Educación pública
A Xunta extingue graos e mestrado en artes e humanidades

O peche do mestrado en Arte Contemporánea e Artes Escénicas e máis a crise de Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios amosan unha dinámica de desmantelamento xeral. A Xunta non é capaz de comprometerse en materia de dereitos culturais.

15 oct 2020 07:00

A realidade dos estudos en humanidades e artes na Galiza é alarmante. Tense rexistro do peche de case dez graos e mestrados nos últimos anos. Segundo expoñen especialistas, as causas son case as mesmas: a falta de demanda e o tipo de esixencias que a Xunta fai ás institución universitarias. A situación esperta as primeiras reflexións: cal é o papel do goberno na promoción, produción e investigación no ámbito das humanidades e as artes?

AS CAUSAS DO PECHE

Javier Tudela, membro da comisión do máster en Arte Contemporánea, explica deste xeito as dificultades que presenta a Xunta para conservar os mestrados en artes: “Actualmente, hai unha normativa da xunta baseada en criterios de empregabilidade e inserción no marco do contexto económico do mercado laboral.No caso dos mestrados en artes e humanidades é moi difícil xustificar, primeiro, a vinculación dun máster á unha profesión regulada e, despois, é moi difícil xustificar un máster en arte, historia ou filosofía que este vinculada a un contexto económico”. Isto demostra unha parte importante do problema: suxire que a demanda no ámbito cultural non proporciona o soporte para fortalecer os espazos de produción artística ou de investigación humanística.

No caso dos mestrados en artes e humanidades é moi difícil xustificar, primeiro, a vinculación dun máster á unha profesión regulada e, despois, é moi difícil xustificar un máster en arte, historia ou filosofía que este vinculada a un contexto económico

Pola outra banda, sumado aos soporte laboral, é notaria a falta de demanda estudantil que padecen estas titulacións. Así describe Manuel Ángel Candelas Colodorón, coordinador do máster en Artes Escénicas, o peche da titulación: “Ese máster comezou no ano 2010 e tivo una existencia efémera porque durou sete ou oito anos. Lanzámolo conxuntamente coa ESAD. Ao principio tíñamos boa relación, pero deixou de ter demanda. E aínda que había xente do conservatorio, ao final non logramos  cumprir o número mínimo do alumnado para levalo adiante e tivemos que clausuralo”. Neste contexto, o goberno da Galiza amosa o seu forte interese por avaliar o papel do sistema educativo no marco da oferta e a demanda de estudantes como o eixe dos programas.

Ademais, os estudos profesionais en artes precisan dunha constante actualización nos seus programas o que esixe un compromiso aínda maior do goberno galego. Tal e como explica Juan Carlos Roman Redondo, profesor da facultade de Belas Artes: “A vida natural dun máster dura entre oito e dez anos. Precisan actualizarse en canto aos contidos e intereses do alumnado. Non podemos manter materias do século pasado na perpetuidade. O pensamento e discurso da arte contemporánea ten mudado e temos que actualizar os contidos. Simplemente, hai unha morte natural e agora estamos traballando nun novo máster con contidos actualizados”.

De cara a isto, as institucións universitarias teñen elaborado estratexias de adaptación que lles permitan ampliar a súa oferta de titulacións e atopar un oco no modelo actual. Así o explica Candela respecto ao caso do mestrado en Artes Escénicas: “Aquí a ESAD quixo sacar un máster para poder forman un grupo de docentes cara a un doutoramento que lles permitira incorporarse como profesores da universidade. Nun principio tivo moito éxito porque interesou á maioría da plantilla da ESAD e fixérono, pero logo abandonaron os estudos de doutoramento. Non vían que iso puidera servir a curto prazo para poder incorporarse á universidade, que pide unha serie de requisitos como como o doutoramento, cousa que non é necesaria na ESAD. Está o máster detido por completo e necesita que a xente vexa que pode valer para algo. Podería facerse un máster que non estivera vinculado á investigación, un profesionalizante. Pero non hai unha iniciativa clara. Eu creo que sería beneficioso para a Galiza ter un mestrado en artes escénicas”.

Aula artes Galiza 3

Sumado ao pouco compromiso amosado polo goberno, a lóxica da demanda tamén se atopa coa realidade demográfica e económicas da Galiza. Así o describe Javier Tudela: “Seguramente no contexto demográfico e socioeconómico fai que unha determinadas titulacións sexan máis esixidas que outras. Non é o mesmo poñer un mestrado en Madrid que en Pontevedra. Hai sociedades que demandan un tipo de estudos que outras sociedades non”.

Estas testemuñas poñen en evidencia as particularidade dos estudos en artes e humanidades e tamén amosan a actitude do goberno para responder á súas singularidades. Con todo, o Estado non ofrece unha solución á dinámica de peche e non toma conta do marco da produción e o mantemento das practicas culturais que solucionaría falta de demanda e a precariedade dos creadores e investigadores.

DEREITOS CULTURAIS NA GALIZA

Roman Redondo comparte a súa impresión sobre o problema da demanda no campo das artes: “Da actividade profesional das artes en Galicia e no Estado español sería practicamente dicir o mesmo. As razóns son moitas. O certo é que non hai demanda porque non están favorecendo que esta demanda exista.E non existe demanda porque a actividade profesional que se pode facer ou os espazos de exposición de arte estanse pechando porque non existe un mercado que beneficie a adquisición ou o achegamento á arte”.

O certo é que non hai demanda porque non están favorecendo que esta demanda exista

Isto supón un modelo de Estado que non comprenda o valor da produción simbólica, o coidado da súa historia, do seu pensamento e da súa lingua. Unicamente é capaz de presentar un proxecto de goberno relacionado coa rendibilidade da vida e ten unha idea da cultura que a converte nun ben inalcanzable. A discusión non é menor cando se toma en consideración que se trata de dereitos culturais. As practicas culturais cumpren unha función máis importante que só o entretemento: axudan ás persoas a construír o sentido do mundo. Por iso falar de dereitos culturais non é un detalle menor e convertese nunha ferramenta para defender a arte e as humanidades en crise. Con todo, a Xunta ten demostrado que integrar os dereitos culturais a súa axenda non é unha tarefa prioritaria e consecuentemente supón unha forte falta de demanda.

Aula artes Galiza 4
Existe un modelo de Estado que unicamente é capaz de presentar un proxecto de goberno relacionado coa rendibilidade da vida e ten unha idea da cultura que a converte nun ben inalcanzable

Comezar a falar da cultura como dereito axuda a elaborar estratexias de intervención no ámbito universitario e social. Tamén sirve para lembrarnos que os espazos propios das humanidades e artes son nosos, das persoas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Educación
Opinión Voces desde el aula: la huelga asturiana como grito por la educación pública
Hace una semana se desconvocó la huelga de Educación en Asturias y el silencio volvió. Nos callaron con un caramelo que se deshace en la boca, con palabras bonitas y promesas de un futuro mejor
Laboral
Empleo público CGT denuncia que España pretende remitir a Europa “una versión sesgada” de la temporalidad para evitar multas
El sindicato ha enviado un informe a la comisaría europea de Empleo para evidenciar “el uso interesado y excluyente” de los datos reales para crear una imagen “falsa” del cumplimiento de la normativa
Comunidad de Madrid
Nueva ley Un borrador de Ayuso contempla multas de hasta 100.000 euros por manifestarse en universidades
La Ley de Enseñanzas Superiores, Universidades y Ciencia lleva meses en negociación. Además de las manifestaciones, el texto considera como infracción grave acampadas como las de los últimos meses en apoyo a Palestina.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.