O prelo
“Non é doado encaixar as mulleres nunha estrutura codificada como masculina. Cómpre modificar a estrutura”

Mulleres e poder rastrexa os primeiros rastros do silenciamento ás mulleres na cultura clásica para explicar a súa exclusión sistemática do ámbito público.
2 may 2020 09:30

En occidente hai algúns anos que as mulleres logramos ocupar lugares de visibilidade na esfera pública que noutros momentos estaban restrinxidos para os homes. Mais, detrás do éxito daquelas mulleres que se teñen aberto paso entre as paredes estreitas do machismo, parecera que hai un prezo que pagar: ser sinaladas, insultadas e ameazadas. A intención dos agresores é clara: queren facernos calar. 

Entón, cal é o verdadeiro lugar das mulleres na vida pública? Se para ocupar calquera posto de poder, por máis pequeno que sexa, temos que soportar a violencia na nosa contra, estamos seguras que o teito de cristal rompeu? Por que, despois de tantas loitas a través dos séculos, as mulleres seguimos a estar sistematicamente excluídas do ámbito público?

Mary Beard atende e responde a estas cuestións no seu libro Mulleres e poder: un manifesto, que chega á lingua galega grazas á nova colección Púrpura da editorial Hercules Edicións que recolle unha selección de obras de autoras contemporáneas sobre o feminismo. 

Beard é unha das clasicistas máis recoñecidas da actualidade. Conta con máis de unha ducia de libros sobre a antiga Grecia e Roma nos que destacan A civilización na mirada SPQR Unha historia da Antiga Roma.

Mary dános as bases para entender que a exclusión das mulleres do ámbito público non se debe a unha cuestión de natureza

Mulleres e poder está composto por dous ensaios “A voz pública das mulleres” e “As mulleres no poder”, nos que a autora aborda a relación das mulleres co poder na actualidade. Para facelo, rastrexa os primeiros indicios do silenciamento das mulleres na cultura na que a Europa moderna baseouse para dar forma a súa estrutura política e identitaria. 

“Pretendía explicar o profundamente engastados que están na cultura occidental os mecanismos que silencias as mulleres, que se negan a tomalas en serio e que as amputan dos centros de poder. Neste sentido o mundo dos antigos gregos e romanos pode axudar a iluminar o noso. A cultura occidental ten miles de anos de práctica en silencias mulleres.”,explica a autora sobre o seu traballo.

FÓRA POR DEFINICIÓN

Ao longo do libro, Mary Beard vai dando exemplos da literatura da época clásica (o primeiro que menciona é o momento da Odisea no que Telémaco manda a calar a súa nai Penélope cando ela intenta falar) para explicar como estaba organizada a sociedade. Despois, dun xeito brillante, procura e expón casos concretos da nosa contemporaneidade nas que podemos ver a sombra dunha cultura cun padrón de concepción do discurso público que se estableceu de tal xeito que é vixente nas nosas formas de relación social ata o día de hoxe. 

Mary dános as bases para entender que a exclusión das mulleres do ámbito público non se debe a unha cuestión de natureza (por se alguén aínda cría que os homes son mellores cas mulleres para certas profesións), senón que, ao amosarnos os orixes de certas ideas e comportamentos, deixa claro que o vello discurso masculino dominante é unha construción cultural que logrou sobrevivir a través dos séculos. 

“Expresarse en público, a oratoria eran prácticas e habilidades exclusivas que definían a masculinidade como xénero (...) Expresarse en público era un -se cadra incluso o- atributo que definía a masculinidade. Ou, por citar un coñecido lema romano, o cidadán varón da elite podíase resumir como vir bonus dicendi peritus, <<un varón honrado experto no falar>>. A muller que falaba en público, na maioría das circunstancias, non era por definición unha muller”.

Unha afirmación tan contundente tende a causar certas dúbidas, mais a definición convencional que temos do “poder” é claramente masculina. Só hai que prestar atención á imaxe que se nos vén a mente cando pensamos en “líder”.

E quizabes sexa por iso mesmo que as mulleres que fan política ou atópanse nun lugar de visibilidade e responsabilidade se empeñan en falar cunha voz grave, visten pantalóns ou intentan ocultar a súa feminidade para aparentar seriedade ou, nalgúns casos, que merecen estar no lugar no que se atopan.

“O modelo mental e cultural que temos dunha persoa con poder é decididamente masculino (...) por dicilo á inversa, non temos un modelo que represente a muller con poder, salvo o de que se asemella máis ben a un home”.

Derrocar ao César, unha vez máis

O dito: Mulleres e poder é un libro que estuda o pasado para cuestionar o presente. Os coñecementos do mundo clásico de Beard son a base para formular ideas e propoñer outros xeitos de comprender o poder e as relacións sociais. Con todo, a autora aclara que non escribiu un libro que mira á sociedade contemporánea como unha vítima da herdanza clásica. Ela mesma aclara que “non todo o que pensamos ou facemos ten a súa orixe directa ou indirecta nos gregos e romanos; e a miúdo sorpréndome insistindo en que non podemos extraer leccións sinxelas da historia da antigüidade. A “caída” do imperio romano en Occidente pouco nos poder revelar sobre os altos e baixos da xeopolítica moderna. O cal non quita para que reflexionar a fondo sobre Grecia e Roma nos axude a reflexionar sobre nós mesmos e a comprender mellor de que modo aprendemos a pensar como pensamos”.

Non só é un texto no cal difunde o seu análise, senón que expón unha proposta de accións para mudar os xeitos nos cales se desposúe de autoridade e de forza á opinión das mulleres, xeitos incrustados na nosa cultura que continúan a normalizar a violencia de xénero. 

De maneira clara e concisa, Mulleres e poder, é un libro que logra abrir a reflexión sobre o que é o poder, para que é e de que forma se reparte. É un libro que pode ler calquera, xa sexa que non haxa lido ningún libro sobre feminismo antes, coma se ten militado por anos. Ler o manifesto é coma se a autora, sen condescendencia ningunha cara as súas lectoras, nos levase das mans para explicarnos como se exclúe ás mulleres do poder no nos presente, aínda que non o asemelle. 

Porque cabe destacar que os dous ensaios que conforman este libro, foron editados e nomeados como un “manifesto”. É xusto o carácter do manifesto o que lle dá particular importancia ao traballo que nos presenta Mary Beard: non só é un texto no cal difunde o seu análise, senón que expón unha proposta de accións para mudar os xeitos nos cales se desposúe de autoridade e de forza á opinión das mulleres, xeitos incrustados na nosa cultura que continúan a normalizar a violencia de xénero. 

“Seguimos tratando o poder como algo propio dunha elite, asociado ao prestixio público, ao carisma individual do que se chama “liderado”, e a miúdo, ben que non sempre, a un certo grao de celebridade. Supón así mesmo tratar o poder nun sentido moi restrinxido, como unha posesión que só unhas poucas persoas -homes na súa maioría- poder ter e exercer. Nese sentido, as mulleres en canto xénero -non en canto individuos contados- quedan excluídas del por definición. Non é doado encaixar as mulleres nunha estrutura que vén codificada como masculina. Por tanto, cómpre modificar a estrutura. Isto implica concibir doutra maneira o poder. Implica desligalo do prestixio público. Implica concibilo de modo colaborativo, como o poder dos seguidores, e non só dos líderes. Implica, sobre todo, concibir o poder como un atributo ou incluso como un verbo (“apoderar”), non como unha posesión”.

Con este traballo, Mary Beard, sen dúbida algunha, converteuse nun referente fundamental para o feminismo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Feminismos
Andrea Proenza “Debemos aproximarnos a nuevos horizontes feministas en nuestra forma de amar”
‘Cartografías del deseo amoroso’ es el título de un ensayo intimista sobre chicas que quieren ser Bravo y buscan no solo el amor, sino un buen relato.
Literatura
Ensayo Qué (no) puede un cuerpo
Algunas novedades editoriales y tendencias audiovisuales sugieren retornos de modos de entender lo inhumano que fueron característicos de la neoliberal década de los 80.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.