O prelo
Quando grupos vulneráveis são feridos

A novidade editorial da colección Aliceres de Através Editora, abre a reflexión sobre as problemáticas que supoñen a categoría “crimes de odio” na loita contra a discriminación a nivel xurídico.
24 jul 2021 10:48

No 2019, a Fiscalía General del Estado, estableceu as regras interpretativas para os crimes de odio logo de constatar que este tipo de delitos aumentaron nas redes sociais e no internet  durante o ano 2016. Con todo, unha das regras interpretativas non tomaba en conta a vulnerabilidade histórica ou sistemática dos colectivos que son agredidos. Foi así que, na Circular 7/2019 ditada pola fiscalía, afirmouse que “...unha afección a unha persoa de ideoloxía nazi ou a incitación cara ao citado colectivo pode ser incluída neste tipo de crimes”. 

Grazas ás críticas sobre este aspecto, esta Circular terminou por quedar sen efecto en resolucións xudiciais posteriores e comezáronse as modificacións pertinentes para tentar rachar coas sentencias de altos tribunais españois nas que se xogaba con conceptos como odio e ideoloxía. De tal xeito que daban a entender que calquera persoa e colectivo podía ser obxecto dun crime de odio.

Quando grupos vilneráveis sao feridos é un texto divulgativo que pretende dar luz sobre o xeito en que os crimes de odio son tratados a nivel xudicial e abre a reflexión sobre como as sentencias inciden na nosa vida cotiá.

Xoán-Antón Pérez Lema (Coruña, 1964) é avogado, político e escritor. Como asesor xurídico do consello da Xuventude de Galicia, defendeu a supresión do servizo militar obrigatorio. Foi profesor na Universidade de Vigo e na Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados, así como secretario xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia entre 2007 e 2009. Ten colaborado en varios medios informativos de distinto formato. Actualmente e desde o 2012 leva un blog persoal “Mirando polo noso”, onde escribe con regularidade sobre varios temas de actualidade. Quando grupos vulneráveis são feridos: A figura jurídica dos crimes de ódio é o seu primeiro libro publicado de xeito individual e foi editado pola editorial Através na súa colección Aliceres.

Este libro encárgase, en primeira instancia, de definir e esclarecer que un crime de odio se refire a “qualquier ato tipificado como delito pela lei penal, motivado por um preconceito relativo a uma característica específica da pessoa que representa uma condição ou qualidade substancial da identidade do grupo a que pertence.” Esas características do preconceito adoitan referirse ao xénero, etnia, orientación sexual, relixión, lingua ou ideoloxía e protexense “por constituírem uma identidade comum d grupo ou coletivo e por refletirem um elemento essencial da identidade da pessoa”.

Nos seguintes apartados, Pérez Lema fai unha revisión da forma na que as institucións, as normativas legais e penais que tipifican os crimes de odio en catro latitudes particulares: España, Portugal, Brasil e Estados Unidos. Esta mirada permítenos facer un exercicio comparativo que axuda a atopar as contradicións de cada país, así como o avance e o retroceso en materia de dereitos humanos con respecto ós outros territorios.

A este amplo abano de exemplos, súmase tamén unha revisión do acervo casuístico que sinala un dos maiores obstáculos para poder punir os crimes de odio a nivel legal: a escura liña que divide o que por definición se trata como “crime de odio” e a liberdade de expresión.

No caso de Estados Unidos, por exemplo, non existe unha tipoloxía legal que puna os crimes de odio. Só é un agravante. É dicir que, como non están regulados, os criminais non poden ser sancionados penalmente “a menos que fosse dirigido diretamente e com a intenção de gerar uma ação violenta iminente, incitando ou produzindo, verdadeiramente, uma ação desta natureza. Ficavam descartados, desta maneira, discursos a favor da violência que não gerassem um perigo de tal intensidade.” Isto explicaría por que nos Estados Unidos son moito máis “tolerantes” cos discursos políticos da ultradereita que emanan odio, a diferenza do que se permite no campo do discurso público na Unión Europea, por exemplo.

Con todo, Xoán-Antón Pérez Lema fai fincapé en que a doutrina norte-americana non está tan afastada da Convención Europea dos Dereitos Humanos: “Em primeiro lugar, na Europa defende-se como prevalente a liberdade de expressão, mas pune-se o discurso de ódio como manifestação de um abuso desse direito; abuso que, aliás, atenta contra os direitos fundamentais e contra a dignidade humana, construída a partir desses valores. Permitem-se, no entanto, manifestações mais leves desse discurso de ódio que não ameacem gravemente os próprios valores”.

No caso concreto do Estado español, o autor fai referencia ás resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña e doutros tribunais cataláns con respecto ás denuncias que se fixeron contra varias presidencias de cámaras municipais e políticos e activistas sociais, logo do referendo do 2017. As denuncias foron “canalizadas pola via dos crimes de ódio” polas súas agresións cara ás forzas policiais. É dicir: chegouse a determinar que, como as agresións foran feitas cara a un colectivo específico, podía tratarse dun crime de odio. Este precedente ameritou unha nova delimitación con respecto a quen son as vítimas dos crimes de odio.

O campo interpretativo da lei era aínda tan amplo que os colectivos nazis, os corpos policiais podían ser protexidos do mesmo xeito en que se protexen ás vítimas de feminicidios ou ás de agresións e asasinatos racistas ou homófobos. Ó final, a Audiencia de Barcelona determinou que os corpos policiais “não constituem um coletivo ao abrigo da definição espanhola de crimes de ódio”, pois formaban parte dunha institución pública e, polo tanto, eran neutros nun carácter ideolóxico.

“Os crimes de odio dividem as comunidades, porque, em geral, são cometidos contra grupos que sofrem ou sofreram historicamente, alguma forma de discriminação. Portanto, exigem uma resposta proporcionada e suficientemente eficaz para que os poderes públicos não emitam uma mensagem de tolerância face os mesmos. Essa tolerância quebraria a coesão social e daria impulso á repetição das condutas, até mesmo ao nível do confronto civil”.

Asi, a través do seu texto, Pérez Lema alude directamente ás institucións estatais e Tribunais, pois son estes os que terminan por legalizar ou sancionar os discursos de odio nunha sociedade. Nese sentido, Quando grupos vulneráveis são feridos, axuda a comprender a importancia que teñen os marcos legais na nosa contiandade, pois son as lexislacións as que definen o funcionamento dunha sociedade, estruturan e avalan un xeito de actuar e así, as normativas,  fallos  e toda a literatura xurídica é a representación da postura do Estado. Serán estas as que pasarán ou non a mensaxe de que certos grupos son benvidos e estarán seguros nunha demarcación.

Aínda que a elección de países que son estudados no libro termina por dar a sensación de que a Unión Europea é a máis avanzada en materia de defensa de dereitos humanos, o autor achega algunhas críticas importantes ó seu sistema xurídico. Mais o que é salientable é que este libro, malia ser un material divulgativo escrito en maior medida con linguaxe especializada, é bastante accesible para calquera que pretenda lelo. Quando grupos vulneráveis são feridos non só axuda a esclarecer os conceptos e cuestións clave para dotarnos de ferramentas coas que poidamos crearmos un discurso para defender a dignidade e igualdade de todas as persoas. É un libro que abre a reflexión cara a un problema ó que nos enfrontamos na actualidade: a apropiación de conceptos e xeitos de manifestación da esquerda pola ultra dereita. 

Cando Pérez Lema fala do tratamento de vítima ós corpos policiais ou ós colectivos nazis, acode a Judith Butler, pois é ela quen nos advirte “do perigo de sofrer expropriações dos valores por parte de quem os usa para a agressão. Em concreto, refere-se à utilização da doutrina dos direitos civis para tentar travar políticas de discriminação positiva”.

Nesse sentido, Quando grupos vulneráveis são feridos excede a materia xurídica e sitúanos no noso presente, con todas as contradicións e desafíos que temos por diante para defender a dignidade humana.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Feminismos
Andrea Proenza “Debemos aproximarnos a nuevos horizontes feministas en nuestra forma de amar”
‘Cartografías del deseo amoroso’ es el título de un ensayo intimista sobre chicas que quieren ser Bravo y buscan no solo el amor, sino un buen relato.
Literatura
Ensayo Qué (no) puede un cuerpo
Algunas novedades editoriales y tendencias audiovisuales sugieren retornos de modos de entender lo inhumano que fueron característicos de la neoliberal década de los 80.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.