Medio rural
Autoxestión: iniciativas artísticas do rural reforzan os vínculos comunitarios

O Cinema Palleiriso foi sede dun encontro que reuníu a máis dunha ducia de proxectos artísticos que traballan no rural de Lugo e Ourense o pasado luns 13 de xullo.

Cinema Palleiriso 1
Unha proxección infantil. Arquivo Cinema Palleiriso.
15 jul 2020 12:41

Un pouco a conta das políticas culturais e outro pouco, pola milenaria usanza de subestimar ás zonas e comunidades labregas, temos a idea de que no rural galego, ademais das feiras e festas tradicionais, case nunca pasa nada. E menos se esa “nada” está ligada con opcións culturais que vaian alén do folclorismo. Así, sorprende saber que nunha pequena aldea ao sur de Lugo, un pallar transformouse nun cinema. E que, non moi lonxe de alí, tócase música de cámara co fin de custodiar os bosques de carballos. Tamén que, un pouco máis cara ao norte, unha antiga ferrería construída coas pedras dun castelo desbaratado polas forzas de Napoleón, foi rehabilitada por artistas e artesáns para transformala nun espazo común de traballo.

Estas iniciativas, que ben poderían inspirar a creación de relatos fantásticos, son uns dos múltiples exemplos de organización cos que se fai fronte ao éxodo sistemático do campo ás cidades. A través dos anos xurdiron unha gran cantidade de proxectos autoxestionados adicados a dinamizar as comunidades rurais, descentralizando a cultura.

Nun intento por reunir a maior cantidade de proxectos coma estes, e co obxectivo de tecer redes entre as persoas involucradas en actividades rurais, artísticas e ecolóxicas, o pasado 13 de xullo celebrouse a xornada Vida con Arte no rural, no xa afamado Cinema Palleiriso asentado en Chantada, Lugo.

“A xornada tivo como obxectivo ser facilitadora de intercambios entre proxectos rurais e artísticos para que nós coñezamos os diferentes proxectos irmáns”, comenta a organizadora do encontro, Cristina Castro.

Cristina é artista visual cunha experiencia laboral inclinada á investigación e intervención social. Forma parte do equipo que xestiona Cinema Palleiriso, proxecto que está en funcionamento desde o 2014.

Como se podería supoñer, manter unha iniciativa autoxestionada por máis de cinco anos no medio rural como o ten feito Palleiriso, non é unha tarefa sinxela que se poida facer en soidade, sen a cooperación e abrigo dunha comunidade. Vida con arte no rural xorde dese coñecemento experimentado en carne propia. Cristina conta: “A actividade ocorréuseme a partir das necesidades e dificultades que teñen distintos proxectos de dar voz a outrxs e de converterse nun espazo máis humano. O propósito fundamental deste encontro era que a xente puidese compartir as súas necesidades, as condicións nas que está... Cinema Palleiriso sempre foi un lugar de encontro, o que facilitou a comunicación directa cos outros proxectos que desde un principio recibiron ben a convocatoria, xa entón observei as ganas de querer tecer redes”.

Cinema Palleiriso 3
Arquivo Palleiriso

O pasado luns 13 de xullo, o evento reuniu a catorce iniciativas que, ademais de compartir intereses artísticos e formar parte do fenómeno do neorruralismo, proveñen exclusivamente de Lugo e Ourense. “Todos os proxectos parten dunha mesma realidade rural de despoboamento e envellecemento da poboación. Como as provincias de Ourense e Lugo son as zonas máis despoboadas da Galiza, queremos indagar nas dificultades que a xente de aquí está a ter e cales son os seus procesos de traballo”, sinala Castro.

Nesta procura de rehabitar o rural e vincularse coa natureza, a arte é o eixo que articula e singulariza as propostas. Cristina especifica que “o compoñente artístico está presente en diferentes modalidades, ou ben como artistas que deciden ir vivir ao rural e facer a súa produción artística dende este outro contexto, como programadores de actividades artísticas ou ofrecendo espazos, residencias, para albergar a artistas e fomentar a creación crítica”.

APOSTAR POLA AUTOXESTIÓN

Acentuado polas políticas gobernamentais, o estado de precariedade cultural que se vive no rural en Galiza ten provocado unha e outra vez que os proxectos existentes proveñan da organización cidadá autoxestionada. O propio Cinema Palleiriso, a pesar de contar cunha longa traxectoria e converterse nun referente importante de traballo comunitario, non conta coa subvención de ningún axente económico, mais tampouco está na súa perspectiva.

Esta administración autónoma sustentada polo traballo de voluntariado e o soporte dunha rede de complicidades é a que va construíndo outros xeitos de traballar que, ao mesmo tempo, xera espazos nos que os coñecementos empíricos non só son valorados senón que son esenciais.

Non é un encontro para falar da arte illándoa da realidade. Pola contra, é un paradigma do que a arte pode facer cando sae dos museos, intervén na vida e se achega ás persoas dun xeito menos impoñente e máis inclusivo

“Nós —o equipo de Cinema Palleiriso— non somos un proxecto profesionalizado, nin estamos organizados como asociación. Tampouco estamos especializados en xestión cultural. Ao revés: temos un proxecto de autoxestión que nace da voluntariedade, as gañas de facer actividades e dinamizar o rural dun grupo de persoas que están en torno a este proxecto. Isto implica que non podemos falar de adicarnos a programar actividades e eventos todo o ano. Non temos unha programación fixa, o cal ao mesmo tempo nos da máis liberdade porque podemos programar segundo como vaian xurdindo os programas e actividades”, engade Cristina Castro.

O encontro Vida con arte no rural non ten como obxectivo organizar un encontro para falar da arte illándoa da realidade. Pola contra, é un paradigma do que a arte pode facer cando sae dos museos, intervén na vida e se achega ás persoas dun xeito menos impoñente e máis inclusivo.

O papel do medio ambiente

Ademais do espazo de presentación e exposición dos proxectos participantes, parte da programación de Vida con arte no rural procurou organizar actividades nas cales as persoas puideran convivir noutro tipo de experiencias como un baño de bosque, o cal consiste en adentrarse á natureza poñendo fincapé na percepción dos cinco sentidos.

Manter unha relación de respecto coa natureza e procurar o coidado nas relacións humanas non só son uns dos principais intereses que comparten todos os proxectos, senón que son a base a partir da cal traballan. É dicir que, do mesmo xeito que as ideas e principios dan forma aos xeitos nos que se traballa, estes últimos á súa vez revelan e moldean o tipo de vida e convivencia que lles interesa promover.

“Penso que a vida, a saúde e a liberdade están ligados á terra. Velo e traballalo desde esta perspectiva pode levarnos a un novo modo de vida onde poidamos decrecer o consumo, ser máis autosuficientes e crear outros modelos de relacións e de coidados máis humanos onde a vida estea no centro en lugar do poder económico”, comenta Cristina.

Estes proxectos son unha referencia importante do traballo que se constrúe desde a ética, onde todas as persoas implicadas forman parte activa nas decisións e onde cada proposta e acción reforzan o compromiso, a responsabilidade e a convivencia respectuosa coa natureza

A través de Vida con arte no rural en xeral, e das distintas iniciativas participantes en particular, se procura “volver a poñer en valor a comunidade e o poder que ela ten na construción de procesos transformadores. Por iso o noso proxecto é autoxestionado e voluntario. Creemos firmemente no apoio mutuo e en facer redes. En resumo, interésanos voltar a habitar as nosas terras ancestrais, a vida ligada á terra, o coidado ao humano e á natureza, o traballo comunitario e o espiritual”, conclúe a pintora e organizadora do evento.

Dese xeito, desde o contido ata a forma, estes proxectos son unha referencia importante do traballo que se constrúe desde a ética, onde todas as persoas implicadas forman parte activa nas decisións e onde cada proposta e acción reforzan o compromiso, a responsabilidade e a convivencia respectuosa coa natureza.

Entre os participantes que se reuniron en Casa Palleiriso atópanse: A Casa do Río, A arca da Noe, Boán, Casa Quindós, Sete Outeiros, O tempo do corpo, The Foundry Bravos, entre outros.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Libertad de expresión
Arte y política La censura sobre Gaza fue una de las principales amenazas a la libertad de expresión artística en 2024
El informe anual de la organización Freemuse sobre el estado de la libertad de expresión artística en 2024 alerta del incremento de la censura y la persecución en un contexto de guerra e inestabilidad.
Artes gráficas
Andalucía Poevélez: Cuando poesía e imagen mezclan, funden y subliman
La muestra colectiva de diversos artistas del panorama nacional nos presenta ejercicios de poesía visual desde diversas disciplinas como el collage y la fotografía y se puede visitar en la Fundación Eugenio
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.