O prelo
Irmandiñas. Sempre estivemos aquí

Borradas, esquecidas, homoxeneizadas. A maioría das mulleres que foron parte fundamental dos movementos sociais de esquerda antes e durante a república ficaron detrás da sombra dos homes. O novo libro de Aurora Marco aparece para nomealas, reconstruír as súas vidas e contar esa outra parte da historia da Galiza.


Irmandiñas Laiovento
18 sep 2020 11:26

Quen construíu Tebas, a das sete Portas?
Nos libros aparecen os nomes dos reis.
-Bertolt Brecht

Ao igual que centos de mulleres máis, Elvira Bao foi destituída do seu traballo, amedrentada e encarcerada logo do estoupido militar do 36. Oito anos despois do golpe, a antiga presidenta da Agrupación Republicana Feminina (ARF), converteu a súa casiña de San Roque nunha escola clandestina para nenos e nenas que durou case once anos en activo e que tivo tanto éxito que foi a razón das queixas pola escasa matrícula á escola pública da zona.

***

Quen conta a Historia?, quen narra ó mundo?, quen construíu os relatos nacionalistas? E as súas figuras heroicas, quen as exaltou? Son esas as preguntas que as mulleres comezaron a facerse ao recoñecer a súa propia ausencia nos momentos máis transcendentais da humanidade. Escribir a Historia e reconstruír a memoria son tarefas que se adxudicaron aos homes. Aurora Marco, investigadora, ensaísta e profesora, retoma e sacude este quefacer histórico no seu último libro, Irmandiñas.

Publicado por Edicións Laiovento, Irmandiñas é un traballo de investigación que se encarga de dar a coñecer e de recoñecer os nomes e as traxectorias de mulleres que estiveron asociadas ás Irmandades da Fala, mais tamén daquelas que participaron en diferentes iniciativas arredor do movemento irmandiño: aquelas que foron parte dos coros, grupos teatrais, institucións científicas, da ARF, do Partido Galeguista...

A autora do libro, Aurora Marco, decatouse da seriedade do problema de invisibilización da presenza das mulleres na memoria histórica do noso país cando descubriu que aínda nas páxinas oficiais encargadas de difundir a historia da Galiza, as mulleres estaban ausentes. Por exemplo, no espazo destinado a recoller as biografías dos principais protagonistas das Irmandades da Fala (IF), no sitio web do Consello da Cultura Galega, só foron publicadas dezaseis e ningunha dunha muller.

Así, Marco expresa no limiar do libro que empezou a escribir Irmandiñas “porque era impensábel que naquel movemento transversal, que encheu de esperanza e ilusións moitos corazóns, non houbese mulleres”.

A RECUPERACIÓN

O nivel e a amplitude do traballo de investigación son notables desde que se mira o índice. A cantidade de personaxes, contextos e agrupacións é tal que queda en evidencia non só o machismo normalizado na prensa e no movemento galego da época, senón tamén en quen, ata hai poucos anos, se encargaron de rastrexar e escribir a historia da Galiza.

“O desinterese da historiografía galega polas investigacións de xénero, unido á invisibilidade da que foron obxecto as mulleres e a escasa valoración do seu activismo e das súas traxectorias por parte dalgunhas familias, explican que, nesta altura, non poidamos ofrecer uns mínimos trazos biográficos da maioría daquela doantes aínda que si reproducimos os nomes de todas porque, como é ben sabido, o que non se nomea, non existe.”

Aurora Marco encárgase de deixar en evidencia os procesos polos que as mulleres quedaron fóra da historia desde o principio

Nese senso, Aurora Marco encárgase de deixar en evidencia os procesos polos que as mulleres quedaron fóra da historia desde o principio. Os exemplos que a perspectiva masculina tiña das mulleres que estiveron presentes nas reunións, mitins e conferencias das diferentes agrupacións nacionalistas non son moitos e, aínda así, todas coinciden en só ver á muller como unha presencia que amenizaba os encontros:

”Pero a nota máis simpática douna unha señorita que falou en nome da seición femenina da Irmandade. Esta señorita, nova e fermosa, co’as meixelas roxas e os seus ollos conqueidores escintilantes efeito da cenreira que sintía, espresou a dor das mulleres dinas ante o fusilamento das irmás labregas na aldea de Sofán. Foi moi gabada.“

Este tipo de achados no proceso de documentación da autora supuxo, como ela o explica, un dos maiores obstáculos para sacar á luz e nomear ás mulleres que quedaron nas sombras do machismo galego: “Iso de ficarem no anonimato cando actuaban como os seus compañeiros en eventos políticos ou doutra índole, ou seren nomeadas como colectivo en lugar de subliñar individualidades, é un feito moi habitual da prensa da época, o que dificultou moito a investigación sobre as mulleres”.

A VALORIZACIÓN

Aquelas mulleres que lograron entrar, aínda que fose ocupando unha liña, nos anais da Historia, adoitan ser recoñecidas polo parentesco que tiveron con algún home sobresaliente, máis que polos seus propios méritos.

Tal é o caso de María Miramontes, a compañeira sentimental de Ánxel Casal, a quen lle persigue unha imaxe romántica de “costureiriña linda” que, con seu traballo, salvou o libro galego. Esta narrativa restalle dimensión e mérito ao seu labor de cosido y encadernación.

Ler as historias recompiladas no libro xera a sensación de descubrir unha peza das que faltaban da Historia do noso país

En Irmandiñas estes detalles non se lle escapan á autora. Aurora Marco fai unha ardua labor de reconstrución biográfica das mulleres a partir de testemuñas ou investigación documental para facerlle xustiza ás mulleres. Así, devólvelleses a calidade de suxeitos políticos sobre a figura de simples y fieis “axudantes”.

“María Miramontes viviu nos círculos galeguistas, progresistas e republicanos e foi posiblemente, naqueles ambientes cando coñeceu Casal. O que si resulta claro é que, antes do matrimonio da parella, celebrado en septembro de 1920, ela xa tiña formación política e compromiso social e, a partir desta unión, houbo entre os seus unha total identificación en todos os terreos”.

***

Ler as historias recompiladas no libro xera a sensación de descubrir unha peza das que faltaban da Historia do noso país. O coidado co que Marco escribiu sobre estas mulleres é notable polo tratamento que lle da a cada caso. En Irmandiñas, todas as mulleres contan cunha voz propia e con vontade. A súa vida é narrada sen ningún tipo de xuízo moral.

Sen lugar a dúbidas, este último libro de Aurora Marco, é un documento fundamental para a memoria histórica da Galiza. Non só é impecable desde un punto de vista académico, senón que, como se dun acto performativo se tratase, transcende o papel e dignifica ás mulleres: aquelas que foron esquecidas ou devaladas nos rexistros históricos, mais tamén a todas nós que estamos vivas.

Con todo, queda preguntarse con detemento por que as mulleres foron discriminadas dos xeitos que Marco expón ao largo de Irmandiñas. Como di Patricia Mayayo no seu libro Historias de mujeres, historias de arte, quédanos “examinar en que medida a historia (...) ten contribuído a forxar unha determinada construción da diferencia sexual e analizar, sobre todo, como teñen vivido as mulleres esa construción ao longo dos séculos.”

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
El Salto Radio
El Salto Radio Centenari de Josep Maria Llompart
Demà fa un segle del naixement d’aquest poeta mallorquí que sacrificà la seva vocació per mor de les exigències de la cultura que abraçà.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.