O prelo
Strindberg sobre a repercusión do social nas nosas tormentas internas

Sacada do andel do esquecemento, a editorial Hugin e Munin publica en galego A xente de Hemsö, unha novela que indaga sobre os efectos coxunturais da desigualdade. 

21 ago 2020 22:23

Co fin de evocar o distante, August Strindberg escribiu, no medio dun exilio autoimposto, A xente de Hemsö, unha novela que logra retratar a vida na Suecia decimónonica. Mais o relato é moito máis que iso. É unha obra naturalista que posúe unha mirada crítica sobre as clases sociais e a condición humana, tema que Strindberg desenvolvería ao longo da súa vida e co que gañaría a estimación do seus lectores sueco. 

O POLÉMICO AUTOR  

Considerado, xunto a Ibsen, como un dos grandes precursores do teatro moderno, August Strindberg naceu en Estocolmo en 1849. A súa nai serviu como criada do seu pai por varios anos até que casaron, feito que, segundo a mirada das historiadoras, marcaría a formación de Strindberg e espertaría nel certa sensibilidade polo sentimento de desprazo do ambiente aristocrático dos colexios e lugares que frecuentaba na súa xuventude.   

A súa obra literaria é un referente fundacional para as vangardas surrealistas e para o teatro da crueldade e do absurdo. A súa figura pública foi igual de irreverente e  causou polémicas ao longo da súa vida, como cando foi obrigado a abandonar o seu país por atacar nunha novela satírica ao estamento político. Incluso dous anos antes de morrer, causou unha ultima controversia por publicar un artigo no que atacaba ao Rei Carlos XII de Suecia. 

Ademais das súa obra e as súas temáticas, o seu carácter oufano e insubordinado foi quizabes unha das razóns polas que o pobo sueco lle estimou tanto. Tras non lle ser outorgado o premio Nobel de literatura no seu último ano de vida, unha tarde de xaneiro do ano 1912, 10.000 persoas saíron á rúa a manifestarse levantando fachos ao compás da Marsellesa e a Internacional. A xente de Estocolmo, indignada polos resultados do premio, fixo unha colecta que alcanzou a suma do que hoxe equivalería aos 20.000 euros e llos dou a Strindberg, outorgándolle así unha sorte de “anti-Nobel”. 

A XENTE DE HEMSÖ 

Cun gran recibimento por parte das lectoras e da crítica, A xente de Hemsö publicouse por primeira vez no ano 1887. Máis dun século despois, a Editorial Hugin e Munin, rescata do esquecemento á novela publicáa por primeira vez en lingua galega en decembro do ano pasado coa impecable tradución de Marta Dahlgren. 

A historia segue a Carlsson, un home sinxelo e orgulloso, desde que este chega á illa de Hemsö para traballar como encargado de reanimar a produtividade da granxa e propiedades da viúva Flod. Alí se atopará co fillo dela e as outras persoas empregadas como criadas. 

A rutina rómpese cando este home convence a Flod de arrendar unha casa durante o verán. Para sorpresa da pequena comunidade, os anuncios xorden efecto e a casa é alugada por unha familia burguesa. 

A partir de alí, Strindberg relata o enfrontamento entre os dous mundos: o da servidume pobre e o da xente enriquecida. O autor reflexiona sobre o impacto que representa para as clases baixas relacionarse de cerca coa burguesía. 

As criadas de Hemsö, por exemplo, empezan a preocuparse polo seu aspecto e intentan vestirse dun xeito que se asemelle á limpa servidume que acompaña á familia que se hospeda na casa. Os outros servos da illa miran a vida sinxela e chea de descanso dos outros e tentan de imaxinar o que sería levar unha vida coma esa.  

 “Clara probou, nalgunha ocasión a poñer un puños brancos, pero pasouno mal cando a dscubriron e foi obxecto das crueis burlas dos demais por se atrever a competir coas criadas dos señores. Así e todo, os domingos desquitábase e amosaban unha gana de iren á misa nunca vista co único obxecto de vestiren as súas mellores galas” 

Mais é Carlsson quen muda de carácter tras este encontro que lle revela violentamente a súa verdadeira condición social e empeza a obsesionarse con mellorar a súa posición, obxectivo que persigue sen importar os medios cos que poda logralo.  

“Se callar porque o relato de Lina trastornou os recordos de Carlsson e os desordenou, ou ben porque este eslumecese por estar nas carnes do repartidos de cervexa, o caso foi que se colocou no papel de anfitrión, de aí que se intercambiase co convidado ao que lle ofreceran langosta, que bebese a cervexa  e que comese os champiñóns, e por se fose pouco, contoulle á vella estes feitos con toda a intención, que no fin de contas era o seu obxectivo principal...” 

Os enfrontamentos entre clases sociais soe estar presente en outras obras de Strindberg, como é o caso da obra máis afamada do autor: Señorita Julia, texto no que a loita de clases e do poder están encarnadas na aristócrata Julia e o criado do seu pai, Juan.  

A apatía e o resentimento cara á sociedade é, nas dúas obras, o que saca fora de si aos personaxes e os leva á auto-destrución. 

No entanto, por máis que Strindberg se afasta dun ton sentimental e recrúa as situacións e as accións dos seus personaxes, ao final, tanto en Señorita Julia, como en A xente de Hemsö, hai unha clara intención de desculpar e xustificar os impulsos e desexos. A traxectoria vital dos personaxes, o seu carácter e a mesma condición humana son os factores que desencadean as accións.  

Isto podemos observalo no momento en que  o fillo da vella Flod se queixa co pastor sobre as accións de Carlsson e o segundo lle responde: “Coido que non lle destes un trato xusto a Carlsson, e non entendo o que queres dicir con ‘maldades’. Dime... a vosa illa, en que estado se atopaba cando chegou? A caso non levantou e mellorou a túa propiedade? E logo non é certo que trouxo veraneantes? (...) Carlsson non fixo mal ningún. Era un home traballador, e fixo todo o que ti pensabas facer. Non xulgues a xente con tanta severidade. Debes comprender que hai máis opinións que a túa”.  

Neste caso, as decisións de Carlsson estarían delimitadas polas circunstancias e guiadas polas súas propias pulsións humanas que, no tratamento que lle da o autor, o eximen até certo punto de culpa. Non pasa o mesmo, quizabes, cos personaxes que encarnan a burguesía, quen operan sen empatía e se guían, sobre todo, pola ambición. A crítica á desigualdade permanece como a orixe das accións e aqueles empobrecidos, como as vítimas das circunstancias. 

APUNTES FINAIS 

A xente de Hemsö é unha novela curta que desde o primeiro parágrafo satisfai polas imaxes claras e precisas coas que Strindberg retrata a Suecia labrega do século XIX. 

A redacción dos títulos dos capítulos lembran ao distanciamento que utilizaría despois Brecht nas súas dramaturxias e postas en escena, pois anuncian los sucesos que terán cabida nese fragmento da obra. Isto torna atractivo (e dota dun pouco de humor) o relato e mantén á lectora querendo saber, non que sucederá, senón, de que xeito nos o contará o autor.  

Strindberg logra facer do relato do cotián, dos pequenos logros e derrotas do día a día, unha obra que flúe entre momentos tensos e laxos propios dunha sólida estrutura narrativa. A xente de Hemsö, a pesar de ser unha novela que nun primeiro momento puidera parecer anticuada nas súas formas e temáticas, atrapa, limpanos dos prexuízos aos textos clásicos, e mostranos as tempestades que podemos levantar con pequenas accións. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
El Salto Radio
El Salto Radio Centenari de Josep Maria Llompart
Demà fa un segle del naixement d’aquest poeta mallorquí que sacrificà la seva vocació per mor de les exigències de la cultura que abraçà.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.