O prelo
‘Nem tudo é arte’: outros modos de ollar, novas oportunidades para mudar

A mesma arquitectura dos museos é impoñente; parecera que o mesmo espazo obríganos a “comportarnos”, quere dicir: a calar e ollar. Atesouramos as obras mestras nos marcos sen conseguir “comprendelas”. Despois de considerar que foi tempo suficiente, seguimos camiñando e pasamos á seguinte, e así consecutivamente até que chegamos á tenda, o que indica a saída. Ao final, con sorte, algunha pintura conmoveunos. Mais, son esas todas as posibilidades que a arte ten? Ou, mellor dito: son esas todas as posibilidades que temos nós para relacionármonos con ela?

25 oct 2019 13:30

“Escreve este breve ensaio uma historiadora da arte descrida da história desta disciplina, convencional e restringida, monolítica e patriarcal, que obstaculiza investigações radicais do facto artístico”.

Con estas contundentes palabras, comeza o seu libro Nem tudo é arte? Natalia Poncela, historiadora e crítica de arte, sumándose así ao debate acerca de que fai que a arte sexa considerada Arte.

A partir desta pregunta e a través da serie dos breves ensaios que compoñen o libro, Poncela fai unha revisión crítica da historia da arte, permitíndonos viaxar a través dos séculos para comprender como a Arte foi mudando de temáticas e técnicas, até o punto de cuestionar o seu mesmo conceito.

O texto de Natalia explícanos de que ou de quen dependen os procesos de lexitimación das obras artísticas, cuestionando a súa vez a institucionalización da arte a través de academias, galerías ou museos, que remataron por separar a arte da vida e das persoas, converténdoa nun produto reservado para certas elites.

“O olhar ñao só é fisiológico, señao que é cultural”

Que imaxinas cando pensas nunha árbore? Quizais nun carballo, tal vez nun eucalipto ou unha maceira. Calquera que sexa a imaxe é totalmente distinta á que podería pensar eu. Aínda se dúas persoas ollan xuntas un tomate, o máis probábel é que non perciban o vermello da mesma cor. E que dicir das diferencias que habería se os que están a mirar o tomate son de países diferentes? Non pasa o mesmo coas obras de arte? Por que entón persoas de todo o mundo viaxan para mirar O nacemento de Venus? É a arte universal? Natalia Ponceda opina que non.

Para exemplificar a subxectividade dos obxectos que foron denominados obras mestras, podemos ler no libro o caso da Gioconda de Leonardo Da Vinci, a obra de arte máis representativa e reproducida de toda a historia a nivel global. Porén, a sala na que está exposta non foi concurrida por un mar de visitantes até o seu roubo en 1913. Foi nese momento cando a xente comezou a entrar no Louvre coa única finalidade de contemplar o baleiro.

Entendemos neste consumo de imagens, o reflexo duma sociedade saturada de imagens estetizadas

A ausencia complexizou e sumou valor á aura arredor da obra de arte até tal grao que, cando se recuperou, se converteu no símbolo que agora é. Agora A Gioconda é claro exemplo de como o capitalismo infiltrouse e permeou os circuítos de lexitimación artística: pode considerarse Arte a aquelas pezas que son subastadas aos prezos máis altos ou son convertidas en obxectos de consumo masivo a través da súa reproducción técnica.

Ao respeito, Ponceda reflexiona sobre este proceso no momento histórico actual e agrega que: “Entendemos neste consumo de imagens, o reflexo duma sociedade saturada de imagens estetizadas”, cuestión que remata por dificultar ainda máis a delimitación do que é Arte e o que non o é.

Mais este debate non é nada novo. As discusións sobre esta cuestión comezan desde a aparición das vangardas. Xa desde entón escribiuse sen tregua ao respecto. Natalia Poncela, pola súa parte, de xeito claro e conciso, cóntanos unha historia na que a arte contemporánea, de xeito natural, nace, desenvólvese e deconstrúese.

Unha lectura política sobre a historia da arte

Non foi até finais do século XX que os artistas, esas figuras mitificadas a través dos séculos como seres dotados de excepcionalidade, levaron o debate até rematar por cuestionaren o seu mesmo papel. A través da estética relacional, a arte paticipativa e a performance, renunciaron á súa posición de poder para reformular a relación da obra co público e recoñecer o poder de co-creación da audiencia.

“Por outro lado, a negação das fronteiras entre arte e vida e a recusa da diferença entre o espectador e o acontecimiento, colocam o público na postura de coprodutor. As obras ativam-se com a ação da receção. (…) Estas experiências estéticas se instalam numa estética de participação. Estaríamos a falar da socialização da criação”. Quen remata de crear as obras somos nós, as espectadoras que percibimos e damos significado ao que ollamos.
Comprender e facer arte desde esta perspectiva conleva discursos do común e a cooperación. Mesmo abre a oportunidade de escoitar outras voces, de utilizar as plataformas artísticas como medio para visibilizar modos de resistencia social.

Por outro lado, a negação das fronteiras entre arte e vida e a recusa da diferença entre o espectador e o acontecimiento, colocam o público na postura de coprodutor

Ao final, o que Ponceda consigue é despexar o camiño para que a analoxía da arte e a vida mesma a través da historia sexa posíbel; descubrimos que, así como sucede coa arte, vivimos baixo normativas que son parte de procesos históricos e construcións sociais. O que queda disto é a comprensión de que todas as estruturas pódense mover e que necesitan ser cuestionadas e postas en crise para mudar.

Cando Natalia Ponceda culmina o seu libro dicindo que poñamos “em diálogo a nossa experiencia com os possíveis significados dá obra de arte”, convídanos a recoñecer o noso papel fundamental no proceso artístico; a deixar de limitarnos a calar e mirar, a tomar parte.

A editorial A través, con libros como Nem tudo é arte?, contribúe a enriquecer o catálogo en lingua galega de textos especializados. Con todo, aínda cando o libro trata dunha materia tan específica, grazas á claridade das ideas, o número de exemplos e o uso dunha linguaxe cotiá, é unha lectura accesíbel para quen chegue a el por simple interese, xa que pode considerarse como unha introdución a —unha— historia da arte.

A pesar de que no libro haxa unha carencia de referencias das achegas das mulleres na historia da arte contemporánea, Nem tudo é arte? cuestiona as narrativas patriarcais coas que se creou a Historia até agora e axúdanos a lembrar que a arte non é algo incuestionábel nin exclusivo de certas elites e que, ao final de todo, somos nós quen rematamos a obra coa nosa mirada.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Libertad de expresión
Arte y política La censura sobre Gaza fue una de las principales amenazas a la libertad de expresión artística en 2024
El informe anual de la organización Freemuse sobre el estado de la libertad de expresión artística en 2024 alerta del incremento de la censura y la persecución en un contexto de guerra e inestabilidad.
Artes gráficas
Andalucía Poevélez: Cuando poesía e imagen mezclan, funden y subliman
La muestra colectiva de diversos artistas del panorama nacional nos presenta ejercicios de poesía visual desde diversas disciplinas como el collage y la fotografía y se puede visitar en la Fundación Eugenio
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.