Artes escénicas
Luis Crespo: “No ADN dos nosos pais e avós xa estaban os títeres”

O director do Festival Internacional de Títeres de Redondela fai un repaso dos vinte anos desta cita da que participan compañías de todo o mundo.

Festival Internacional de Títeres de Redondela 1
Público na vixésima edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela
22 may 2019 08:00

Chegar a Redondela na fin de semana do Festival Internacional de Títeres é chegar a unha vila que se ten revitalizado, a través do apoio dos seus habitantes e comerciantes, que decoran os escaparates dos locais con carteis, monicreques e teatriños. En maio do 2019 a vila acolleu por vixésima vez este festival, que contou este ano cunha programación na que participaron unha trintena de compañías. Chegan á cita dende distintos recunchos do mundo para compartir o seu traballo artístico.

A Asociación de xente titiriteira é a encargada da xestión deste proxecto cultural sen fins de lucro, que se preocupa en ofrecer espectáculos de calidade ao público. Luis Crespo, integrante da asociación, é tamén director do festival dende hai oito anos. Falamos con el sobre o evento, a súa historia e, sobre todo, o impacto que este ten na comunidade galega.

Como naceu o festival?
Como todas as cousas bonitas do vida, como unha necesidade. Juanjo Amoedo, antigo presidente da asociación de veciños de Redondela, visitou Titirimundi en Segovia e quedou coa obsesión de facer un festival aquí, nunha vila tan pequena e distante das artes. O seu triste falecemento fixo que non puidese ver realizada a súa idea. Mais esa desgraza fixo que a xente se unise dunha maneira moi sólida para renderlle homenaxe e levala a cabo. E a verdade é que me parece que ese afecto era bastante oceánico, xa que nos leva mantido vinte anos.

“Intentamos que o espectador viva unha experiencia

Como conseguen que o festival alcance a súa vixésima edición?
Creo que hai moitos secretos, como a tenacidade, a obsesión… Nós somos xente de teatro. En Redondela está Tanxarina, unha compañía de teatro profesional que ten axudado moito a dar un estilo e unha maneira de funcionar ao festival nas primeiras edicións. Déronse as circunstancias, e ano a ano fóronse incrementando o número de compañías e de axudas. Tamén intentamos que o espectador viva unha experiencia, e iso tamén chega ao público. Nós, ao ser unha asociación cultural sen ánimo de lucro, nin pedimos o voto nin queremos
gañar cartos. Cada euro que conseguimos usámolo para contratar unha compañía máis, o que para nós é unha vitoria.

Festival Internacional de Títeres de Redondela 3
A programación do FITR repártese por toda a vila.

Hai máis festivais de tal importancia na Galiza?
Galicreques, que se celebra en Santiago, podería parecerse. E hai outro, máis pequeno, que é o Titirideza en Lalín. Cada un ten as súas características. Algún quizais máis dedicado á infancia, outro que se enfoca máis en revitalizar unha zona. Pero Redondea marcou uns criterios artísticos altos, e iso tamén chega ao espectador. Pensamos nas nosas familias e nas nosas crianzas, en como queremos que teñan un ocio intelixente e unha forma de gozar da vida. Por iso absorbemos moitísimo público de Vigo, de Pontevedra…. Non quedamos nun consumo local. Gústanos pensar que o festival é como unha festa privada á que se suma moita xente do extra radio. E a partir de aí, de maneira concéntrica, vanse sumando diferentes poboacións.

Como funciona a asociación? Que particularidade ten que unha organización xestione o festival, a diferencia por exemplo dunha institución?
As institucións teñen outro réxime de horarios. Nunha asociación, como nunha comisión de festas, hai que volcarse. Non pode haber horarios. Non é que peche ás nove. E iso tamén axuda moito. A asociación funciona de forma asemblearia, pasamos a información a todos do que se fai e de vez en cando temos unha reunión para comprobar como están as cousas. O certo é que con vinte anos xa collemos un xeito de actuar, e ao mellor algúns vicios. Tamén sucede que en vinte anos a xente foi cambiando, agora ten crianzas, ten traballo, pero tamén é verdade que moita xente da asociación pide esta semana no traballo. Se non, sería imposible. Piden unha semana de agosto agora e dedican 24 horas exclusivamente á semana do festival.

“O festival, no afectivo, xa pertence á memoria colectiva”

Que importancia ten que este festival suceda na Galiza?
Xa non só en Galicia, senón no sur, que está un pouco esquecido pola administración que está en Santiago. Representa unha revitalización territorial onde todo o mundo identifícase e onde se ten a lembranza de ter vivido unha experiencia bonita. Polo tanto o festival, no afectivo, xa pertence á memoria colectiva. Por outro lado tamén está o impacto económico que deixa na poboación e o impacto na cohesión social. Todo o que facemos na rúa é gratuíto, para ricos e pobres, e iso tamén lle da un aspecto igualitario, de equilibrio. Iso detéctase no ambiente.

Por que entre todas as vertentes das artes escénicas escolleron os monicreques?
Primeiro, porque o referente é Segovia, pola compañía de monicreques Tanxarina, que está asentada aquí en Redondela. E porque a idea de Juanjo Amoedo era apostar polo mundo do monicreque, porque é integrador e interxeneracional. Os nosos pais e os nosos avós criáronse cos monicreques. Meu pai aínda lembra a Barriga Verde, unha familia que viaxaba nos anos trinta polas feiras. É dicir, no adn dos nosos pais e avós xa estaban os títeres.

Festival Internacional de Títeres de Redondela 2
Espectáculos de rúa no Festival Internacional de Títeres de Redondela

Que particularidades ten o obxecto monicreque que non teñen necesariamente outras manifestacións artísticas?
Medramos coa conexión co mundo do monicreque porque o monicreque lémbranos a cando eramos nenos e xogabamos animando obxectos. Representa ese xogo polo que todos, nalgún momento do noso crecemento persoal temos pasado. Creo que desde aí conecta co corazón do espectador. Ademais, o monicreque pode ter moitísimas variantes. Por exemplo, o primeiro día do festival tivemos monicreques corporais de Perú, que é un mundo descoñecido. Fórmanse monicreques coas partes do corpo. Ao día seguinte, de Arxentina, veu Valeria con monicreques de sombras. Tamén houbo un espectáculo con proxección, que está no camiño entre o cinema e o monicreque. Temos monicreques de fío, de guantes, buraku...O espectro do monicreque, darlle vida a un obxecto, é moi extenso.

Como respondeu o público? Muda algo coa súa aproximación a este mundo?
Si, despois de vinte anos e de ver pasar a 500 compañías, unhas boas, outras malas, outras regulares, a xente xa ten un nivel. Non se pode programar calquera cousa, teñen un criterio, sabes? “Que bos eran eses alemáns que trouxestes, pero os rusos non me gustaron nada”. Iso constrúe un sentimento de crítica, de cando xa hai bagaxe. E iso é bo.

Despois de tantos anos, cales son os vosos obxectivos?
O noso obxectivo era chegar aos vinte anos, e non ten sido doado. Agora plantexámonos que pode haber un cambio de ciclo, pero non podo ir máis alá desta edición porque quedamos bastante queimados. É difícil porque é moi absorbente. Intentamos buscar unha renovación xeracional. Para nós, poder contratar a trinta compañías e poder pagarlles ao día e contribuír, non só ao espectador senón ao espectro de compañías profesionais é un logro. Temos un presuposto de 120.000 euros, dos caes 70.000 van ás compañías. O resto emprégase para promoción, alugueres e, unha pequena parte, para a organización. Cantos máis cartos consigamos máis compañías contratamos. Esa é a partida que plantexamos: sempre intentamos que medre, porque o que non medra estáncase, e iso xa sona regulero. O obxectivo de cada ano é sorprender ao espectador con cousas novas, diferentes. Pero iso tamén obriga a facer producións, cousas novas, e dar ao espectador a posibilidade de que escolla. De dar un abano de posibilidades gratuítas. Agora a xente vive o festival como seu, e iso é algo que anima a continuar. Por iso non se concibiría que desaparecese.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Madrid Todos quieren un pedazo de Tabacalera: cómo el edificio de Lavapiés explica la gentrificación de Madrid
Los colectivos del CSA la Tabacalera de Lavapiés acusan a Cultura de negarles acceso a sus espacios históricos, las asociaciones de vecinos reclaman equipamientos para el barrio y el proyecto del ministro Urtasun es una residencia artística.
Madrid
Patrimonio La antigua fábrica Clesa se salva de la demolición y será declarada Bien de Interés Cultural
El inmueble, icono de la arquitectura industrial española del siglo XX de la ciudad de Madrid, diseñado por el arquitecto Alejandro de la Sota y construido en 1957, entrará en la categoría de monumento.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.