O prelo
Defendernos de quen di protexernos: o machismo das institucións

A editorial Galaxia publica un libro que recoñece e sinala os distintos xeitos en que as institucións públicas vulneran ás mulleres.


Cómplices libro Galaxia ed
26 dic 2020 08:46

Saímos ás rúas. Manifestámonos milleiros en contra de sentencias. Chegamos ás cámaras do poder. Redactamos novas leis e modificamos as vellas. Organizámonos desde distintos ámbitos sociais, aportamos distintas perspectivas. Aínda así, a pesar do incrible crecemento do movemento feminista a nivel estatal e global, parecese que os cambios nas nosas vidas non son suficientes. 

A institucionalización e capitalización do feminismo, entre outras cousas, ocasionou que en moitos contextos a violencia de xénero fose perdendo a urxencia, a complexidade e a claridade. Con cada mención morbosa e sensacionalista deste tipo de violencia nos medios masivos e con cada neglixencia administrativa, o concepto foise tornando cada vez máis abstracto e reduciuse até o punto de obviar e invisibilizar a existencia de múltiples tipos de violencias de que somos vítimas as mulleres. 

Cómplices: a violencia machista institucional, é un libro que sinala a “falacia da igualdade” que nos intentan vender as administracións públicas mentres que, na práctica, transgride a nosa seguridade e dignidade.  

Iria Vázquez Silva, a coordinadora e autora da maioría dos capítulos do libro, é socióloga especializada en estudos de xénero. Doutorouse na Universidade da Coruña no ámbito da socioloxía das migracións e do xénero. É profesora da Universidade de Vigo e, como activista, colabora con varios colectivos feministas, como Mulleres Bicivisíbeis.

Publicado pola editorial Galaxia a principios do 2020, Cómplices aborda distintos exemplos de faltas e neglixencias das instancias administrativas que obstaculizan ou impiden que as mulleres poidan gozar dos seus dereitos humanos.

A autora reflexiona sobre algo que poucas veces chega a discutirse e que é unha das maiores causas da vulnerabilidade que viven as mulleres fronte as institucións: a construción e reprodución da masculinidade hexemónica nas forzas de seguridade.

Os coñecementos académicos e científicos das autoras fusiónanse cos aprendizaxes empíricos que adquiriron a través de experiencias da súa vida cotián e do seu labor activista. Isto tradúcese a que as autoras poidan falar de temas, procedementos e casos específicos a profundidade, atendendo os detalles das faltas das institucións e lexislacións no momento de protexer ás mulleres. 

Nos primeiros capítulos, Vázquez Silva sinala as deficiencias e carencias da obtención e procesamento de datos oficiais, os cales non son nin frecuentes nin están deseñados para facer un seguimento rigoroso dos tipos de violencia. Para a autora, esta subestimación da dimensión da violencia machista é violencia institucional e sinala a relevancia de contar con estatísticas responsables, xa que estas“poderían axudarnos a bordar e analizar a evolución dun fenómeno social, así como a pensar en políticas sociais efectivas”.

O silencio das mulleres e as súa fuxida do sistema penal é un síntoma de que este segue sen protexer eficientemente as mulleres vítimas de violencia.

Ademais a autora reflexiona sobre algo que poucas veces chega a discutirse e que é unha das maiores causas da vulnerabilidade que viven as mulleres fronte as institucións: “a construción e reprodución da masculinidade hexemónica nas forzas de seguridade” e sinala que “aqueles/as policías que manteñen crenzas patriarcais ou misóxinas tenden a xustificar a violencia ou culpabilizar a muller da súa propia vitimización, presentan unha maior inclinación a crer que non deberían realizarse arrestos”.

O capítulo a cargo de Sheila Fernández Míguez en colaboración coa coordinadora do libro, aborda a violencia de xénero desde o ámbito xurídico. Sinálanse todos os detalles que vulneran ás mulleres desde o momento en que se achegan a unha instancia a poñer unha demanda, até os mesmos descoidos das institucións nos xuízos. Remarcan que:

“O silencio das mulleres e as súa fuxida do sistema penal é un síntoma de que este segue sen protexer eficientemente as mulleres vítimas de violencia. Este tipo de campañas que din que “a solución está nas túas mans” esquece da complexidade do proceso xurídico e responsabiliza as mulleres dun problema que, en realidade, é social”. 

Cabe resaltar tamén a pertinente  colaboración de Olalla Villaronga, quen se ocupa das mulleres que viven no medio rural e de como a violencia machista institucional se constrúe tamén coa negación da diversidade territorial. 

“As mulleres que viven en zonas rurais non son vulnerábeis na súa esencia (...) son corpos vulnerados en territorio vulnerados, pois nelas conflúe a desigualdade propia dunha cultura e sociedade patriarcal xunto coa desigualdade social, política e económica na que se sitúa o ámbito rural con respecto ao urbano”.

Cómplices é un texto de divulgación co cal podemos aprender a recoñecer as violencias coas que nos atopamos diariamente e non sempre recoñecemos. Incítanos a tomar consciencia para as frear.

Igual de clarificador e o artigo de Lola Ferreiro, quen sinala moitos dos xeitos en que os dereitos das mulleres son esmagados polas institucións da saúde. Fala dos controis, intimidacións  e abusos de poder normalizados por parte do corpo médico.

“Os prexuízos cos que frecuentemente se atende ás mulleres (...) conducen a que se receiten con moita máis frecuencia psicofármacos ás mulleres cós homes, que cando acoden a consulta con queixas semellantes, son consideradas máis “serias”.

De complicidades a complicidades

O percorrido que se fai a través do libro é amplo e profundo. Nel se poden escoitar a voz de moitas mulleres de diversos contextos sociais dar conta das múltiples formas coas que as administracións públicas vulnera os nosos dereitos diariamente, ao mesmo tempo que intentan convencernos de que alcanzamos a igualdade. 

É un libro que grita aos catro ventos, que exixe un compromiso real das institucións, que se aumenten as dotacións orzamentarias para aplicar os marcos legais xa existentes no eido da violencia machista e maior inverción na educación con perspectiva de xénero, non só con miras a aplicarse á educación básica, senón tamén a todas as persoas que traballan en institucións públicas.

Así, o gran fío en común entre todos os capítulos é a enunciación reivindicativa. Remárcase a importancia da loita organizada ao mostrar como os pequenos cambios conseguidos foron produto dunha oposición feminina que decidiu rachar o silencio en procura da dignidade e benestar de todas as mulleres. 

Cómplices é un texto de divulgación co cal podemos aprender a recoñecer as violencias coas que nos atopamos diariamente e non sempre recoñecemos. Incítanos a tomar consciencia para as frear. 

Nese sentido, o título non podería ser máis axeitado. Non só é un libro que denuncia a complicidade das institucións públicas coa violencia machista. Tamén é un libro escrito por cómplices, no mellor senso da palabra, que apelan á complicidade das lectoras na loita pola defensa dos dereitos humanos das mulleres. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Madrid
Violencia machista Almeida elimina los Espacios de Igualdad y los transforma en centros especializados en violencia de género
Trabajadoras y oposición denuncian un cambio de un modelo participativo hacia otro asistencialista, en el que no se atenderá a todas las mujeres y se perderán actividades de prevención y sensibilización.
Justicia
Juana Rivas Francesco Arcuri, exmarido de Juana Rivas, irá a juicio en Italia por maltrato habitual a sus hijos
Arcuri ha perdido el último recurso previo a la vista oral en la audiencia celebrada este martes, el juez italiano competente ha fijado la fecha del juicio para el próximo 18 de septiembre.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.