O prelo
De volta ás orixes: educar para (trans)formar

Fronte a un sistema educativo que restrinxe a creación e o pensamento crítico, a arte. Só a creatividade poderá axudarnos a cuestionar o establecido.
9 jul 2021 19:29

Reproducir, memorizar, competir. Parecese que estes tres verbos se converteron na máxima do sistema educativo contemporáneo, que suprime os espazos de reflexión, pensamento crítico e creación. Unha pequena proba disto é a lenta tendencia á desaparición da ética e a filosofía dos plans de estudo a nivel medio e das humanidades nas ofertas universitarias en toda a península. Sobre a importancia da filosofía, a pensadora Marina Garcés compartiu nunha entrevista que “A educación está cada vez máis baseada en adestrar a adaptabilidade. Pensar por un mesmo é poder preguntarse polo que a realidade establecida dá por obvio. Tan sinxelo e poderoso coma iso. O poder protéxese da radicalidade do pensamento como unha potencia compartida”. 

Pois o que podería aparentar ser unha inofensiva ou intranscendente mudanza nos plans de estudo, en realidade trátase dunha relegación de espazos que promoven o pensamento crítico e autónomo. É unha cuestión política que ten implicacións directas sobre o futuro das nosas sociedades. 

Fronte a este panorama que non prevé mudar nos próximos anos, a responsabilidade última non pode ser designada ós políticos nin ás lexislaturas. Os centros educativos e, principalmente, as docentes teñen a capacidade e a posibilidade de contrarrestar as implicacións do neoliberalismo nos plans de estudo e promover outras metodoloxías educativas que conviden á creatividade, a reflexión e o traballo en  colectivo.

En Educar a través da arte: cara a unha escola imaxinada, Vicente Blanco e Slavador Cidrás -coa colaboración da profesora Rocío Modia-, fan tanxibles as súas propostas de mudanzas nos xeitos de entender o ensino. Para eles, as artes son un factor clave na educación que abre unha vía cara ó cambio social. 

Salvador Cidrás (Vigo, 1968) e Vicente Blanco (Santiago de Compostela, 1974) son artistas e profesores. No 2019 crearon o proxecto Escola Imaxinada, un colectivo composto por profesionais do campo das artes, da filosofía e a arquitectura coa finalidade e propor metodoloxías e recursos educativos fundamentados nas artes. Educar a través da arte, recada as visións, propostas e metodoloxías que son o resultado dos anos de investigación deste grupo. Forma parte da colección Biblioteca de Pedagoxía da editorial Kalandraka. 

Este libro interpela directamente á práctica pedagóxica imperante e invita ás docentes a reflexionar sobre a súa práctica e a valorar os procesos de aprendizaxe máis que os resultados, utilizando a arte como medio.

“As artes poden axudarnos a repensar o mundo e, ao mesmo tempo, achégannos estratexias para transformalo. Os docentes non deben ver as obras dos creadores como modelos para imitar por parte do estudantes, senón como procesos de procura de sentido e de transformación social; como posibilidades de vivir e de pertencer respectuosas coas nosas diferenzas”. 

Uns dos apuntamentos máis lúcidos do libro é a proposta de entender as artes coma un sinónimo de educación. Entón, ambas as dúas serían formas de aprehender o mundo e brindaríanos ferramentas para cuestionar os estereotipos e os modelos impostos por ideoloxías e discursos hexemónicos. Nese sentido, a arte e a educación son iguais porque son prácticas con grandes capacidades transformadoras que incentivan un ollar crítico a través da creación. 

“A creación artística resístese á cuantificación. Rebélase así contra unha escola obsesionada pola avaliación numérica de resultados e ofrece outras formas de valoración que parten da comprensión dos procesos persoais e das calidades das relacións persoais que xorden deses procesos: coidado, respecto, empatía...”

Hoxe, o sistema educativo en xeral, fundaméntase en sistemas de avaliación que restrinxen o pensamento ás convencións e non permiten o diálogo, fomentando a reprodución de ideas e estereotipos. Para os autores, este modelo reprodutivo “anula a experiencia e castiga o erro. Frea calquera procesos de creación persoal”. O que o libro propón é unha revolución do sistema educativo, unha outra forma de achegarnos a un aprendizaxe que estea máis relacionado coas nosas experiencias, coa nosa identidade, e que poida mellorar os xeitos en que nos relacionamos.

Para reforzar esta idea, o texto pon especial atención na importancia da estética na educación. Fala, por exemplo, sobre o tipo de imaxes coas que se adornan as aulas. Que din? Que valores transmiten? Que visión do mundo? Que estereotipos reproducen? Educar a través da arte convida a mudar da estética feminina que adoita imperar nos materiais educativos, a unha feminista. Os autores invitan a recoñecer a importancia da transmisión visual, que non deixa de ser información que nos define mesmo a nivel identitario. Unha estética afastada dos clichés e de certa representación do que debería ser o mundo, podería axudar ás persoas a explorar a súa identidades sen limitacións, a abrir os seus horizontes creativos e, ao mesmo tempo, a ampliar as súas perspectivas do seu contorno.

“A educación estética está intimamente ligada á nosa personalidade, pero non debe limitarse á estimulación sensorial. A estética determina o noso pensamento, a maioría das veces de forma inconsciente. (...) A educación estética debería ser tamén educación cívica e ir máis alá a identidade individual, cara a un compromiso social. O sentido estético contribúe a valorar en profundidade a nosa contorna. Educar o sentido estético promove a acción transformadora, e quizais esa sexa a principal razón pola que o sistema educativo non quere incluílo”.

Aínda que o libro está dirixido principalmente ó futuro profesorado ou as docentes en activo, pode ser útil para calquera persoa que estea vinculada á crianza e educación, pois as metodoloxías, reflexións e actividades propostas nas súas páxinas son bastante accesíbeis. Así mesmo, Educar a través da arte no se constrinxe só á materias relacionadas coas artes, pois o que se propoñe é un éxito de comprender a educación e, como ben escriben os autores, os procesos creativos non son únicos das prácticas artísticas, están presentes en todas as disciplinas. 

Hai varias décadas, desde Brasil, o pensador e pedagogo Paulo Freire sinalaba que os sistemas educativos comezaban a actuar como unha axencia de dominación cultural que reproduce a ideoloxía dominante. Por iso podemos intuír que, a pesar de que Educar a través da arte é un libro  foi escrito no contexto educativo da península ibérica, as súas ideas poden resoar e ter repercusión en todos os territorios occidentais adscritos ó sistema capitalista. É xusto por iso que xorde a pregunta: como repercutirían estas prácticas noutras coordenadas en que a infancia e a mocidade teñan outro tipo de conflitos e estean inmersos en contextos de violencia ou de precariedade? Educar a través da arte é un disparador, unha invitación a continuar a reflexión sobre o a formación das nosas sociedades.

Vicente Blanco e Slavador Cidrás presentan un texto que posibilita que pasemos da teoría á acción ó momento de imaxinar un mundo máis inclusivo e xusto. 

“O neoliberalismo puxo a educación ao servizo da economía (que naturaliza, o ámbito escolar, actitudes individualistas e exclúe aquelas materias que teñen que ver con aprender a vivir en común). A desaparición das artes do currículo alértanos e escenarios que abren a porta a actitudes fascistas e autoritarias, nas cales o diferente se converte en fronteira e non en posibilidade de reflexión e intercambio. A arte é, sobre todo, unha forma de resistencia. Achéganos ferramentas creativas que desafían os dogmas e os relatos únicos e permítenos imaxinar e descubrir outras historias ocultas nas marxes”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
El Salto Radio
El Salto Radio Centenari de Josep Maria Llompart
Demà fa un segle del naixement d’aquest poeta mallorquí que sacrificà la seva vocació per mor de les exigències de la cultura que abraçà.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.