Medio rural
Despois da odisea: retornar ao rural logo de emigrar

As aldeas están cheas de viaxantes que terminaron por retornar á súa terra. Velaquí unha recompilación de testemuñas que des-romantizan a morriña e a vida no rural ao mesmo tempo que evidencian as súas carencias.

España vacía
.
25 sep 2020 20:49

O rural eríxese, en toda a cultura mediática, como unha especie de emblema da pureza da “galeguidade”: o sacho, os mandilóns azuis, as botas de goma, os sombreiros sobre o cabelo canoso, as verzas e o caldo. Os símbolos constrúense como unha identidade antagónica ás cidades. Como se o rural galego mantivese o estado primixenio dun pobo a través dos séculos.  

Párodo

Saio a andar un pouco pola aldea e podo ver todos os elementos: alí hai un plantío de verzas, por alá está Marta sachando a horta co seu mandilón azul, nesa outra casa escoito que van salgar carne para facer caldo a fin de semana. Non sei que foi primeiro, se a idea ou a exacta filiación. Semellante escenario dá impresión de que se perdeu a conexión co mundo exterior, de que a vida aquí é allea á vida a alén de 20 quilómetros. 

Mais a veces pecho os ollos e penso que, no fondo, a miña parroquia podería ser a máis cosmopolita do mundo.  Eu veño de México, o meu veciño da dereita pasou toda a súa vida en Suíza, o da casa á esquerda, en Alemaña; María, en Costa Brava; Isolina, en Arxentina; Santiago, en Brasil; Francisco en Inglaterra; Antonio, en Portugal e Isolina, en Francia. 

Non hai casa algunha ao meu redor que non conte cun membro da familia que saiba o que hai detrás destas montañas. Todos volveron nalgún momento da súa historia. Publicamente, adxudícanlle o seu regreso á morriña e terminan o seu relato migratorio dicindo: “non hai nada como a terra”. 

Pero, ao igual que o rural é moito máis que patacas e barras de pan á porta todas as mañás, as historias de migración son moito máis complexas que saír, aforrar e retornar.  

Profecía  

O regreso estaba planeado na maioría dos proxectos de migración da miña aldea. Á fin e ao cabo, sei que pensar en non volver nunca ao teu país é unha aseveración tan contundente que é case imposible sequera imaxinala.  

Moitos dos meus veciños si seguiron o seu plan inicial ao pé da letra e en tres actos: aforraron o necesario, construíron a súa casa e regresaron cando podían xubilarse ou cando a súa nova residencia estaba lista para recibilos. 

Mais hai quen tornou e suspira desde entón. Quen volveu e non foi precisamente a morriña o que os trouxo de volta.  

Maribel regresou despois de vivir máis de trece anos en Barcelona. Marchou da aldea aos 24 anos, xusto despois de casar. A súa boca convértese en sorriso e a súa lingua sóltase cando lembra como camiñaba ao mercado todas as mañás, como mercaba revistas con novos patróns para calcetar, como pasaba as tardes no parque con seus fillos despois de ir por eles ao cole e como a miúdo saía toda a familia a pasear. Tamén lembra cando as cousas ían ben e ela máis o seu marido puideron abrir o seu propio bar. Cóntame as aventuras que viviu como cociñeira do mesmo, como a vez que había unha fuga de gas e se desmaiou, ou aquela vez na que apareceu un rato e o seu axudante cazouna cun garfo.  

Maribel, como moitas outras mulleres, volveu á aldea porque, a pesar de contar con varios irmáns, era a ela a quen lle correspondía coidar a súa nai. Deixou o seu bar, a súa rutina, os seus parques e retornou á aldea na que, aínda despois de falecida a súa nai, a súa rutina consiste en completar quefaceres e mirar a televisión. Arrombadas quedaron incluso as ducias de revistas que unha vez encarnaron o seu ánimo por crear. Cando recorda Barcelona, acostuma comentar: “se puidese, quedaba alá. Gustábame tanto...” 

A unhas casas da de Maribel, vive Paloma. Distraída e alegre, fai percorridos diarios por toda a aldea. Levántase co sol para saír e procura estar a maior parte do día fora da súa maxestosa casa onde se respira a ausencia. A súa mirada muda cando lle pregunto sobre a súa estancia en Alemaña, onde viviu sete anos. Gústalle contar a súa historia, como vivían nun piso varios inmigrantes en condicións moi precarias e como tiña que lavar a roupa cunha táboa de madeira apoiada na bañeira. Dime tamén con orgullo que alá nunca tomou un café nun bar, é dicir: que nunca fixo un gasto por puro pracer, senón que aforrou absolutamente todo o diñeiro que gañou limpando oficinas ou atendendo unha cafetería detrás dun mostrador repleto de sándwiches

Ela tornou porque o corpo do seu fillo de dous anos non soportaba o frío invernal de Hamburgo. Empacaron o pouco que tiñan e regresaron á aldea. Ao pouco tempo enviuvou e, eventualmente, o seu fillo emigrou á cidade. Sobre a súa estancia en Hamburgo, Paloma di que foi a mellor época da súa vida, a pesar da precariedade. 

Os roles de coidados adxudicados ás mulleres non representan, nin para Paloma nin para Maribel, unha tensión que se contrapoña aos seus desexos directamente: “Non me arrepinto de ter volto para coidar a miña nai. Eu volvería a facelo.”, cóntame Maribel convencida e con enteireza, mais, ao mesmo tempo, deixa escapar unha mirada triste, case imperceptible, de resignación. Como quen acepta o seu fado. 

Destino 

Adelina ten o humor máis agudo e áxil de toda a aldea. A rapidez do seu pensamento sorpréndeme sempre que falo con ela. Penso que, se tivese a oportunidade de estudar, sería a mellor escritora e humorista de Galicia. Gústalle beber. Só falar de Mallorca faille recuperar a lucidez.  

“Non hai sitio máis bonito. Estiven tamén en Tarragona, mais non ten comparación. Pasaba medio ano alá desde 18 até os 24 anos. Traballaba nun restaurante. Ti sabías que á cervexa alá se lle di “birra”? Ao principio eu non entendía moito, pero logo si. Os fins de semana iamos á praia…  Foron os mellores anos da miña vida. Era moi feliz. Se fose por min, eu quedaría alá, non regresaba”.  

Ao igual que Adelina, Maribel e Paloma, varias persoas camiñan pola aldea, levan o gando ou sachan a horta pensando noutros lugares, suspirando por outros tempos que se cadra terminaron idealizados pola delicadeza da memoria.   

Amar a súa terra pero desexar non volver a ela non representa tensión algunha. É algo co que se aprendeu a vivir. Como quen xa coñecía o presaxio desde o principio. 

Anagnórise 

A pesar de que os tempos da fame pasaron, de que agora se poida vivir en boas condicións e cobrar  xubilación sen ter que saír dos concellos, a vida no campo galego sigue xerando frases que advirten aos novos poboadores: “aquí non hai futuro”. 

Fálase moito sobre como o rural galego non ofrece as condicións nin os servizos suficientes para atraer ou manter á mocidade. Mais as condicións tamén son insostibles para a poboación máis vella.  

A tranquilidade, as vistas, as hortas, o monte son algúns dos factores que se enaltecen cando se fala da vida no rural: “diso non hai nas cidades”. E é verdade. Mais os suspiros nostálxicos que inundan a miña aldea demostran que a tranquilidade, as vistas, as hortas e o monte non son suficientes.  

Cada vez que alguén, como se fose parte dun coro, me di: “eu non regresaba”, denúnciase que fan falta opcións para conectar as aldeas co mundo exterior.  

Eu non regresaba: sen coche non podo saír de aquí. 

Eu non regresaba: as ambulancias pérdense polas estradas e tardan dúas horas en chegar.

Eu non regresaba: o inverno enteiro pásase na cociña. 

Eu non regresaba: non hai traballo. 

Eu non regresaba: quero ir á farmacia sen ter que depender do coche de ninguén. 

Eu non regresaba: quero levar ás rapazas ao cine. 

Eu non regresaba: quero coñecer a outras persoas. 

Eu non regresaba: sei que hai máis que isto.  

As comunidades rurais están vivas. Catalogalas en ideas é, quizais, o que as mantén nun estado hermético. Brindar servizos que permitan que as súas habitantes tiñamos máis opcións (laborais, educativas, culturais e de transporte, por exemplo) en ningún momento supoñería sacrificar unha cultura, senón darlle outro alento. É unha cuestión de dignidade.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Fronteras
Fronteras europeas Un año más, la Caravana Abriendo Fronteras denuncia las políticas antimigratorias de Europa
Desde Baiona y Girona saldrán los grupos que recorrerán puntos críticos de fronteras europeas como Irún, Calais, Dunkerque y Toulouse donde se encontrarán con otros colectivos para movilizar la solidaridad con las personas migrantes.
Cine
Cine Rezad por los viajeros
‘Les voyageurs’, ópera prima del camerunés David Bingong, es un retrato de la vida de los inmigrantes que esperan para cruzar la frontera que separa Marruecos de España.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.