Galicia
O Xantar Galego: coñecemento, pracer e sociedade

É hora. O cheiro xa inunda a cociña. A porta do forno ábrese e, con moita delicadeza, como se o que se levara nas mans fora un bebé, sácase a bandexa co pan de millo. A súa cortiza gretada non coopera co coitelo cando este quere atravesala. Cando o logra, a folla de metal deslízase con facilidade ata abaixo, como se, no canto de pan, estivera a cortar un anaco de nube que se vai facendo faragullas. Non é momento de ser civilizados. O recendo e a pinta que ten o pan vólvennos ansiosos e, dispostos a queimarnos os dedos, atacamos o bolo a beliscos. Cando o pan finalmente fai contacto co padal, debúxase ledicia en todas as facianas. A cociña é quizais o único lugar no que podo presenciar o gozo auténtico e desinhibido percorrer os corpos das miñas veciñas.

Xantar galego
Xornalista
30 oct 2019 21:04

A arte de cociñar, aínda que está sempre presente ao longo da toda a nosa vida, é un dos saberes que adoitan pasar desapercibidos na cotiandade.


A comida marca a nosa historia vital. A través dos sabores, combinacións de ingredientes, pratos tradicionais, xeito de cociñar, recendos e sabores, podemos conectar a nivel afectivo, tanto coas persoas, como con episodios do noso pasado. A comida acompáñanos ao longo da nosa vida e é unha parte importante da nosa identidade persoal e rexional.


Quen non daría todo por volver a comer ese prato que cociñaba a nosa avoa cando eramos nenas e que é posible que xa nunca poidamos volver probar? Como podemos separar a comida dos nosos recordos de xuntanzas familiares? Cando migramos, por exemplo, non só estrañamos os pratos da nosa terra, tamén botamos de menos as verduras e froitas endémicas de noso país. No padal levamos tamén a nosa historia.


Pero xantar tamén é un xeito de coñecer o mundo. A axenda dos viaxeiros non só inclúe camiñar polas rúas, entre afamados monumentos, ou visitar os museos. Viaxar non sería o mesmo se non puidesemos probar a que sabe esa parte do mundo.


Por medio dos ingredientes, podemos aprender sobre a xeografía, flora e fauna dunha rexión. A través dos xeitos de preparar a comida podemos coñecer as idiosincrasias e a historia das sociedades. Que lles gusta, por que e cal é o relato detrás de cada prato. Xantar, como a arte, pode estender a nosa concepción do mundo.

***

A comida galega é unha das máis afamadas da península. A calidade da carne, os queixos, o marisco e o pan déronlle boa fama. Nas feiras gastronómicas de todas as comunidades autónomas nunca falta o posto de produtos galegos. “En Galicia se come muy bien” é o que mais escoitaba cando falaba da miña próxima partida cara Pontevedra.


Non pasou nin un día para que puidera comprobar o que se dicía. A comida é saborosa e abundante. Cada vez que entras nunha casa, ofrécenche —moi insistentemente, teño que dicir— algo de comer. E ollo se aceptas pois na mesa poñerán un banquete para tres persoas aínda que só sexa para ti.


Esta maneira de servir e de compartir os alimentos podo relacionala coa de México, Marrocos ou ata Vietnam. Terá que ver o feito de que todos estes son territorios nos que se viviron situacións de precariedade e se pasou fame negra?


Estes panoramas cargan de significado, sensibilidade e humanidade, a insistente busca de que quen visita a miña casa coma ben. Pensar que “a cociña é un saber xeneroso, pois usualmente se prepara co obxectivo de compartir cos demais”, colle outra dimensión nos territorios nos que se comparte sen pensar o que se sabe que é prezado.


Determinada por prácticas histórico-sociais, cociñar, esa tarefa reprodutiva e de coidado, é na esfera privada principalmente levada ao cabo e perpetuada polas mulleres. E dá a impresión de que nas aldeas, as receitas pasaron de xeración en xeración con —aparentemente— tan poucas variacións que, ao comer un prato nunha casa galega, séntese como se estiveramos a degustar os sabores orixinais galegos por antonomasia.

***

A pesar do pouco tempo que levo vivindo en Galiza, podo dicir que unha das cousas máis destacábeis, é o gusto que teñen os galegos pola comida. Ao que me dirán: todas as persoas do mundo desfrutan de comer. Pois si, pero o xeito no que a vida aquí xira ao redor da comida é bastante particular.


Nunca, en todo o tempo que vivín en Barcelona ou nas visitas que teño feito a Madrid ou a outras cidades, me serviron como me serven nas cafeterías ou nos bares galegos. Aínda lembro a sorpresa da miña familia cando comemos nun bar galego por primeira vez: afeita á cantidade de comida que normalmente significa “unha ración” en Madrid, cada quen pediu unha ración para que os nosos estómagos quedasen fartos. Pero non contabamos coa abundancia galega e a mesa ficou tan chea de comida que, ao final, tivemos que pedir que nola puxeran para levar.


Pero máis aló do biscoito ou da ración de empanadilla que che dan para acompañar o café e a cervexa respectivamente, cousa que en ningunha outra zona da península se leva a cabo con tal relixiosidade, é destacábel que cada motivo de encontro social implique que haxa algo para xantar.


Vaise á feira e cómese o polbo recentemente fervido e cortado. Vaise ás festas e mércanse os paquetes de rosquillas de anís. O traballo do campo en colectivo non pode concibirse sen a empanada ou a tortilla de patacas que a dona da leira ofrece a quen acudiu a axudar. Os pementos de padrón son a representación do azar mesmo; os comensais ao redor da mesa rétanse a mordelos e descubrir a súa sorte dependendo se trabaron nun picante ou non. As comidas en familia no verán significa churrasco e, no inverno, cocido. Pola miña banda, eu aínda non podo entender por que razón as patacas fritas máis deliciosas que teño probado son as que se preparan nas casas galegas.


O pracer e o orgullo dos galegos pola súa comida é impresionante. A paixón pola súa gastronomía chega a tal grao que, cando se sae a comer nunha fin de semana ou en ocasións especiais como bautizos ou vodas, elíxese un restaurante que sirva cocido, lacón, marisco, churrasco, empanadas… porque o que destaca non é a variedade de pratos que podemos atopar na zona, senón a ansia e o gozo cos que se comen. É como se os galegos estivesen tocados polo dedo do propio Dionisio. É no seu xeito de comer onde podemos discernir o que significa gozar da vida.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Madrid Todos quieren un pedazo de Tabacalera: cómo el edificio de Lavapiés explica la gentrificación de Madrid
Los colectivos del CSA la Tabacalera de Lavapiés acusan a Cultura de negarles acceso a sus espacios históricos, las asociaciones de vecinos reclaman equipamientos para el barrio y el proyecto del ministro Urtasun es una residencia artística.
Madrid
Patrimonio La antigua fábrica Clesa se salva de la demolición y será declarada Bien de Interés Cultural
El inmueble, icono de la arquitectura industrial española del siglo XX de la ciudad de Madrid, diseñado por el arquitecto Alejandro de la Sota y construido en 1957, entrará en la categoría de monumento.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.