Galicia
Axenda rural: a peregrinación á Franqueira

Como en moitas das festividades poulares, a romaría da Franqueira é un exemplo de organización e cooperación entre comunidades. A mulditudinaria peregrinación se remonta ao século VII e antes da crise sanitaria do COVID-19 só se tiña interrompido pola guerra.

Franqueira 2019
Un dos tractores adornados para levar as imaxes sacras ata o santuario da Franqueira
5 jun 2020 17:16

peregrinación á A Franqueira é un evento que ninguén deixa pasar na niña parroquia. Cada ano unha comisión da aldea sae de madrugada e camiña ducias de quilómetros levando a súa virxe a costas para chegar á misa multitudinaria das Pascuíñas. É un evento que reúne a centos de persoas que proveñen de poboados Galicia e Portugal.  

Esta festividade lévase a cabo desde hai séculos e só se tiña interrompido antes pola guerra, ata este ano. A crise sanitaria do COVID-19 impediu a celebración da romaría e obrigou á organización a facer a misa vía streaming. Mais non foi suficiente para a miña veciñanza que, na véspera da data na que se acostuma facer a procesión, non se cansaban de lamentar a cancelación dcamiñada e da feira.

Porque a cuestión non é camiñar ata o santuario da Franqueira e atreveríame a dicir que vai alén da fe aínda que esta estea presente. É unha desas datas nas que a xente permítese deixar de traballar en pos do pracer. É unha ocasión na que ducias de parroquias que comparten un mesmo obxectivo se organizan e colaboran para atoparse e celebrar. Quen cargará o estandarte? Quen traerá os chalecos amarelos? Quen se encarga dos bocadillos á metade do camiño? Quen quere cargar á virxe os próximos quilómetros? Quen quere compartir unha ración de polbo? E de churrasco?

Relato aquí a miña crónica da peregrinación do ano pasado porque foi unha experiencia que me permitiu achegarme doutro xeito á cultura galega e porque sinto que facer memoria é unha maneira de revivila aínda que este ano o faga desde a miña casa. 

A CRÓNICA

Eran as catro da mañá cando soou o primeiro foguete. Os cans feriron o silencio co seus ladridos. A ninguén lle faltaba asomarse á fiestra para saber o que estaba a pasar. Tampouco tería servido de algo, a escuridade aínda era espesa. No cumio do monte as dúas pequenas fiestras da igrexa ilumináronse como ollos de gato. 

Cando as luces se apagaron -o gato volveu a durmir-, o son dos foguetes comezou soar máis e máis próximo. Baixaban polo monte. Quen? Cantos? A expectativa levántase. Só o ollo adestrado das veciñas distinguía algo entre as sombras. Coa súbita frustración que lle nace a quen sinala o evidente, levantaban o dedo cara á escuridade, onde eu debería ver un grupo de persoas baixando da montaña. 

Puiden velas só cando pasaron debaixo dun poste de luz. Alcancei a distinguir os triángulos que forman as pernas conforme se dan pasos. Logo, volveron a desaparecer na negrura. Non moito tempo despois apareceron a cen metros debaixo doutro poste de luz e puiden distinguir a unha cardume de dez persoas. 

Levanteime e prepareime para acompañalos na súa empresa. Non foi ata que pasaron xusto fronte a min que vin a virxe da parroquia, apoiada no trono cargado por catro persoas. Unha máis levaba a cruz da aldea e outra levaba o estandarte no que se podía ler “Nosa Señora do Rosario, Sabaxáns”. 

A HISTORIA

A Franqueira é unha parroquia que pertence ao consello de A Cañiza, Pontevedra. Cada ano lévase a cabo unha romaría na que máis de 60 imaxes de diversas aldeas son levadas a maneira de peregrinación para renderlle honor á virxe no seu santuario de A Franqueira. É unha das celebracións máis importantes na axenda da parroquia na que vivo (Sabaxáns) e as súas contornas. 

Esta romaría é coñecida como “As Pascuíñas” ou “Pascuas menores”, pois celébrase o luns de Pascua do Espírito Santo. Esta tradición remóntase á aparición da virxe de El Rosario no século VII. A imaxe tiña permanecido oculta nunha furna no alto dun monte. Cando apareceu, a veciñanza de Luneda e A Franqueira discutían sobre a cal das dúas parroquias lle pertencía a imaxe. Optouse por poñer a imaxe da virxe sobre un carro tirado por bois cos ollos vendados. Cara a onde camiñasen, sería o lugar onde se lle brindaría culto á virxe. Construíuse unha ermida en A Franqueira unha vez cos bois se dirixiron cara alí.  

Sabaxáns, entre moitas outras parroquias de diversos Consellos, cada ano saca a imaxe relixiosa da súa igrexa ás catro da mañá para iniciar a procesión a través dos montes ata chegar ao Santuario de A Franqueira. No meu caso, o percorrido foi de case trinta quilómetros e durou de cinco a seis horas. Ao longo do camiño, as parroquias que quedan de paso, vanse sumando á procesión coas súas respectivas imaxes, estandartes e cruces.  

***

Cando me unín á procesión, andando pola estrada que baixa a través do monte, non podía ver nada ao meu redor. A sombra negra das árbores delineábase sobre o pano de estrelas. A veciñanza tendeume un chaleco amarelo con cintas reflectintes e ían alumeando o camiño con lanternas. Ir a cegas a través das montañas fai imposible non imaxinarse a vida previa á electricidade. Así é como vivían esta mesma procesión fai cen anos? 

A camiñada foi lixeira ata que, unha hora despois, chegamos a un extremo da ponte de pedra que marca a entrada a Mondariz. Antes de cruzalo nos sentamos ao borde da estrada e esperamos a que o resto das parroquias das contornas chegaran. 

Alumeados aínda só polos postes de luz, comezaron os rituais ancestrais de benvida entre as parroquias que consiste en “cruzar e inclinar reverentemente por tres veces a cruz, o pendón e o estandarte cos respectivos que chegan de cada parroquia. O mesmo fan os portadores da imaxe da Virxe do Rosario que saen ao encontro dos portadores de cada imaxe visitante facendo tres xenuflexións ante eles e abrazándoos cando se encontran. Se trata dun acto propio da Idade Media”1.

O camiño é longo mais hai algúns momentos para descansar. Cando non reina o silencio, as bromas e os comentarios entre as procesións de cada parroquia levantan los ánimos. Aínda que, escoitando ditos comentarios todo o percorrido, o pensamento que máis inxectaba forzas non era necesariamente un sobre a vista que se ía a ter desde a cima da montaña unha vez chegáramos ao final do traxecto, nin sequera sobre a misa masiva do mediodía, senón o de comer unha boa ración de polbo da feira. 

O ceo foise aclarando e perdín a conta das parroquias que percorremos. A última hora do traxecto deixamos a estrada e subimos o monte por un deses camiños que abre o paso frecuente. 

Franqueira 2019 estandartes
Estandartes de distintas parroquias acomodados logo de chegar ao santuario

Ao chegar, unha carpa branca xigantesca levantábase na cima dunha montaña. Recibíronnos con aplausos centenares de persoas e logo tivemos que facer fila para ca virxe de Sabaxáns puidera “saudar” á de A Franqueira. Despois, pasamos a pousala no seu respectivo sitio de exhibición, a carón das ducias de virxes que tiñan chegado. 

Fóra da carpa, había un sitio destinado a aparcar tractores adornados con coroas e ramos de flores nos que outras parroquias, quizabes máis afastadas ca nosa, transportaron as súas imaxes sacras. 

A feira era masiva e vendían todo tipo de cousas. Desde polbo, churrasco, pan e queixo, ata zapatos, bolsos e xoguetes. A pesar de que a maioría da mocidade ten saído sistematicamente a vivir ás cidades, o sitio estaba repleto de xuventude. Porque cabe mencionar que na procesión de Sabaxáns non fun a única que camiñaba na procesión nin aprendía las coreografías de los ritos por primeira vez. Tamén ía, orgulloso e contento, un neno de 8 anos. Por non mencionar a os dous ou tres adolescentes. A pesar do panorama da crise demográfica no rural galego, estou segura que á nosa pequena parroquia quédanlle varios anos para desprenderse desta tradición. 

Despois de comer unha ración de polbo, de ver a cantidade de velas que se prenden no santuario e de levar un paquete de rosquillas na miña mochila, volvín no coche da miña veciña Lourdes, escusándome así da camiñada de regreso.

[1]http://www.afranqueira.org/?sec=17&lang=esConsultado el (03/06/20)

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Patrimonio cultural
Andalucía Antonio Manuel: memoria y flamenco
Con motivo de la publicación de su última novela conversamos sobre varios asuntos con Antonio Manuel en el Corral del Carbón de Granada.
Laboral
Laboral Patrimonio Nacional despide a 80 trabajadores con discapacidad de la Galería de las Colecciones Reales
Los sindicatos CCOO y UGT piden a Patrimonio Nacional que rectifique el pliego para garantizar la subrogación del personal amenazado de despido, que ha desarrollado el servicio de auxiliar de sala e información desde 2023.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.