O prelo
Contra os estereotipos das mulleres inmigrantes, a integración sociolingüística

Fronte ao reforzamento colonial da representación da muller inmigrante como un ser  despersonalizado e homoxéneo, publícase un libro para visibilizar as condicións e os obstáculos das mulleres inmigrantes asentadas na Galiza.

25 jul 2020 08:16

Alén do fenómeno histórico da emigración, pouco se fala do tránsito migratorio na Galiza. Porén, a maioría de información que chegamos a atopar redúcese a resultados estatísticos que reflicten cantas persoas nadas no estranxeiro viven no territorio galego, en que traballan, onde viven... 

Podería chegar a ser contraproducente que a información máis á man sobre as persoas inmigradas sexa aquela na que o colectivo se reduce a números. Sobre todo porque non hai comunidade máis homoxeneizada e estereotipada nos medios de comunicación que esta. 

Precísanse máis achegas ao tema nas que as inmigrantes deixen de ser cifras, coas que poidamos coñecer as historias para facer unha análise profunda e próxima á realidade, que sexan realmente útiles no momento de crear políticas de integración. 

Muller inmigrante, lingua e sociedade enmárcase nesa liña de traballo: o libro, publicado no ano 2017 pola Editorial Galaxia, concentra unha serie de ensaios produto de investigacións con perspectiva de xénero sobre a incorporación social e lingüística das mulleres inmigrantes que residen en territorio galego.  

Esta publicación xorde como un resultado do proxecto de investigación Muller inmigrante, lingua e sociedade: Novas perspectivas para a integración, que nace no 2014 cunha perspectiva intercultural. As investigadoras do proxecto, que son as autoras do libro en cuestión, na súa maioría pertencen ao persoal docente da Universidade de Vigo e da Universidade da Coruña. As contribucións que compoñen o libro fixéronse desde distintas disciplinas como a sociolingüística, socioloxía e demografía.   

A LINGUA, A IDENTIDADE 

Muller inmigrante, lingua e sociedade logra facer un retrato amplo e complexo sobre a realidade que atopan as mulleres estranxeiras que se asentan na Galiza. No libro podemos ler sobre o estado das políticas en materia de migración, os campos de acción e os obstáculos aos que se enfrontan as ONG’s e as asociacións de migrantes, o papel das linguas de orixe,  a integración da lingua galega, as problemáticas que as mulleres inmigradas enfrontan no proceso de asentamento... 

Un dos grandes acertos da investigación que deu pé ao libro, foi o método cualitativo que as investigadoras empregaron para obter a información necesaria para o seu estudo e análises. En total, realizáronse sesenta e catro entrevistas a mulleres nadas en Asia, África, América e Europa, complementadas con vinte e nove entrevistas a integrantes de ONG’s e de asociacións de inmigrantes.  

O libro busca contribuír ao debate sobre a integración social, lingüística e cultural das mulleres inmigrantes no contexto galego. Debate necesario no marco da perspectiva etnocentrista coas que as sociedades receptoras en Europa tenden a minimizar as linguas e as culturas das inmigrantes.  

“As políticas de integración en numerosas sociedades receptoras, como a galega, enmárcanse nunha ideoloxía asimilacionista e de absorción da diversidade, pola que se minimizan as achegas doutras culturas. (...) Unha integración satisfactoria -e coherente cunha sociedade diversa- acadaríase mudando a asimilación pola interacción en condicións semellantes”. 

Así, o libro abre cun primeiro capítulo a cargo da profesora Antía Pérez no que fai unha análise demográfica do territorio galego e amosa como a inmigración ten axudado a regular e aliviar o déficit de poboación e as súas  posibles consecuencias sociais e económicas.  

Este efecto benéfico da migración sobre a sociedade galega (e en xeral sobre a maioría dos países da Unión Europea) é sistematicamente invisibilizado por discursos políticos que constrúen unha representación unilateral dos inmigrantes como “os portadores de malas novas, os representantes da exclusión, aqueles aos que temer porque representan xustamente a posición social que produce pánico moral na clase media (desclasada) occidental”.  

Esta narrativa que continúa xerar prexuízos que simplifican a subxectividade migrante é complementada por os recortes dos fondos destinados aos estranxeiros. O Fondo para a integración, acollida e reforzo educativo das persoas inmigrantes, que no ano 2011 tivo unha partida de 67 millóns de euros, foi suspendido ao ano seguinte. 

A partir das entrevistas realizadas a integrantes de ONG’s e asociacións de inmigrantes, Iria Vázquez Silva descubre que na realidade, “son os fondos comunitarios os que sosteñen a política específica de atención á poboación inmigrante tanto a nivel galego como no conxunto do Estado español” , e afirma que os recortes “revelan que, desde sempre, as administracións consideraron á poboación inmigrante unicamente como man de obra, en non na súa calidade de cidadáns, o que explica a falta de coherencia e constancia nos programas de integración dos dereitos himnos de persoas e colectivos máis vulnerables dos últimos anos”. 

Na segunda parte do libro, a maioría de ensaios céntranse en indagar a situación sociolingüística das mulleres inmigrantes, partindo da concepción da lingua coma “unha forma de construción e negociación da identidade”. 

Por unha banda, as entrevistas revelaron que “as persoas estranxeiras, ao chegar a Galicia, absorben os prexuízos lingüísticos sobre o galego existentes na sociedade, o que provoca a consideración do español como unha lingua de prestixio”.  

Muller inmigrante, lingua e sociedade fai fincapé no problema da ideoloxía lingüística xeneralizada no Estado español que “enxalza unha variedade da lingua española ‘auténtica’ ou ‘estándar’. Nun marco histórico, político e económico concreto de discriminación lingüística cara a falantes de variedades estigmatizadas no imaxinario social que evidencian o seu afastamento da “lingua orixinal”.  

Así, o libro deixa manifesto que “a discriminación lingüística é, en realidade, un indicador dunha discriminación social xeneralizada”, un apunte pertinente sobre unha cuestión que aínda até o día de hoxe está invsibilizada e, en certos contextos, negada. 

A INTEGRACIÓN CON PERSPECTIVA DE XÉNERO  

A vella tradición dos estudos sociolóxicos e antropolóxicos de ver aos suxeitos de estudo como iso “outro” que serve para estudar, aínda está arraigada en moitas das perspectivas das investigacións académicas. As autoras de Muller inmigrante, lingua e sociedade desvincúlanse dese xeito de traballar  e encárganse de presentar ás mulleres inmigrantes como suxeitas capaces con vontade e desexos propios.  

Este foco confronta unha vez máis á imaxe unilateral da subxectividade migrante e resulta alentador, sobre todo nos capítulos que se aproximan ás asociacións de inmigrantes na Galiza que traballan arduamente por o mantemento cultural e lingüístico coma unha actitude de resistencia.  

“De todos os xeito, constrúese unha identidade imaxinada –europea, española, ou incluso galega- en contraste coa alteridade foránea, descoñecida, e estraña. Neste capitulo, queremos aplicar unha mirada feminista para entender o papel das propias mulleres inmigradas no desenvolvemento deste proceso.”  

A perspectiva feminista neste libro nótase, como xa foi apuntado, no xeito de traballar e aproximarse ás mulleres entrevistadas: traballar a partir das subxectividades, respectalas e coidalas é un dos grandes aportes que deixou a teoría feminista. Mais, sobre todo, os estudos de xénero fan a súa aparición na análise da información cara aos últimos tres capítulos do libro onde se presentan os casos das mulleres latinoamericanas, marroquís e magrebís. 

“A categoría ‘muller’ está influída por outras categorías identitarias, como a situación étnica, de clase, ou outras. Dende a perspectiva occidental estas categorías tenden a ser obviadas, o que leva a construír unha imaxe estereotipada da ‘muller inmigrante’ fronte a outra -tamén estereotipada- da “muller occidental”. A primeira caracterízase como pobre, ignorante, tradicional, submisa; a segunda como ilustrada, moderna, con controlo sobre o seu corpo , e con liberdade de decisión.” 

Ler sobre a situación das mulleres magrebís, marroquís, latinoamericanas, ter acceso as entrevistas, as súas palabras abre a mente a contextos e culturas que doutra maneira son mantidas nas sombras e segregadas pola falta de recursos e políticas de integración realmente efectivas. Estes focos centrados en deshomoxeneizar ás mulleres migrantes abren á porta a empatía e poden ser unha base desde a cal reflexionar sobre os xeitos de relacionarnos interculturalmente. 

Cara ao futuro 

Muller inmigrante, lingua e sociedade é sen dubida un aporte fundamental e necesario que sinala e expoñe erros e irregularidades das políticas de integración ao cargo dos gobernos. Ao mesmo tempo, poñe en evidencia a relevancia, as vantaxes e as oportunidades que abrirían estas políticas para o benestar das persoas migrantes e a sociedade en xeral.   

“É necesario desenvolver políticas e prácticas interculturais que recoñezan a diversidade en todas as súas manifestacións, combatan activamente os prexuízos e as discriminación, e eliminen os discursos e actitudes populistas e xenófobos no espazo público.  

Se precisa da mediación intercultural non só para superar as barreiras idiomáticas que poidan existir, senón, sobre todo, para resolver os choques culturais que se poidan producir e camiñar así cara ao achegamento e entendemento”. 

Aínda que os ensaios que compoñen o libro están redactados cunha escritura  académica, a lectura non é excluínte. Ao final, vale a pena ler este texto para reafirmar que a interacción e o recoñecemento das culturas é sempre un exercicio que se fai en dobre sentido, non é unha responsabilidade unidireccional, senón que inclúe a toda a cidadanía que habita en contextos interculturais.  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Melilla
Opinión A tres años de la masacre de Melilla del 24J, ¿qué ha cambiado?
Lo que aconteció en 2022 es otra huella de la rutina neocolonial y racista de este enclave español en la frontera sur. El hecho nos permite recordar las necropolíticas racistas invisibilizadas en los juzgados y las esferas mediáticas.
Personas refugiadas
Asilo y refugio El asilo crece en España hasta el 18,5% pero se queda muy lejos del 46,5% de la media europea
A pesar de que aún no se conoce ningún borrador por parte del gobierno español, CEAR considera que una nueva Ley de Asilo apegada a los derechos de la movilidad podría posicionar a España al frente de la Europa de los valores y derechos.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.