Feminismos
As Womansplainers: “É preciso dar voz ás mulleres, que non se nos interrompa”

O podcast galego, ‘As Womansplainers’, procura abrir un espazo nos medios de comunicación para que a opinión das mulleres sexa escoitada.
As Womansplainers podcast
Foto: Aldán Gundamaro
15 sep 2021 12:46

Segundo o informe GENDERCOM, impulsado pola Asociación de Directivos de Comunicación, o 56% das profesionais do sector da comunicación no territorio español, son mulleres. Con todo, os datos facilitados pola Organización de Naciones Unidas indican que as mulleres representan só o 24% das persoas que son vistas, lidas ou escoitadas nos medios de comunicación. Para facerlle fronte a esta falta de representación, xorde As Womansplainers, un podcast en que as mulleres reclaman a palabra e xeran contido creado a partir da experiencia feminina.

Falamos con todo o equipo do podcast: Sara Martínez, ‘A malvada profe’, ‘Saboridinha’ e ‘Ghanito’, sobre as particularidades e o futuro próximo do proxecto, así como da importancia de dar lugar a máis contido feito por mulleres.

A partir de que xorde As Womansplainers?
Saboridinha: O termo recollémolo da escritora Rebecca Solnit, que se fartou de que os homes lle explicasen cousas e inventou o neoloxismo mansplaining. Nós fixemos unha reviravolta coa palabra e deu este froito.

Por que escollestes o formato podcast? Que vos aporta este medio?
Ghanito: O podcast non esixe tanto tecnicamente e permite ter un resultado bastante decente sen precisar de grandes medios. Ademais céntrase na conversa que era algo que nos interesaba, deixando nun segundo plano a nosa imaxe. Co tempo desapareceu un pouco o reparo a aparecer e mesmo fixemos un directo no Twitch para despedir a tempada.

Con todo, en principio deixaremos o vídeo para episodios especiais ao vivo nos que partillemos o momento coa xente que nos escoita. Mais, sobre todo, continuaremos facendo podcast, para que as ouvintes poidan escoitarnos onde, como e cando queiran.

As Womansplainers aparece no marco da pandemia. Hai algunha relación? Como repercutiu a pandemia na realización do programa?
 Saboridinha: A pandemia foi un momento de eclosión para os podcasts. Moitas persoas pasaron un confinamento duro e en soidade. Este formato foi tanto unha compañía, coma unha rede de coidados para moitas delas.  O modo de realizar o programa non se ve condicionado pola Covid, pois gravamos cada unha na súa casa, xa que todas vivimos en lugares diferentes. Sen pandemia talvez fixésemos máis directos xuntas ou noutras localizacións, quen sabe!

Sara: A pandemia (e especialmente a etapa de confinamento estrito) foi unha época de illamento social para todas. O podcast foi un xeito máis de tecer lazos e construír redes de apoio que compartimos coas nosas ouvintes. Ademais, por suposto, ao non poder facer ningún tipo de actividade social “habitual”, houbo un incremento na demanda de contidos de todo tipo.

Cal é o proceso de creación dun episodio desde que se elixe o tema até que sae ao aire?
Saboridinha: Nós temos un grupo de Telegram onde falamos case diariamente. Ao crearmos un podcast tamén creamos un vínculo de amizade entre nós. A partir das nosas conversas, van xurdindo novos temas que anotamos nun documento colaborativo. Outras veces, a xente das redes ou as convidadas tamén nos indican cal pode ser un asunto de interese. Con todos eses temas imos convidando persoas que coñecemos e propómoslles que escollan en que programa gustarían de participar, en cal se sentirían máis á vontade. Así aos poucos imos calendarizando.

“Baixo a necesidade masculina de esclarecer e matizar calquera opinión dunha muller está o privilexio de ter sido escoitado sempre”

Cando o asunto é escollido, iniciamos outro chat de Telegram onde durante unha semana nós e a convidada imos colocando documentación e facendo algo parecido a un guión. Realmente nese roteiro só vai a introdución ao programa e preguntas que queremos propor para a persoa especialista. Queremos dicir con isto que o podcast flúe con bastante naturalidade e de maneira descontraída.

Despois de gravar, o noso ‘señoro en vías de rehabilitación’ colle os audios, dá un pequeno toque de edición e publicamos o contido.

Non é moi común que un home sexa parte visible dun colectivo/equipo feminista. Que papel cumpre a figura masculina (Ghanito) no programa?
As Womansplainers: Inicialmente a idea era que representase a personaxe de señoro algo machista para dar réplica ás nosas opinións, mais finalmente optamos porque aparecese sen esaxerar o papel. A súa función é ver, oír e calar, demostrando que mesmo un señoro pode facelo, aínda que co tempo fomos abrandándonos e permitimos que opine ás veces. Ao fin e ao cabo, está en rehabilitación. Fóra da gravación é unha máis do equipo, cun pouco mais de peso en asuntos técnicos e un pouco menos coa temática. Pode dicirse que nós nos ocupamos máis da pre-produción e el da post-produción.

Que implicacións ten no programa o feito de que todas proveñades de eidos profesionais tan distintos?
Saboridinha: Na verdade, o das profesións non é tan dispar. Saboridinha e a Malvada Profe dedícanse á docencia, Sara pertence ao ramo da saúde e Ghanito ao financeiro. Cremos que as nosas voces son diferentes porque os nosos percursos vitais así o son: por idades, procedencias , experiencias… Sempre supomos que o éxito radica nisto, en que ao final alguén pode verse representado en nós ou nas nosas convidadas.

Sara: Penso que neste caso, como en outros moitos, as diferenzas só poden sumar. Os nosos puntos de vista e opinións, aínda que en liñas xerais concordan, sempre achegan puntos de vista diferentes debido á perspectiva que nos dan os nosos distintos eidos profesionais e experiencias vitais.

Ao escoitar o voso programa, dáme a sensación de estar a escoitar a un grupo de amigas falar sobre varios temas. Mais, coa participación de expertas, o podcast tamén adquire un carácter educativo...
Sara: A idea é totalmente esa! Que as nosas ouvintes sintan que están a escoitar unha conversa de amigas, como a que poderían ter elas mesmas coas súas propias amizades. Parécenos interesante trasmitir esa sensación de calidez e proximidade e, á vez, falar de temas suxestivos dos que as nosas ouvintes poidan aprender ao mesmo tempo ca nós.

Pareceunos boa idea traer convidadas ao noso programa porque parecenos que teñen moito que dicir e que nos poden achegar información e puntos de vista que descoñecíamos. Ademais, deste xeito, os capítulos fanse máis amenos e sempre pode haber algunha que outra sorpresa!

Malvada Profe: En realidade, nós nunca tivemos a intención de convertirnos nun programa de expertas. A idea das Womansplainers era podermos botar a lingua a pracer sobre temas onde temos pouca ou ningunha idea -como levan facendo os señoros opinadores toda a vida!

Nós convidamos mulleres e algunha persoa non binaria que nos resultan interesantes e ofrecémoslles temas. Algunhas prefiren falar do seu eido profesional ou de investigación, mais iso é só unha opción. De feito, impórtanos darlle un púlpito tamén a mulleres máis ou menos anónimas para seren escoitadas ou a outras con maior presenza pública para falaren de temas que non son os que tratan decotío.

As Womansplainers podcast 2
Foto: Aldán Gundamaro


O mundo do podcast soe estar moi masculinizado. Pensades que a boa recepción que está a ter o voso programa ten que ver coa necesidade de escoitar máis contido que fale e estea feito desde unha perspectiva feminina e feminista?

Ghanito: Pensamos que si, que había unha percepción de que non había podcast feitos por mulleres e, aínda que isto é algo inxusto para as compañeiras que estaban xa antes que nosoutras, moitas delas con grande calidade, tamén é certo que aínda estamos lonxe dunha porcentaxe satisfactoria.

Desde o primeiro capítulo falastes da síndrome da impostora. Como podemos superalo, como crear as condicións para que exista máis contido no eido da comunicación creado por mulleres?
Saboridinha: Moitas mulleres pasan ou pasamos por esa síndrome en diversos momentos. Mesmo sendo especialistas nalgún tema, o apoio ou foco que recibas poden ser cruciais para acreditares en ti mesma. É preciso crearmos entre todas unha rede de coidados e que se dea voz ás mulleres, que se nos escoite, que non se nos interrompa. Baixo a necesidade masculina de esclarecer e matizar calquera opinión dunha muller está o privilexio de ter sido escoitado sempre. É tempo de gañar ese espazo.

Para máis mulleres estarmos na comunicación é preciso tamén que as condicións de vida de moitas de nós muden na igualdade de salarios, no peso dos coidados, no tratamento cando a nosa imaxe é exposta, etc.

Cales son os vosos referentes femininos que vos empurran a tomar a palabra?
 Saboridinha: Supoño que agora é a vez de dar nomes de superfamosas, pero eu decántome polo clixé da muller brava. Mulleres que tiveron todo contra, pero non calaron nunca cando había unha inxustiza. Penso en moitas figuras da miña familia que me inspiran. E se de dar nomes de celebridades é que isto se trata, quen me coñece un pouco sabe que vou falar da rapper portuguesa Capicua: todo un mundo referencial feminino e feminista nas súas letras que vos animo a coñecer.

Malvada Profe: A min cando penso no seu labor educativo e de divulgación véñenme sempre dous nomes á cabeza. Un é o da clasicista Mary Beard, que co seu vastísimo coñecemento sobre historia nos axuda a entender o pasado. O outro é o da activista climática Vanessa Nakate, que co seu discurso sobre a intersección de raza, xénero e crise climática fainos concibir mellor o mundo do futuro.

Sara: Todas esas mulleres esquecidas e anónimas, as invisibles, as que non aparecen nos libros de historia. E por suposto, miña nai, que xa me dixo dende ben pequena: ti, con educación, dá sempre a túa opinión. E xa me ves agora, tomei este consello tan a peito que rematei dándoa nun espazo no que poden escoitala centos de persoas! Se me vise a Sara do pasado, fliparía.

En termos de celebridades, para min, un gran descubrimento recente foi Brigitte Vasallo: escritora e activista antirracista, feminista e LGBT. O seu xeito de ver o amor, as distintas realidades de colectivos oprimidos e o mundo en xeral sempre me fan reflexionar, empatizar e buscar novas respostas.

Estreouse a segunda tempada. Que podemos agardar deste novo capítulo do voso podcast?
Ghanito: Agardamos que máis e mellor! Seguir pasándoo ben, aprendendo unhas das outras e, cun chisco de sorte, contando algo de interese para as ouvintes. Ademais, este mes anunciaremos unha colaboración para o futuro que esperamos que sirva para seguir medrando.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Libertad de expresión
Arte y política La censura sobre Gaza fue una de las principales amenazas a la libertad de expresión artística en 2024
El informe anual de la organización Freemuse sobre el estado de la libertad de expresión artística en 2024 alerta del incremento de la censura y la persecución en un contexto de guerra e inestabilidad.
Culturas
Opinión Macrofestivales o la romantización del hiperconsumo
No hay macrofestival ético, del mismo modo que no hay banco que piense en las personas. La forma de construir relaciones sociales, así como el lugar desde donde estas se producen son importantes.
A Catapulta
A Catapulta O mapa afectivo conectado a través da poesía
O poeta, escritor e dinamizador Tiago Alves visita A Catapulta e reflexiona sobre as conexións na lusofonía
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.