que, como boa moza, está desconforme tanto con quen é, como co seu entorno. Porén, intentará de todos os xeitos posibles saír desa realidade precaria na que está atrapada e que non é compatible coas súas aspiracións. 

Esta historia de aprendizaxe pode resultar atractiva non só a adolescentes que están na mesma procura de significado que a protagonista, senón para todas aquelas persoas que temos desexado ser alguén máis

Simplemente eu non quero seguir sendo eu. Todo o que son agora non funciona. Lin moitas veces a expresión “un home se fixo a si mesmo”. Iso quero ser. Quero ser unha muller que se fixo a si mesma. Quero conxurarme a min mesma a partir de calquera cousa brillante e veloz que vexa. Quero ser a miña propia creadora. Voume a concibir a min mesma. O primeiro que vou queimar é o meu nome...

Caitlin Moran é unha escritora inglesa que aos dezaseis anos comezou a traballar na redacción dunha revista e, aos dezaoito, converteuse en columnista do xornal The Times. É recoñecida pola súa prosa construída particularmente sobre a sinceridade sen pudor algún e a ironía para resaltar o absurdo e contraditorio que poden ser non só as normas sociais do sistema patriarcal, senón tamén o xeito que temos para responder ante elas. A escritora Gabriela Weiner falou do traballo de Moran e identificouno, entre afagos, como un “neofeminismo punk” necesario para aprender a movernos como mulleres libres neste mundo neoliberal sen morrer no intento. 

Literatura
Caitlin Moran: “Los hombres tienen que saber que el feminismo es lo único que los salvará”

La escritora británica Caitlin Moran opina que, como el sistema judicial no funciona, las mujeres hablan y señalan a los malos. Es lo que hace ella, con una prosa descarnada, desacomplejada y pedagógica.

'Como se fai unha rapaza' chega á lingua galega grazas á editorial Rinoceronte, traducido por Estela Villar Nogueira, quen conta cun catálogo de traducións importantes no que destacan a novela gráfica de Spiegelman, Maus, Festa no xardín de Katherine Mansfield, Oryx e Crake de Margaret Atwood etc.

A novela está dividida en tres capítulos coma se foran os tres actos dunha obra dramática onde a nosa heroína, unha rapaza intelixente, perspicaz e chea de hormonas, emprende unha viaxe iniciática que a levará lonxe de casa, ás terras do gótico, o rock'n'roll, o sexo, a droga e o alcol co fin de atoparse a se mesma. 

Ademais de abordar o que significa medrar sendo unha muller cun corpo disidente á norma, Caitlin Moran profundiza no que isto supón cando se provén dunha familia que vive na precariedade da periferia dunha Inglaterra distinta á que coñecemos nas películas. A novela lévanos a unha pequena vila onde o traballo escasea, o alcolismo e a drogadicción son os medios que se teñen para afrontar as crises vitais e onde a cultura e a educación son privilexios doutras clases sociais. Mais a protagonista, Johanna Morrigan, ten unha arma secreta coa que pode escapar de alí: escribir. 

De momento o único plan que se me ocorreu é escribir. Podo escribir, porque a escritura –a diferenza da coreografía, da arquitectura ou da conquista de reinos- é algo que un é quen de facer cando está só e é pobre, en non precisa infraestrutura, como por exemplo, unha compañía de ballet ou uns canóns. A xente pobre pode escribir. É unha das poucas cousas que a pobreza e a falta de conexións non che pode impedir facer.

Cando, grazas á escritura, Johanna logra mudar de ambiente e atopa un espazo onde pode construír unha nova personalidade, a novela expón o enfrontamento dos mundos nos que transita Johanna: Wolverhampton e Londres. Este exercicio de comparación deixa claro o determinante que é a desigualdade económica e cultural nunha traxectoria de vida. O bolígrafo de Moran expón con naturalidade eses desexos irracionais por todo aquilo ao que nunca se tivo acceso antes; a través do pensamento de Johanna, amósanos o xeito no que o noso pasado e todo o que temos asemelle auga turbia ante un mundo novo e brillante que fai que os mesmos valores se tornen confusos, que esteamos dispostos a facer todo por pertencer a aquelo que nos encandeou.

Chego á estación de Wolverhampton e monto no tren coma se eu fose unha bala que dispara unha pistola sucia. Devezo por saír desta cidade e volver a Londres. Vou facer de cada momento un soño desenfreado que poderei regurxitar a pracer e saborealo unha e outra vez cando volva estar aquí, comendo chapatis e contemplando as paredes sucias. Cando saes do túnel, na estación de Euston, as paredes son altas e brancas, e están cubertas de hedra. Semella que estás entrando na antiga Roma.

Mais desexar ser alguén e traballar en reconstruírnos de tal xeito que nos acerquemos ao noso bosquexo, non é algo que todos facemos en maior ou menos medida? Non mudamos do camiño e andamos cara a iso que queremos ser? Canto tempo despois de pretender ser alguén, convertémonos nesa persoa?

A novela lévanos a unha pequena vila onde o traballo escasea, o alcolismo e a drogadicción son os medios que se teñen para afrontar as crises vitais e onde a cultura e a educación son privilexios doutras clases sociais.

Como se fai unha rapaza aborda todos estes cuestionamentos sobre a identidade co plus de facelo dende unha mirada que desvela que non podemos pensar a vida sen pensar no xénero e a clase social. 

Tomando isto en conta, ademais da intelixencia do humor irónico de Caitlin Moran, esta historia de aprendizaxe pode resultar atractiva non só a adolescentes que están na mesma procura de significado que a protagonista, senón para todas aquelas persoas que temos desexado ser alguén máis, e que a veces aínda dubidamos se o que chegamos a ser se asemella aos nosos ideais ou se mellor debemos de romper todo e empezar de novo. 

Esta dúbida será pasaxeira ou vai acompañarnos toda a vida? Eu non teño a resposta, mais mentres tanto, ler o libro de Caitlin Moran alivia o espírito e nos fai sentir menos sós nesta viaxe.

Saes ao teu mundo e tratas de buscar as cousas que che resultan útiles. As túas armas. As túas ferramentas. Os teus encantos. Atopas un disco, un poema ou unha foto dunha rapaza que pegas na parede e dis: ‘Ela. Vou intentar ser ela’  Observas o xeito en que camiñan os demmais, como falan, e vaslles roubando anaquiños, faste coma unha colaxe con todo ao que lle podes botar unha man.

Pero un día atoparás unha versión de ti mesma que fará que te biquen, ou coa que farás amigos, ou que te inspirará. (...) Ata que, pouco a pouco, constrúes unha versión viable de ti mesma, unha que podes cantaruxar todos os días, ata que deixas de ter que pensar no que serás, porque agora estás demasiada ocupada séndoo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Altri
Altri Centos de persoas enchen o río Ulla nunha protesta histórica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
O río potencialmente máis afectado por ambos proxectos converteuse este domingo nunha vía de protesta e conciencia ambiental grazas á decida de decenas de embarcacións dirixidas por activistas de todo o país.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.