Medio rural
Ir ao médico ou non se decatar de nada: cando o prexuízo fai mal á saúde

O estigma que cae sobre as poboacións labregas perpetúase con frecuencia nos centros de saúde, obstaculizando unha atención médica coidadosa, respectuosa e digna.  

2 ene 2021 10:31

A desatención médica nos ámbitos rurais é un feito que leva afectando á poboación da península desde hai tempo. Tan só hai uns meses, na comunidade de Castilla e León xurdiu o Colectivo por una Sanidad Rural Digna, o cal se manifestou tras a desaparición de varios consultorios e a redución de servizos básicos nas zonas labregas. Na Galiza, o pobo de Mondariz tivo que protestar por sete meses para que Sergas anunciase que a atención pediátrica (da que tamén se beneficia o Concello de Covelo) se renovaría.

A relación entre a poboación rural e o sistema de sanitario conta con algunhas particularidades que merecen ser revisadas en pos dunha melloría nas políticas sanitarias destes territorios.

Agora ben, aínda que este texto non se pretende centrar, como noutras ocasións, en sinalar as manifestacións do machismo na vida no rural, non é posible pasar por alto a súa implicación nos servizos sanitarios.

Síntoma/o machismo

Se algo de bo ten a estendida e cotiá gabanza do traballo físico no campo, é que acostuma manter activa a mente e o corpo daquela xente xubilada. Porén, é común que esta loanza termine por se converter nun valor moral que desprestixia a aquelas persoas que viven nunha aldea e non traballan a terra nin se adican aos animais. A reafirmación da identidade a través do traballo pode chegar até tal grao que os días de descanso son impensables e o corpo termina por se concibir, antes que ren, nunha ferramenta, algo que hai que usar e gastar até que aguante.

Isto, xunto cunha masculinidade que se constrúe ignorando/soportando/calando a dor e desestimando os coidados corporais –"que acostuma ser aspectos dos que se ocupan as mulleres”-, obstaculiza unha relación sensible co propio corpo. Unha das maiores consecuencias desta mestura nas subxectividades masculinas é o corrente hábito de non ir ao médico até que os síntomas e dores non poden ignorarse máis.

Quizabes isto está detrás do feito de que cada vez que un home asiste ao centro de saúde, a causa da súa visita acostuma ser tomada con máis seriedade. Lola Ferreiro Díaz, nun texto sobre a violencia machista que sofren as mulleres na atención médica, apunta que 25 por cento dos casos polos que as mulleres acoden ao médico son catalogados como psicosomáticos na primeira consulta. Este prexuízo ocasiona que ás mulleres se lles receiten psicofármacos con moita más frecuencia que aos homes.

Mais, no rural, ao prexuízo de xénero súmaselle certo ideario urbanita sobre a subxectividade das persoas que viven no rural.

Diagnóstico/A estigmatización de vivir no rural

Cando se chega a certa idade, as citas médicas forman parte da contiandade. Na miña aldea, é común que as veciñas se visiten unhas ás outras e se compartan as súas doenzas, que se relaten o que lles dixo o(a) doutor(a), que conten que estudos médicos lles fixeron e que lles receitaron...

É por estas conversas que sei o tipo de relación que acostuman ter co persoal médico. Flora, unha das miñas veciñas, leva máis dun ano cunha dor no ventre. Ten pasado por múltiples análises e toma unha cantidade incrible de pílulas. Mais, cando lle pregunto polo seu diagnóstico, Flora mira ó chan e sobe os ombreiros: “O médico non me explica nada. Sempre lle pregunto, mais sempre se enfada e me di as cousas de mala maneira e nunca me explica a causa das doenzas nin me comenta canto tempo vai durar o tratamento".

A actitude hermética de  parte do persoal médico repítese nas historias unha e outra vez. Podería pensarse que esta repetición, na realidade, se debe ao feito de que no centro de saúde só hai dous doutores para atender a toda a poboación do concello e que case toda a veciñanza comparte médico. Máis historias como as de Flora hainas en demasía e algunhas falan de experiencias que sucederon décadas atrás.

Como pode supoñerse, tamén é común escoitar que aos/ás pacientes non se lles informa para que son as medicinas que se lles receitan. Polo que ouvira, é coma se o persoal médico dese por sentado que a xente maior –e non tan maior- que vive no rural non fose a entender nin o diagnóstico nin o funcionamento dos fármacos.

Mais, ao negarlles unha explicación, se lles nega información á que teñen dereito e torce o vínculo que cada quen pode manter co seu propio corpo. Así, a relación  doutor/a-paciente, constrúese dun xeito xerárquico no que hai quen ten a información e decide unilateralmente o tratamento ao que se someterá a outra persoa. Como se a doente non tivese dereito a decidir nin saber o que lles sucede nin o que van a consumir.

Este tipo de relacións acostuman ser aceptadas polas miñas veciñas, que o viven con resignación. Despois de tanto tempo de cargar con certa estigmatización, sucumbiron a ela. “É xente estudada e eu, de todos os xeitos, non entendo ben desas cousas”.

Mais é contraproducente que o propio persoal médico dos medios rurais, traballe e se relacione influenciado por estes prexuízos sobre o rural e a súa poboación. Porque é por estes estereotipos que moitas veces non se escoita ás/aos pacientes.

Hai uns meses, Alejandro foi ao doutor porque tiña unha febre altísima. Explicoulle ao médico que lle doía a barriga, que sentía náusea e que tamén tiña dor nunha perna desde hai tempo. Ao cabo de quince minutos saíu de urxencias con medicamentos contra a intoxicación alimentaria.

Ao cabo de dous días volveu a atoparse mal e foi outra vez a urxencias, onde, sen sequera escoitaren o que Alejandro tiña que dicir, cun ton canso, dixéronlle: “Señor, tiene que ser paciente. Quédese en casa. Aún no le hace efecto la medicina.”

Alejandro seguía con febre e doente da perna ao cabo doutros dous días. Tivo a sorte de que unha veciña coñecía un médico. Esta quitoulle unha foto á perna e o médico respondeu que tiña que ir ao hospital, que tiña unha trombose que estaba a estenderse.

Os diagnósticos errados son sumamente comúns nas historias médicas que lles ouzo ás miñas veciñas. Os médicos avezan subestimar as dores e receitan pílulas contra a gripe cando o que a doente tiña era tan grave que o que en realidade precisaba era un transplante de pulmón. A frecuencia destes diagnósticos fai pensar que, máis que erros humanos, son erros ocasionados por certos prexuízos sobre a xente do rural á que non se lle escoita.

Contraindicacións

O que se di, como se di ou o que non se di, importa. E pode ser perigoso. Os prexuízos poñen en risco as vidas da xente que viven no rural. O ton autoritario, paternalista co que se infantiliza á poboación labrega, ademais, transcende o ámbito médico. Reforza e perpetúa relacións de subordinación e inciden directamente na autoestima das persoas.

As actitudes derrotistas e resignadas que poden crearse como consecuencia deste xeito de se relacionaren con certos profesionais (como poden ser os avogados, mestres, banqueiros, políticos...) calan até o punto en que se pode chegar a pensar que ese lugar subordinado é o que lles corresponde, como se ao final fose a súa culpa ou o seu fado por non estudar e quedar na aldea. Hai algo máis perigoso que iso?

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sanidad pública
Sanidad Más de ocho días de media para conseguir una cita con el médico de familia
Un 24,3% de la población declara haber tenido, en alguna ocasión, problemas para acceder a su médico o médica de familia. De estos casos, más de la mitad acudió finalmente a urgencias.
Comunidad de Madrid
Sanidad a la madrileña Solo dos pediatras se incorporarán a los centros de salud de la Comunidad de Madrid
85 médicos y médicas de familia entrarán en la plantilla. 15 de ellos irán en grupo a levantar centros de difícil cobertura que estaban caídos.
Comunidad de Madrid
Sanidad a la madrileña Camas cerradas y urgencias saturadas: el verano en los grandes hospitales de Madrid
Los pasillos de las urgencias del Gregorio Marañón rebosan de camas, mientras se cierran 300 en planta. En el conjunto de la comunidad los hospitales vivirán un verano con un 30% menos de camas, de media.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.