Pueblos originarios
Juven e Ita: orgullo e dignidade maias para a defensa das identidades minorizadas

O poder económico e a invasión cultural levan séculos atacando á dignidade dos pobos maias orixinarios de Guatemala. Porén, existen persoas que defenden a súa cultura que debesen ser exemplo para a defensa e recuperación da identidade galega. Juventina López e Manuela Xocol son algunhas delas.

Juventina en El Manchón
Juventina López nunha actividade en El Manchón. Imaxe: Agareso- Pablo Santiago

Juven leva un Galaxy H na súa pasj. Non deixa de recibir whatsapps e chamadas, coma o típico executivo branco dunha multinacional. Mais nada máis lonxe. Juventina López é guía espiritual, mediadora de conflitos e activista. É orixinaria de Cajolá, mais o seu pobo foi desterrado e, tras xeracións de loita, estableceuse en Nueva Cajolá (Champerico). Alí traballa arreo para mellorar as condicións de vida na comunidade e a loitar pola dignidade do pobo mam.

Retrato Juventina López
Juventina López nunha actividade na comunidade de El Manchón. Imaxe: Agareso- Pablo Santiago

A etnia mam é unha das 24 existentes en Guatemala, cada unha delas cun idioma, traxe e cultura propias: Achi, Akateco, Awakateco, Chalchiteco, Ch’orti, Chuj, Garifuna, Itza, Ixil, Jacalteco, Kaqchikel, K’iche, Mam, Mopan, Poqomam, Poqomchi‘, Q’anjob’al, Q’eqchi’, Sakapulteco, Sipakapense, Tektiteko, Tz’utujil, Uspanteko e Xinka. A poboación de todas elas supón case a metade da poboación de Guatemala, mais o 90% dos medios de comunicación son en español e non hai espazo para a expresión dos pobos orixinarios.

Polo dereito á comunicación loita Manuela Xocol, á que chamaremos Ita por desexo da súa avoa, quen lle puxo ese nome para lembrarlle que é única. Ita defínese como “unha muller do pobo maia k’iche, comunicadora comunitaria e feminista”. É unha das 500 mulleres que integran Asomujerdi, asociación que promove a radio comunitaria La Voz de Racantacaj, desde onde, en k’iche, forma a mulleres xornalistas para que difundan a cultura do seu pobo e demanden os dereitos que lles arrebataron.

Minorización das culturas propias

Ita e Juven trouxeron as súas historias e as súas loitas a Galiza da man da Coordinadora Galega de ONGDs. Paseando por Compostela non deixan de preguntar polas rúas, os costumes de Galiza e o galego. “Vemos que nas cidades se fala pouco galego. En Guatemala pasa o mesmo: a xente adáptase ao momento social e comezan falar en español. Ás veces porque lles dá vergoña, polas humillacións de non expresarse coma eles. A presión social fai que cambies de idioma e incluso de forma de ser”, di Juventina. Segundo o IGE, nas cidades só un 13% das persoas falan sempre galego. Ita Xocol tamén atopa semellanzas coa situación en Guatemala e relaciónao coa perda da memoria dos territorios que están a ser ‘invadidos’ culturalmente, neste caso pola mesma lingua.

“Como é posible arruinar o xeito de vivir dos nosos avós e avoas? Nós non o imos perder porque é noso e non nos tivemos que apropiar de elementos doutras culturas.

“Cómpre falar da cultura dos nosos antepasados, coñecer o pasado para que os nosos fillos non repitan os mesmos erros e sintan orgullo do noso. A perda do idioma e dos traxes rexionais en Galiza tamén é responsabilidade dos pais que non ensinan galego aos fillos.” Malia conversar sobre o autoodio que compartimos galegos e maias, Ita mantén a esperanza: “como é posible arruinar o xeito de vivir dos nosos avós e avoas? A pesar da invasión estranxeira, nós non o imos perder porque é noso e non nos tivemos que apropiar de elementos doutras culturas”. 

Juven e Ita
Juventina López e Ita Xocol en Vilagarcía na súa visita a Galiza. Emerson Díaz

Juventina López cóntanos que a conquista española no século XVI, rematou por desterrar do seu territorio ao pobo mam séculos despois. “Tras a independencia, en 1888, unha zona nosa foi invadida e o Estado deulle a terra aos milicianos, que eran parte do exército. Os nosos avós comezaron a esixir as terras e o goberno deunos só unha extensión de 5 caballerías”. Os avós —como se refire aos seus antepasados— foron recibir as terras mais nunca puideron vivir nelas. “Uns anos despois chegou a bananera —empresa norteamericana vinculada á United Fruit Company— e o presidente deu esa finca a 79 familias que non tiñan nada que ver coa poboación orixinaria. Na práctica a finca quedou en control dun finquero familiar do presidente”. Insiste Juventina en lembrar o seu avó Eulalio Rafael Chum, quen creou en 1945 un equipo para tentar recuperar as terras: “Moitas persoas foron perseguidas e asasinadas pero non se conseguiu nada”. Coa chegada ao poder de Arbenz en 1950, promóvese unha reforma agraria que recupera as terras. O goberno gringo, vendo ameazados os intereses das súas empresas, apoia aos militares fascistas de Guatemala. Uns anos despois comezaría o conflito armado. “A nosa xente vivía na finca cortando café; daquela os empresarios xeraban moito beneficio a cargo da poboación e en 1988 fartámonos, fomos ás autoridades, a Quetzaltenango, e ao final dixeron ‘si, esa propiedade é vosa’”. Cando quixeron recuperar a súa terra cos documentos de propiedade, o finquero ameazounos e a situación estancouse. En 1992, centos de persoas percorreron quilómetros até a capital para reclamar a terra que lles pertencía. A resposta do goberno chegou en forma de represión. “Moita xente foi desaloxada e houbo uns 20 mortos. Ao final, só conseguimos unha fracción da terra”. Nesa terra está hoxe a comunidade de Nueva Cajolá, onde viven Juven e a súa familia.

En 1992, centos de persoas percorreron quilómetros até a capital para reclamar a terra que lles pertencía. A resposta do goberno chegou en forma de represión: “Moita xente foi desaloxada e houbo uns 20 mortos”

A do pobo mam é só un exemplo de represión aos pobos maias orixinarios. Ita matiza que non houbo unha reparación tras a guerra que afectou ao país entre 1960 e 1996. “Tras o conflito armado violáronse os dereitos de moitas das nosas irmás. Despois, nos acordos de paz, non houbo participación dos pobos orixinarios que estaban sendo escravizados e puxéronnos o nome de ‘indíxenas’. Estamos en contra desa palabra”.

Nos acordos de paz, non houbo participación dos pobos orixinarios que estaban sendo escravizados e puxéronnos o nome de ‘indíxenas’. Estamos en contra desa palabra”

Desde a radio que lidera, La Voz de Racantacaj, tratan temas que afectan á comunidade que non teñen espazo en radios comerciais. “Falamos de problemáticas sociais e formamos a nenas para que sexan xornalistas e ás veces entrevistan a autoridades. Así aprenden desde a infancia por que estamos a loitar como pobo”.

Ita radio comunitaria
Ita Xocol nunha cerimonia maia na radio comunitaria que lidera en Nahualá. Imaxe: Agareso-Xes Chapela.

A represión continúa

Para Ita Xocol, os acordos de paz perpetuaron a ocultación dos pobos orixinarios por parte do poder político e económico: “Decidiron por nós e deron frecuencias de emisión aos medios comerciais. Aínda hoxe as radios comunitarias son criminalizadas por defender os dereitos dos pobos. Intimídannos e fan crer á nosa xente que as radios comunitarias son piratas, mais non é así. Incluso hai asasinatos por comunicar a verdade. Eu lidero un medio comunitario e se nos topan poden levar os aparellos da radio e meter aos líderes no cárcere”.
“Decidiron por nós e deron frecuencias de emisión aos medios comerciais. (...) Eu lidero un medio comunitario e se nos atopan poden levar os aparellos da radio e meter aos líderes no cárcere.

Juventina López tamén denuncia a criminalización das activistas en Guatemala. “Poden facer dúas cousas: unha, fecharche a porta, e dous, eliminarte. Así son as cousas. O Estado e o mesmo Presidente teñen persoas controlando a loita das comunidades”. Malia a represión do Estado, Juven e Ita non pensan deixar de traballar polos seus. “Dicimos a verdade polo noso pobo e a nosa terra. Confío na natureza, nos nosos mártires, 200.000 desaparecidos no conflito armado... Esas persoas, nenos, nenas, mulleres e anciás dannos forza para seguir adiante e chegará un día que triunfaremos. Este sistema rematará”, di Juventina con contundencia. Ita conclúe: “mentres esteamos vivas estaremos loitando, como fixo Berta Cáceres, á que asasinaron por transmitir a verdade”.

Loita contra o capitalismo

Coma no caso de Berta, a represión a activistas en Centroamérica acostuma agochar intereses económicos. Juventina López denuncia unha corrupción sistémica en Guatemala e unha relación entre gobernos e empresas. “Queren calarnos, limitar os nosos espazos e que non se saiba o que pasa para manterse na cúpula dos poderosos. O capitalista defende os abusos do poder económico, as súas mansións, a súa prata. Que van facer con tanta prata cando morran? Manteñen ese capital económico-político para soster un exterminio, unha desigualdade e unha pobreza que perpetúa as condicións inxustas.” Para Ita Xocol, a loita contra o capitalismo e a represión aos pobos orixinarios pasa pola unión das comunidades: “somos maioría, mais enganáronnos e metéronnos ideas falsas na cabeza”.
O capitalista defende os abusos do poder económico, a súa prata. Que van facer con tanta prata cando morran? Manteñen ese capital económico-político para soster un exterminio, unha desigualdade e unha pobreza que perpetúa as condicións inxustas.”

Coma sempre, a pobreza afecta máis aos colectivos desfavorecidos. En Nahualá, onde vive Ita, as mulleres son as máis prexudicadas: “Traballamos para evitar problemas como os embarazos de adolescentes: se unha nena fica embarazada aos 13 anos, nin traballa nin estuda e acaba caendo na pobreza máis extrema.” A prohibición e o estigma do aborto e os feminicidios son dous dos problemas que máis afectan ás mulleres en Centroamérica. O peso dos evanxélicos e o escaso compromiso político dificultan que a situación mellore. Recorda Juventina a existencia dunha lei contra o feminicidio en Guatemala, mais recoñece que a maioría dos asasinatos machistas quedan impunes.

Evitar a emigración das comunidades

Neste contexto de falta de oportunidades, moitas persoas optan por emigrar cara aos Estados Unidos. Juventina tentouno na adolescencia, mais rematou sendo perseguida polo exército e detida pola policía na fronteira: “Emigrar non é sinxelo, sobre todo para mulleres e nenos. Eu estiven tres meses no cárcere e ao saír xa non tentei volver cruzar. Supereino e agora uso esa forza para loitar a nivel comunitario”. Juventina ten claro que non voltaría emigrar, mais indígnase ante a criminalización cara á caravana migrante: “A xente non emigra se non os empobrecen e se teñen calidade de vida. Ao non tela, buscan un refuxio onde vivir e educar aos seus fillos”.
Caravana migrante niña
Familias caminan en la caravana migrante desinformemonos.org
“Emigrar non é sinxelo, sobre todo para mulleres e nenos. Eu estiven tres meses no cárcere e ao saír xa non tentei volver cruzar. Supereino e agora uso esa forza para loitar a nivel comunitario”

Sobre o futuro, Juventina pensa que a clave é “mellorar a estratexia colectiva e comunitaria para promover o desenvolvemento humano das persoas, e non construír hoteis e estradas que non aportan nada ás comunidades”. Ita fala de “achar novos xeitos de economía alternativa cun enfoque social”.  Ao rematar a entrevista, pregúntannos sobre os celtas, os pobos orixinarios de Galiza, e non entenden porque hai tanta árbore “maderable”, en referencia ao eucalipto. Decatámonos que aínda a milleiros de quilómetros, non somos tan diferentes.

Juven e Ita quedan no Grove nunha charla organizada pola Deputación de Pontevedra. Comezan falando en mam e k’iche. Ao rematar, a súa loita e a de todas as comunidades de Latinoamérica reciben a admiración dunha sala ateigada. A mensaxe fundamental queda clara, como di a canción de Calle 13: “trabajo bruto pero con orgullo; aquí se comparte, lo mío es tuyo”. Moito temos que aprender.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

América Latina
Leandro Morgenfeld “El triunfo de Trump va a empoderar a los Milei y los Bukele”
El historiador e investigador argentino especializado en la relación entre Estados Unidos y América Latina, analiza el triunfo electoral de Donald Trump y el impacto que tendrá en una región que Washington sigue considerando su “patio trasero”.
La vida y ya
La vida y ya Huipil
Han escrito un libro que se titula 'Nuestros tejidos son los libros que la colonia no pudo quemar'. No hay lugar para las dudas sobre lo que te vas a encontrar al leerlo.
Guatemala
Guatemala Mirtala Hernández: “Mi hermana desapareció en 1982, hasta 2023 no ha arrancado el juicio”
Esta defensora de derechos humanos busca justicia para su hermana, Luz Leticia, quien fue detenida y desaparecida por un operativo militar durante el sangriento mandato del dictador Efraín Ríos Montt en Guatemala.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.

Últimas

Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y deja de emitir nuevas entregas tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.