O prelo
Instrucións para convertirse en fascista: cando o inimigo tamén somos nós

O último ensaio de Michela Murgia dimensiona o alcance que o totalitarismo pode ter na nosa sociedade. Canto fascismo hai en quen nos cremos antifascistas?

Libro Michela Murgia
29 may 2020 20:33

Que é o que ten o fascismo que non desaparece do espectro político desde hai décadas? Intentamos non nomealo en público como se o acto de facelo puidese invocalo, pero ao final o fascismo tende a aparecer e reaparecer unha e outra vez. Con todo, a realidade é que o noso murmurar foi en van. Nunca desapareceu. Estivo ao noso carón todo este tempo e, por se fora pouco, nin sequera estivo tan agachado como pensabamos.   

Michela Murgia (Sardeña, 1972)  ten escrito dramaturxia, ensaio e recibiu varios premios polo seu traballo de narrativa. A súa conciencia e  convicción política levárona a declararse publicamente a favor da independencia de Sardeña e postularse en 2014 como candidata das eleccións rexionais do mesmo territorio, así como a mobilizarse na defensa das refuxiadas que chegan ás costas europeas.  

Murgia é a autora de Instrucións para converterse en fascista, o cal, pouco despois de publicarse en Italia no 2018, foi editado en galego pola editorial Rinoceronte. O libro é unha importante achega ao pensamento que se encarga de loitar contra o autoritarismo, pola claridade e franqueza coa que explica o horizonte político occidental. No en tanto, a sinalización non se fai  soamente á clase política; cun ton irónico e didáctico a pluma de Murgia interpela as súas lectoras con miras a facer un pertinente exercicio de autoanálise.  

Como ben se pode intuír polo título, Instrucións para converterse en fascista, está escrito na forma dun falso manual. O libro presenta unha serie de argumentos “lóxicos” que ilustran como a retórica fascista pode chegar a ser razoable e desa maneira estenderse.  

“Manipulando os instrumentos democráticos pódese converte en fascista un país enteiro sen sequera chegar a pronunciar a palabra “fascismo”, que podería suscitar hostilidade mesmo nunha democracia esvaída, senón logrando que a linguaxe fascista sexa aceptada socialmente en todos os discursos, axeitada para todos os temas, coma se fose unha caixa sen etiquetas –nin de dereitas nin de esquerdas- que pode pasar de man en man sen que o seu portador teña que ver directamente co seu contido”.   

Para escribir o libro, a autora toma como referencia principal a ditadura italiana, mais sorprende que, aínda que a autora nunca mencione o réxime fascista de Franco, se poda facer sinxelamente unha analoxía coa situación actual do Estado español. Desta maneira, Instrucións para converterse en fascista, destaca a característica que logra que o pensamento fascista para infiltrarse na sociedade e sobrevivir a través das décadas: non é unha proposta política concreta senón só unha serie de ideas sen fundamento que son fáciles de reproducir. Pode ser que iso poda explicar como é que, por máis que se “mude” de orde político, algunhas cousas si que quedaron ben atadas.   

”O detonante para afirmar a necesidade da violencia empeza, de feito, moito antes: na linguaxe”. 


Detrás da invocación da liberdade de expresión, da crítica política ou da sátira, a intención é “Provocar o pensamento violento coa esperanza de producir a acción conseguinte”.

Mentres Michela Murgia danos ideas para ser un mellor fascista, no ataque que fai contra a memoria, deixa clara a importancia da lembranza na loita contra o totalitarismo e que , “perdoar”, “Esquecer para  avanzar e para non crear divisións”, son frases que axudan á modificación da historia e deixan aberto o campo para a instalación de novas narrativas. Murgia apunta: “a memoria é un feito político e a memoria da guerra o máis político de todos os feitos”.

Para enaltecer o pensamento fascista no seu libro, a autora fai un xogo comparativo entre a democracia e o autoritarismo. Ao longo dos capítulos, faise unha pertinente sinalización dos erros  tanto dun sistema político, como do outro. Mais, dificilmente poden ser opostos, nin tampouco se trataría de escoller un dos dous por exclusión. Para empezar, porque hai máis opcións de organización social pero tamén porque xa temos comprobado que o fascismo de hoxe opera e ten xogo político aínda nun sistema democrático.  

Mais, quizabes o máis importante do libro é o feito de que estea dirixido á todas as persoas con privilexio branco do Norte global, e interpélaas ao poñer en evidencia que hai frases que todas temos pensado nalgún momento da nosa vida, por máis que as nosas conviccións sobre a xustiza social, racial e de xénero sexan claras.   

Murgia logra que nos decatemos que os fascistas non son eses “outros” e que non son diferentes a nós. Desa maneira, a autora fai unha invitación a facer un autoanálises xa que traballar en contra do fascismo desde o noso lugar é unha obrigación ética e moral.  

En Instrucións para converterse en fascista, Michela Murgia expón que o fascismo nunca se foi e que está no discurso público que é, na súa aparencia, inofensivo.   

“O problema é establecer quen non está implicado en parte na lexitimación do fascismo como método, é dicir, canto fascismo hai nos que se cren antifascistas. O risco é dicir: se todo é fascismo, nada o é. Non é así. Non todo é fascismo, pero o fascismo ten a fantástica capacidade, se non vixiamos constantemente, de contaminalo todo”. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
El Salto Radio
El Salto Radio Centenari de Josep Maria Llompart
Demà fa un segle del naixement d’aquest poeta mallorquí que sacrificà la seva vocació per mor de les exigències de la cultura que abraçà.
#62109
31/5/2020 0:06

El fascismo y el comunismo beben de la misma fuente
Violencia Dominio y sumisión a unas élites que solo quieren aniquilar la libertad.

0
0
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.