Racismo
Zinthia Álvarez: “É importante crear referentes para as nenas e nenos negros desta sociedade”

Zinthia Álvarez Palomino,  xornalista e creadora do proxecto ‘Mujeres negras que cambiaron el mundo’

21 mar 2019 10:00

Falamos con Zinthia Álvarez Palomino, xornalista e creadora do proxecto ‘Mujeres negras que cambiaron el mundo’. Tamén é membro de Afrogalegas, grupo que a animou a sacar adiante este proxecto de libros ilustrados cos que busca dar visibilidade a mulleres negras que fixeron historia.

Podes contarnos en que proxecto estás a traballar?

O proxecto consiste nunha serie de libros infantís ilustrados que busca darlle visibilidade ás mulleres negras e afrodescendentes que romperon cun estereotipo de raza e de xénero e fixeron historia. No primeiro, Mulleres negras na ciencia, aparecen doce biografías ilustradas de mulleres negras e afrodescendentes que fixeron grandes aportacións á ciencia en diferentes ámbitos pero que seguen sendo descoñecidas para grande parte da poboación. No seu momento, conseguiron entrar neste mundo no que se entendía socialmente que a muller non debía estar, e moito menos a muller negra. Por iso, o proxecto iníciase coa ciencia, porque creo que é importante que saia á luz o valor e o potencial destas mulleres —e as achegas tan importantes e tan valiosas que realizaron— nun ámbito que estivo historicamente tan controlado polos homes. Este é o primeiro de moitos libros con mulleres afrodescendentes como protagonistas.

O feminismo branco tende a esquecer ás mulleres racializadas?

Eu non me centraría só nos feminismos. A min cústame o de personalizar ou centrar unha idea nun punto en concreto porque podemos caer en erros ou facer sentir mal á xente que loita dentro dese grupo, por exemplo. Eu penso máis ben que é a sociedade a que é racista e machista, polo que as mulleres negras teñen dúas discriminacións: por seren mulleres e por seren negras. Ademais, cando si se fala da muller negra faise desde o estereotipo. Con este proxecto eu busco rematar con esta idea.

“Hai que deixar ver á sociedade a importancia das redes de apoio que as mulleres moitas veces non teñen”
Febreiro foi o Mes da Historia Negra. Sacáchedes o proxecto neste mes por esa razón?

Non, é coincidencia. O feito de que non interese falar das achegas destas mulleres á ciencia, por exemplo, é unha cuestión de poder. Quen ten o poder ten os medios de comunicación e quen ten os medios ten a visibilidade. Así se podería resumir. Pasa en internet, por exemplo. Se tentas buscar información dalgunha das doce mulleres que menciono no libro, vas atopar que: primeiro é escasa —algunha directamente case non ten— e segundo, a maioría está en inglés, e tes que facer un traballo de tradución.

Racismo
Afrogalegas: "Estamos orgullosas de ser negras"
Afrogalegas xurdiu hai meses na Coruña impulsado por un grupo de mulleres galegas afrodescendentes, cansas de aguantar os microracismos cotiás.
Por que xorde este proxecto?

A pregunta para min sería: por que agora e non máis adiante? Xorde agora porque atopei un grupo de mulleres negras coas que me identifiquei: Afrogalegas. Para min foi moi importante atopalas porque é un grupo do que me sentín parte e, dalgún xeito, se convertiron en referentes para min. Grazas a iso decateime do importante que é crear referentes para as nenas e nenos negros desta sociedade, que ademais non só son xeracións segundas ou terceiras, senón que moitos son adoptados. Estase notando moitísimo a cantidade de pais e nais adoptantes de nenos racializados que precisan referencias. E non se lles pode guiar sen falar da historia das persoas negras e sen apoiarse no empoderamento que hai detrás das grandes aportacións que fixeron.

Por que a través de Verkami? A parte tan capitalista que teñen agora mesmo as editoriais non me interesa. Quero que saia este proxecto pero non para lucrarme con el, quero facelo de xeito que as persoas, a xente, tamén se involucre, que sexa un proceso compartido, que non sexa simplemente “xa está listo e a mercar”. Se a xente forma parte dáse conta de como nace o proxecto. E dun xeito máis íntimo ademais, algo que penso que se está a perder. Estamos metidos no individualismo, cando as liñas de apoio son moi importantes e fan moito ben á sociedade e ás persoas. É o que che comentaba de como xurdíu a idea para este libro: podía térseme ocorrido máis tarde, mais ao estar en Afrogalegas sentinme co valor e o apoio para levalo adiante. E iso é gratificante. Hai que deixar ver á sociedade a importancia das redes de apoio que as mulleres moitas veces non teñen, sobre todo as afrodescendentes, xitanas e inmigrantes. Gustaríame facer un chamamento á sociedade, que intenten apoiar o proxecto porque a súa aportación é un xeito de sacar á luz a estas mulleres que estiveron ocultas durante moitísimo tempo e de recoñecer todo o que fixeron. O verkami remata o 17 de marzo, e todas as aportacións contan, e a difusión. Iso é o importante.
Racismo
Entrevista a Houria Bouteldja
Conversamos con Houria Bouteldja, activista antirracista e política franco-alxerina, portavoz do Partido dos Indíxenas da República.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Andalucismo
Marxiamo andaluz Un marxismo propio
Mis palabras en este prólogo quieren acercarse a los temas que Javier refleja en este libro desde la praxis, esa es la propuesta de la mirada marxista y decolonial desde Andalucía
Filosofía
Transmodernidad El último Dussel y el futuro de la Historia
El articulo que publicamos constituye el prólogo a la obra Al otro lado de la modernidad. Ensayos de filosofía de la Historia (Bellaterra, 2024)
#32022
22/3/2019 17:08

O mes da historia negra é nos estados unidos.

0
0
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.