O prelo
O que a marea esconde: unha homenaxe ao noir británico

Aira editorial publica a última novela de María Oruña, a autora que mudou a avogacía pola escritura de novela negra.
4 sep 2021 09:20

Un berro arrepiante interrompe a festa. O que comezou sendo unha exclusiva celebración a bordo dunha goleta na baía de Santander, pronto se converteu na escena dun crime perfecto. A lista dos posibles asasinos redúcese ás invitadas da festa e á tripulación. Con todo, non só non hai sospeitosos, senón que ninguén se explica como a vítima puido ser asasinada coa porta pechada. Sen rastros da arma homicida, sinais de suicidio nin algunha pista que poda xerar unha causa probable, a tenente encargada do caso, Valentina Redondo, terá que resolver o crime máis complicado da súa carreira mentres intenta recuperar as rendas da súa propia vida. 

María Oruña naceu en Vigo no ano 1976. Durante dez anos exerceu coma avogada laborista e mercantil antes de tomar a decisión de se dedicar por completo á escritura. Auto-publicou a súa primeira novela, La mano del arquero, no 2013. Hoxe, ten cerca dunha decena de libros publicados.

O que a marea esconde forma parte da saga “Los libros del Puerto Escondido”, unha serie de novelas negras protagonizada pola tenente Valentina Redondo. A súa edición en galego foi traducida por César Lorenzo e publicada pola editorial Aira, sendo así o primeiro libro da saga en ser traducido á lingua natal da autora.

O primeiro que chama a atención do libro é que cada un dos capítulos que o conforman é precedido por epígrafes que citan fragmentos das grandes paradigmas da novela negra, as cales gardan certa relación coa diéxese do capítulo. Isto, ademais de xerar unha especie de estrañamento brechtiano, que lembra continuamente á lectora que está a ler é unha novela negra, en realidade reflicte unha das intencións da autora: que O que a marea esconde sexa lido coma unha homenaxe á literatura noir británica. 

Para empezar, tanto a estrutura, coma as características do crime a resolver son unha referencia directa ás grandes novelas de cuarto pechado. Neste sub-xénero de novelas, o obxectivo central é resolver un tipo de crime aparentemente imposible de solucionar por unha sinxela razón: a vítima foi asasinada nunha habitación na que ninguén puido entrar nin saír. O exemplo máis significativo deste tipo de relatos é xustamente a obra que inaugurou o xénero noir: Os crimes da rúa Morgue (1841) de Edgar Allan Poe, obra que tamén se fai presente na novela de Oruña de xeito explícito a través dun epígrafe.

Ao longo de O que a marea esconde, recoñecemos outro tipo de características do xénero noir británico, como a estrutura xeral que se basea en presentarnos o crime, procede a levarnos a redor da investigación para, finalmente, chegar á resolución. Con todo, a detective desta novela, achégase máis á tradición noir norteamericana, en que a protagonista non é a detective modelo, senón que aparece representada coma un ser humano que comete erros e cuxa subxectividade e trama persoal é crucial tanto para a novela, como para a resolución do crime. 

A tenente Valentina Redondo é unha profesional respectada por todo o seu equipo. A súa ética, liderazgo e determinación lembra á lendaria detective Olivia Benson da serie policiaca A Lei e a orde: Unidade de Vítimas Especiais. Rendondo é unha personaxe feminina forte que rompe cos paradigmas clásicos do xénero literario, cuxas historias adoitan estar protagonizados por homes detectives. A personaxe de Oruña é sobrevivinte dunha traxedia que rachou en dous a súa vida. Este acontecemento, revélase ás lectoras na trama. Isto fai que a novela adquira complexidade porque hai unha trama secundaria que mantén a atención ao longo de todo o libro. 

Con todo, en puntos específicos da obra, aparece unha serie de fragmentos que resaltan estilisticamente do resto da obra. Trátase de fragmentos en que a voz da narradora muda da omnisciencia da terceira persoa do singular a unha primeira persoa do plural para, así, incluírnos en reflexiones sobre a esperanza, a dor, o destino e a fraxilidade humana. A autora usa estes fragmentos para sentar o ton do capítulo ou para transmitirnos a conmoción dun personaxe. A maioría destes parten do paradoxo, do contraditoria que pode ser a vida ás veces. A voz narradora tórnase sabia e xáctase de coñecer a fondo a experiencia humana e fala de certas reaccións e emoción coa certeza de que é algo universal. Dá por feito que todas as lectoras poderán sentirse identificadas. 

O contido destes fragmentos é tan recoñecible e semellante que terminan por expor o artificio. A súa irrupción na obra, que só dura unhas cantas liñas, adquire un carácter pretensioso e parecen estar escritas ás marxes. Esas mudanzas narrativas non terminan de encaixar co resto da novela e, pola contra, terminan por reiterar o que, uns cantos parágrafos máis adiante, a narradora omnisciente describirá. 

En termos xerais, O que a marea esconde demostra a habilidade da autora, pois presenta un libro estruturalmente impecable en relación coas características do xénero noir, cun gran e diverso abano de personaxes e cun dominio sobre a trama porque a sensación de intriga mantense até o final.

Finalmente, é importante destacar o arduo e rigoroso traballo de investigación que a autora fixo sobre os procesos de investigación. Os métodos de traballo corresponden cos que realmente emprega a Unidade Central Operativa da Garda Civil na resolución de crimes. Isto, auñado á fidedigna descrición de detalles e de certos escenarios da novela que fan referencia a espazos reais da cidade de Santander, como o Palacio de la Magadela, fan que a obra adquira a verosimilitude tan necesaria para este xénero literario. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
El Salto Radio
El Salto Radio Centenari de Josep Maria Llompart
Demà fa un segle del naixement d’aquest poeta mallorquí que sacrificà la seva vocació per mor de les exigències de la cultura que abraçà.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.