O prelo
Andrea Jamardo “Os nosos libros reflicten o noso xeito de ver e de estar no mundo”

Falamos coa editora de Cuarto de Inverno sobre a visión do seu proxecto editorial e a recuperación da historia de mulleres a través da literatura.
Andrea Seijo Cuarto de Inverno
Andrea Jamardo Seijo, editora de Cuarto de Inverno
26 jun 2021 10:11

Hai once anos, Andrea leu un poemario de María do Cebreiro e fantasiou coa idea de ter un selo editorial propio. Hoxe, ela e máis o seu socio David Cortizo son as cabezas de Cuarto de Inverno, un proxecto editorial de carácter independente que desde o 2019 comezou a construír o catálogo heteroxéneo que o caracteriza: entre as súas nove publicacións, hai teatro, poesía e narrativa para todas as idades. Iso si, todas as súas obras están creadas con atención e coidado tanto na forma, coma no contido, demostrando o carácter ético destes dous lectores que se adentraron con fe na aventura da edición de textos.

Que é Cuarto de Inverno e como definiriades a vosa liña editorial?
Cuarto de Invernos é unha editora independente con sede na Galiza, pero os seus libros son libres de voar alá onde queiran. A nosa liña editorial ten que ver moito co quen somos, tanto eu, coma o meu socio e colega David Cortizo. Por exemplo, nós nunca publicariamos un texto que non nos gustase como lectoras e esa é a nosa premisa principal como editoras.  Agora mesmo temos tres liñas editoriais diferenciadas por idade: infantil, xuvenil e adulto.  Nesas tres franxas de idade poden haber textos de calquera xénero literario. Por agora, temos publicado narrativa, poesía e teatro.

Mencionades que os libros que publicades van acompañadas do voso posicionamento vital, do voso xeito de ver o mundo. Cal é esa perspectiva do mundo?
Nós queremos un mundo inclusivo, un mundo feminista, un mundo que coide do seu medio ambiente, que apoie o seu comercio local... Sobre ese último aspecto, por exemplo, somos nós quen distribuímos ás librarías as nosas obras. Sobre todo, procuramos traballar coas librarías do barrio. Os nosos libros son un posicionamento porque nunca publicaríamos algo que non compartise a nosa forma de ver, entender ou estar no mundo.

Para nós publicar en galego tamén é un posicionamento e está ligado a nosa forma de entender o mundo

Cal é o proceso de selección das obras?
Hai dúas vías: recepción de orixinais e por pedido. É certo que a maioría das obras que publicamos foron por pedido ou porque quedaron como finalistas nalgún premio e que, por unha razón ou outra, chegaron a nós. O que máis procuramos e a pedido porque, como publicamos poucos textos ao ano, buscamos cousas moi específicas. Entón, acudimos nós á autora que nos pode proporcionar o texto que nos interesa. Mais non sempre é así. Este mes recollemos da imprenta o noso noveno libro que é As palabras están a mirarse arredor da mesa, de Antonio García Teijeiro. Este poemario foi unha proposta súa que nós aceptamos publicar. Pero, os caso de As mil vidas de Dorotea e de A mestra corremundos si foron encargos que lles fixemos ás autoras.

O coidado editorial é moi importante para vós. Lémbrame un pouco o que dicía Virginia Woolf sobre a importancia da edición dos textos na experiencia das lectoras. Por que é tan importante para vós a materialidade dos libros?
Nós o que queremos é que a edición estea a altura do texto. E tamén, por outra parte, por deferencia ás autoras e autores, que lle dedican moitas horas da súa vida a escribir. Se nós queremos facer atractivos os libros -porque ao final o que nós queremos é vender-, unha boa edición ten que acompañar os textos. Buscamos textos de calidade, entón non os poderíamos editar sen coidado e sen mirar até o último detalle. Somos unha editorial pequena e non temos moita visibilidade. Cando chegas a unha libraría hai moitísimas obras de onde escoller, entón, tamén queremos que o visual nos axude a vernos entre tanta publicación. 

Mais tampouco nos gusta falar do libro como obxecto porque parece que falas de algo que admiras pero non tocas. Non queremos iso, senón que as edicións sexan bonitos e estean coidadas. A verdade é que as autoras e os autores están contentos e sempre nos din que lles gusta o resultado final. Iso para nós é moi importante.

Hai algún posicionamento detrás do feito de que o 90% do voso catálogo estea asinado por mulleres?
Claro que o hai, mais tampouco quere dicir que só imos publicar mulleres. É verdade que, até agora, as mulleres son quen nos fixeron chegar eses textos que nós estabamos a buscar. Agora acabamos de publicar a Antonio García Teijeiro e está claro que publicaremos máis homes, pero si que, polo momento, as mulleres son quen nos están a fornecer o que nós buscamos. Ou mesmo o que elas están a procurar como autoras é o mesmo que nós estamos a procurar como editoras. Penso que é iso, pero non é que sexamos excluíntes nese aspecto.

Nunca publicariamos un texto que non nos gustase como lectoras e esa é a nosa premisa principal

En que radica para vos a importancia de editar en galego nun contexto de conflito lingüístico?
O persoal é político. Para nós publicar en galego tamén é un posicionamento e está ligado a nosa forma de entender o mundo. Non sei se nalgún momento publicaremos noutro idioma, pero nunca pensamos en non o facer no noso idioma porque cremos que é algo que hai que naturalizar e normalizar. Tamén hai moitísima xente que non é galego falante pero que le en galego, do mesmo xeito que os que somos galegos falantes lemos noutro idioma.

Respecto á demanda, cal é o estado da literatura xuvenil no sistema editorial galego? Pregúntovos, sobre todo, porque, no voso catálogo, é o xénero que predomina.
A nosa idea é publicar dous libros de cada colección ó ano, pero é verdade que adoitamos comezar con dous xuvenís. Eu creo que a literatura tanto infantil, coma xuvenil galega están nun bo momento. Nós lemos moito do que se publica e podemos dicir que non temos nada que envexar doutros sistemas literarios. A verdade é que desde o noso punto de vista, este xénero está nun punto moi alto. 

O longo destes case tres anos de traxectoria, que foi o máis complicado para vós como editorial?
Nós somos unha cooperativa e o que nos costou moitísimo foi arrancar a nivel burocrático porque tiñamos que facer os estatutos e  algúns outros trámites que non coñecíamos moi ben. O que pasa é que tivemos axuda de EspazoCoop para formar a cooperativa a nivel legal. A nivel editorial, foi moi complicado editar os primeiros libros. De feito, tivemos que pedir un préstamo bancario persoal para poder facer as impresións. Quero dicir que persoalmente estamos a facer un esforzo moi grande. Agora que xa todo está a andar, o que máis nos custa é a visibilidade: chegar a que nos centros se nos coñeza, que haxa máis librarías interesadas nos nosos libros.

Hai unhas semanas presentaches o IV Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno. É unha iniciativa nada en Cuarto de Inverno?
A iniciativa xurdiu da familia de María Victoria Moreno. Esta é a cuarta convocatoria. As dúas primeiras convocáronse noutra editorial e as dúas ultimas en Cuarto de Inverno. É un proxecto de colaboración entre a familia de María Victoria, o consello de Pontevedra e o Salón do Libro. Nós colaboramos coa publicación. E aproveito para lembrar que o prazo para enviar os orixinais remata o 30 deste mes de xuño.

O prelo
Be Water: Ecoloxismo e literatura
A obra de Antía Yáñez propón un horizonte distópico para imaxinar as consecuencias da crise ecolóxica que vivimos.

Hai un punto en común entre este certame e as vosas dúas publicacións da  colección infantil. Todas elas recollen a figura de mulleres importantes para a literatura galega.
A nivel persoal, a figura de María Victoria Moreno é moi importante para nós. Por iso, colaboramos co premio. O que nos gustaba dela, ademais das súas historias, que eran moi bonitas, era o seu carácter reivindicativo. Con respecto as nosas publicacións: non todos os títulos da colección infantil van ser biografías, pero si que as dúas que temos (As mil vidas de Dorotea e A mestra corremundos) o son. As mil vidas é unha obra de teatro sobre Dorotea Bárcena que foi unha das grandes pioneiras do teatro galego, pois foi a primeira directora do Centro Dramático Galego e ten unha vida apaixonante; tivo moitísimas compañías, e, de feito, deixou o seu traballo de mestra, que xa era un traballo estable, para dedicarse ao teatro. O libro de Lorena Conde é unha obra de teatro onde a mesma Dorotea é a protagonista.  Logo por alí entran en escena tanto personaxes que ela mesma inventou, coma persoas da súa vida real. Entón é unha obra de teatro biográfica na que hai tamén ficción. 

E con A mestra corremundos o que estamos a tratar de recuperar é a figura de Pura Vázquez, á quen xa se están a tardar en dedicarlle as Letras Galegas. Esta obra de Arancha Nogueira céntrase en Pura, pero a súa irmá Dora é a narradora. As irmás fan un percorrido polas súas zonas favoritas de Ourense, aquelas nas que tiveron experiencias importantes. Así, o libro lévanos nun percorrido por Ourense ó mesmo tempo que pola vida de Pura e Dora. Entón queriamos reivindicar tanto o papel de Dorotea Bárcena como actriz, dramaturga e directora teatral e de Pura Vázquez.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
El Salto Radio
El Salto Radio Centenari de Josep Maria Llompart
Demà fa un segle del naixement d’aquest poeta mallorquí que sacrificà la seva vocació per mor de les exigències de la cultura que abraçà.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.