Economía
Mentiras sobre o peche da térmica das Pontes

O debate que se está a dar no país sobre o peche da central está inzado de falsidades.

Electricas

Coordinador do Instituto Resiliencia

18 oct 2019 08:34

O anuncio do peche da central térmica das Pontes, propiedade de ENDESA, disparou nas últimas semanas no país un debate no que se escoitan certas afirmacións que non por máis repetidas e mesmo asumidas transversalmente por todo o arco político, sindical e mesmo social, non deixan de ser mentira. Ou, cando menos, falsidades, pois non podemos presumir a intención de enganar, desde logo non en todos os actores implicados na súa difusión. Analizaremos neste texto varias delas.

Primeira

Galiza (e, especialmente, as localidades das Pontes e veciñas) precisa a continuidade da central das Pontes. Falso. Aínda que é certo que a actividade da central veu fornecendo dun emprego directo e indirecto importante na bisbarra, non deixa de ser unha industria, unha empresa máis... non a única posible. Tal e como antes da central existían outras actividades económicas básicas para a zona, despois dela han existir outras. Nos procesos de industrialización, reconversión e desindustrialización as fontes de emprego e de ingresos mudan, evolucionan nunha dirección ou noutra. Non se pode pretender que un sector económico sexa eterno... polo menos non un que depende de recursos fósiles. Teimar en que só ENDESA e só con esta central pode ofrecer medios de vida á poboación local é pechar os ollos a outras posibilidades económicas, e autolimitar dun xeito inxustificado o debate social. E, desde logo, teimar en manter unha actividade de queima de carbón que serve para abastecer necesidades alleas ao país, como algúns se atreven a propor (mesmo cun discurso épico: "Defenderemos as centrais térmicas ata as últimas consecuencias. Galicia non se rende!", proclamou no Parlamento o conselleiro Conde), unha irresponsabilidade que agravaría a mudanza climática simplemente en troco de pospoñer durante un tempo o seu peche por esgotamento do carbón ou do petróleo que serve para nolo traer do outro cabo do mundo.

Non hai ningunha razón para que a alternativa á central térmica das Pontes teña que ser necesariamente unha alternativa de tipo industrial.

Segunda

Se pecha a central, é preciso reindustrializar, é dicir, instalar outras industrias. Falso. Como indicabamos antes, non é que sexa falso que a única actividade económica posible na zona sexa a xeración de electricidade mediante a queima dun tipo ou doutro de combustible, senón que nin tan sequera ten necesariamente que ser un tipo de actividade industrial. O noso país mantivo a súa poboación cun nivel moi baixo de industrialización até épocas historicamente moi recentes, e dado o proceso de declive enerxético no que estamos inmersos non soamente nós senón todo o planeta, terá que volver ser así nun prazo máis longo ou máis curto. Xa que logo, se o camiño da rerruralización e reagrarización do país, baseada nesas riquezas que a xeración de Castelao soubo ver tan ben (terra, montes, rías, mar), é inevitable, fariamos mellor en ilo asumindo canto antes e comezar a derivar planificadamente a man de obra excedente das industrias que vaian pechando, cara a esa nova-vella economía, coas axudas ou subsidios que foren precisos, mesmo dentro do sector público ou comunitario. Ademais, esa reconversión económica e laboral, pode e debe facerse no sentido de abandonar traballos que contribúen ao colapso ecolóxico (un de cuxos expoñentes máis claros é a mudanza climática) e trocalos por traballos que axuden a reparar o dano feito pola Era Industrial, e a incrementar a resiliencia local (maximizando a soberanía alimentar, por exemplo) tanto desta bisbarra como do conxunto do país. É comprensible que unha mudanza tan profunda levante todo tipo de temores pola súa dificultade e porque habería que facelo en pouco tempo, pero a alternativa de continuar como até o de agora é sinxelamente inviable desde o punto de vista ambiental, xeolóxico, termodinámico e mesmo económico.

Terceira

Se pecha a central, Galiza deixará de ser excedentaria en enerxía. Falso. Estas declaracións do presidente Feixó, que amosan unha absoluta ignorancia sobre a realidade do metabolismo enerxético do país, dos seus inputs e outputs, merecería unha fulminante dimisión se as chega a facer no terreo económico, por exemplo, trabucándose ou mentindo intencionadamente acerca do déficit ou superávit monetario da Comunidade Autónoma. Mais o nivel de ignorancia entre a nosa clase política é tal que non consta ningún membro da oposición non xa que lle pedise a dimisión por falsear ese dato, senón que simplemente llo corrixise publicamente; nin tan sequera a ministra de Transición Enerxética diante de quen argumentou tal disparate, e que se supón perfectamente informada da realidade enerxética española e galega. En primeiro lugar, con central das Pontes ou sen ela, Galiza non é excedentaria en enerxía. En segundo lugar, dado que para producir nesta central unha cantidade N de xigawatts de enerxía en forma eléctrica débese queimar unha cantidade M de xigawatts equivalentes de carbón, sendo M>N porque a termodinámica fai que o rendemento da conversión sexa inferior á unidade (35% neste caso), e dado que ese carbón é importado (polo tanto conta no debe do saldo enerxético do país), non soamente non perdemos ningún carácter excedentario inexistente, senón que, pola contra, o peche da central melloraría o saldo enerxético galego, reducindo o seu carácter deficitario! Deixariamos de producir 5.203 GWh/ano de electricidade, que equivalen a 18,7 petajoules, pero aforrariamos importar 56 petajoules de carbón. E se incorporamos aos cálculos a unidade de ciclo combinado da central que queima gas natural, sucede algo semellante.

A afirmación do presidente Feixó de que sen a central Galiza deixaría de ser excedentaria enerxeticamente é un disparate.

Cuarta

Pódese manter a central queimando combustibles alternativos como os croios de oliva. Falso. Na pasada semana partiron quince camións (o 10% da flota que veu alimentando de carbón a central nestes últimos tempos) cara a Jaén buscar croios procedentes da produción aceiteira andaluza, para probar a queimalos na central, mesturados con carbón, como posible medio, disque, de manter a produción de electricidade e a actividade da planta, evitando que se contabilicen as emisións de CO2 que están por tras da decisión do peche da fábrica e das regulamentacións europeas que a empresa pon como razón para a súa non rendibilidade. Trátase do chamado mercado europeo de emisións vixente desde 2005 para penalizar as emisións e que foi moi criticado pola súa escasa eficacia á hora de frear o quecemento global. É dicir, como o carbón xa non nos sae a conta queimalo (conta económica, xa que ambientalmente nunca compensou), imos queimar algún tipo de biomasa que non nos penalicen por usar. Pero aquí hai un par de grandes trampas: a primeira é que non se está a contabilizar (externalízanse novamente as emisións contaminantes) as emisións producidas polo transporte en vehículos de gran tonelaxe con motor de explosión a gasóleo durante os máis de 1800 Km entre As Pontes e Jaén, pola N-VI, en cada viaxe de ida e volta. De feito é continuar coa mesma trampa que até o de agora, pois tampouco se contabiliza o combustible dos barcos que viñan traendo o carbón desde Indonesia. A outra trampa é menos obvia, pero Pedro Prieto (de AEREN) e mais Carlos de Castro (do GEES da Universidade de Valladolid) ilústrannos sobre ela. Estes expertos explican que farían falta tres millóns de toneladas de croios de oliva cada ano para substituír totalmente o aproximadamente millón e medio de toneladas de carbón que viña queimando a central, dado que o poder calorífico do croio de oliva vén sendo a metade có da mestura de carbóns. E un millón e medio se se pretende mesturar ao 50% co carbón. Mais a produción de oliva total en España (o meirande produtor mundial) é de 6,2 millóns de toneladas, das que se obteñen tan só 420 mil toneladas de croios, das que só se comercializan 323.500 Tn. Isto quere dicir que farían falta, nin máis nin menos, dez veces a produción dispoñible total española de croios para alimentar a central. Aínda por riba, isto implicaría, cada ano, un convoi de 120 mil camións de 25 Tn facendo a viaxe Galiza-Andalucía. Como adoita suceder en cuestións de transición enerxética, fica claro que se está a falar sen botar as contas. E sen pensar na contaminación que tamén causa queimar este tipo de alternativas ao carbón.

Nin o croio da oliva nin a biomasa local teñen sentido enerxético nin ambiental como alternativas renovables ao carbón.

Quinta

A alternativa renovable ao carbón é a biomasa. Falso. Malia que é certo que acudir á biomasa forestal galega, por exemplo, reduciría moito as emisións derivadas do transporte de materiais importados coma os croios de oliva andaluza ou o carbón indonesio, tampouco tería sentido como unha alternativa renovable, xa que, tal e como indica o profesor De Castro, "a biomasa que se queima para producir electricidade debe considerarse unha industria mineira dos solos". Isto é debido a que, coa queima, non só o carbono senón tamén o contido en nitróxeno e outros elementos da oliva, das árbores, da palla, dos pellets, etc. se emiten cara á atmosfera no canto de retornaren ao solo do que saíron. Se non queremos empobrecer os solos, precisamos restituílos con fertilizantes sintéticos procedentes do gas natural ou da minaría, ou mediante... máis biomasa que habería que quitar doutro lado. Xa que logo, neste tipo de uso, non podemos falar dunha alternativa realmente renovable. Por isto advirte o físico —destacado participante no proxecto MEDEAS de modelización da transición enerxética— de que este tipo de uso da biomasa "emite máis CO2 cós combustibles fósiles", e de que todo o que implique queima de recursos vai en contra dunha "economía circular".

En resumo, as centrais térmicas teñen sentido cando producen a partir dun combustible local, e por iso se crean en determinadas localizacións onde se achaban eses recursos, nomeadamente fósiles. Cando estes, polo seu carácter finito e mais polo inasumible das súas emisións, remata de ser viable (caso das Pontes e do resto de centrais térmicas de carbón do mundo), xa non sae a conta economicamente —nin moito menos desde o punto de vista ecolóxico— teimar en mantelas activas queimando calquera outro tipo de combustibles. O que cómpre é aceptar que estamos a quedar sen estas fontes enerxéticas e que non hai substituto para moitos dos seus usos e en moita da súa escala actual. E que iso múdao todo dun xeito radical e permanente. Xa que logo, a transición enerxética implica non só un troco dunhas enerxías por outras, senón antes que nada un menor consumo total e unha masiva reconversión enerxética, económica, social e laboral cara a outras actividades máis locais, menos industriais, máis centradas nas necesidades humanas básicas e na reconstrución dun metabolismo que volva ter cabida dentro dos límites da biosfera.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Economía
Crisis de los aranceles La claudicación de Trump: del momento Lehman a la derrota a lo Liz Truss
La crisis en el mercado de bonos estadounidenses y las advertencias de Wall Street hicieron frenar a Trump. Fiel a su estilo, el presidente de EE UU ha reclamado la victoria, pero la desconfianza hacia su rumbo político persiste.
Fiscalidad
Elusión Fiscal 23 multinacionales españolas pagaron un 1,34% de media sobre sus beneficios globales en 2022
Los datos del Informe País por País vuelven a mostrar el escaso tipo efectivo que las grandes empresas pagan sobre sus beneficios a nivel global en todos los territorios donde tienen filiales.
Anónim
23/10/2019 12:00

Muy buen artículo. Endesa, además, lleva machacando los ríos gallegos desde hace décadas con sus presas hidroeléctricas, especialmente significativo es el ejemplo del río Eume. La sobreexplotación hidroeléctrica de Galicia, el país de los mil ríos, que muchas veces ha llevado al fluviocidio, ha sido repetidamente señalada con acierto por organizaciones como Ríos con Vida. No solo sobran térmicas, también algunas presas. Urge un decrecimiento energético (y material). Con este enfoque, Manuel Casal Lodeiro es siempre una referencia a tener en cuenta al hablar de estos asuntos.

1
1
#41861
22/10/2019 19:58

E depois o dos 350km ida e volta entre As Pontes e Jaén já é incrível. Só de ida já devem ser perto dos 1000 km. Vê-se que votou moi mal as contas o que acusa no artigo a outros de votar mal as contas.

Ademais de que quere mandar os camiões pola Nacional Sexta, o pobre ainda não se deveu enteirar que existem as autoestradas.

Do resto do artigo não opino, até pode ser verdade o que nele diz, ou podem ser invenções/tergiversações suas como as anteriores.

0
0
#41859
22/10/2019 19:51

Que enorme ego tem que ter o autor para andar inventando nomes estrafalarios para os ossos de azeitona que ele insiste em chamar croios de oliva!!!

Ridículo total.

0
0
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.

Últimas

Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.

Recomendadas

Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y deja de emitir nuevas entregas tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.