Medio rural
O acto de ler o monte para reconstruir a nosa historia

A paisaxe do rural galego ten mudado a través do tempo. É un libro aberto nel que podemos ler e reconstruír a historia das poboacións que ten habitado nel.

Pasos de Tatín
Pasos de Tatín, Mondariz Sara Guerrero Alfaro
Xornalista
28 feb 2020 12:00

Gina, está mirando pola súa fiestra. Esta atenta e sinala cada cousa que teña mudado dun día ao outro. A súa mirada vaise pousando dun lado a outro cunha meticulosidade e concentración que parecera que está lendo. De súpeto, algo ve e dispara a súa memoria. Gina empeza, de xeito natural, a contarme a súa historia, que é tamén a do monte. 

 “O canastro da casa está marcado co ano 1815, mais sei que a miña familia tivo esta finca desde antes diso. Antigamente a aldea estaba máis enriba e a igrexa tamén estaba noutro sitio. Miña nai contábame que a nai da súa nai foi quen baixou e construíu as cadras que agora son a nosa casa. Por iso, o muíño de casa está lonxe, alá riba, no monte”. 

 Gina, a miña veciña, é a voz detrás de todas a citas que fago ao longo deste texto.   

  ***  

Cando se da unha camiñada polos arredores dunha aldea, non é estraño atoparse, escondidos entre a maleza, pedazos de muros ou postes de pedra en fila que sinalan que antes aí había un viñedo.  

A emigración, o abandono e a baixa poboación do rural galego foise reflectindo no paisaxe máis que en ningunha outra cousa, como ben son capaces de apuntar as persoas maiores que, mirando pola fiestra, sinalan e din “Antes, todo iso de alí eran fincas” ou “De novas íamos á aldea de alado por un camiño que sabe Dios onde quedou, xa non existe”. 

A través dos recordos é que unha pode facerse á idea de como era a vida. É a maneira de atrasar o esquecemento da historia das persoas, familias e comunidades enteiras. Pero tamén a través das sinais do paso da vida humana, que son coma as cicatrices e marcas do monte, pode reconstruírse a historia.  

“Antes, para chegar a Mondariz, tiñamos que atravesar o monte. Antigamente non estaba a estrada e así foi por moitísimo tempo ata que toda a veciñanza da aldea xuntámonos e a construímos nós coas nosas propias mans. Cada fin de semana, íamos e construíamos un tramo. Tardamos moitísimo e foi un traballo do carallo, pero fixémola nós”.  

Esas historias resgardadas na cabeza das persoas seguramente mudaban por culpa do paso do tempo ou das diferenzas que xorden inevitablemente de aqueles relatos que viaxan de boca en boca. A memoria, así como a Historia -aínda que moitos historiadores non queiran velo así- sempre ten sido inexacta, subxectiva e, ata certo punto, as certezas son inalcanzables.   

Pero, a diferenza da Historia que queda plasmada para a eternidade escrita con tinta sobre follas de papel, esta está escrita na paisaxe: un libro que non se pecha e que está sempre listo para que alguén o mire e comece a lelo. Así, esta historia narrada a través da transmisión oral, está viva e en constante reconstrución: dependendo de quen e cando a mire ou de quen e cando a conte. Tamén revela os contextos históricos, sociais, políticos nos que se enunciaba.    

“Durante o franquismo, o meu irmán mais o noso pai, comezaron a plantar eucaliptos porque dicían que a madeira chegaba máis pronto e que poderíamos vendela e sacarlle proveito pronto. Entón alá foron e plantaron tres ou catro fincas só de eucaliptos. Pobriños, eles que ían a saber os problemas que hai hoxe co esas árbores. Son puro alcohol e son unha praga. Pero eles o fixeron porque era o que lles recomendaban e o que os demais estaban tamén a facer”.  

O interese e a insistencia das persoas maiores de contar sobre como ten cambiado a paisaxe, non é produto máis que da atiquísima intuición de querer transmitir o coñecemento para que non se perda. Pero tamén é o xeito de conectarse co pasado, co aquelas persoas que xa non están, co aquel estilo de vida que, por máis precario que fose, constitúe quen son e explica o presente.  

“Antes todo isto era moito máis bonito. Aqueles dous montes todos eran verdes, agora nada, queimáronse hai tres ou catro anos. E, ves esa capela de alí abaixo? É nova, antigamente só estaba a igrexa pero construíron a outra porque á xente que vive abaixo quedáballe moi lonxe. E o cemiterio tamén estaba alá enriba...”.    

O pasado da vida rural non pode separarse da terra: os contos versan sobre o dominio e o traballo sobre ela –de tal xeito que nalgúns momentos se asemella a un animal salvaxe domesticado con cada debruzada-; sobre a medicina natural das augas e plantas silvestres; sobre a elección dos espazos nos que se decide vivir; sobre a época de sementar e a lectura da lúa e os ceos para prognosticar o clima.  

Cada narración que teño escoitado é unha proba máis de que a historia da humanidade e tamén a historia do monte e viceversa; son historias en indisolubles, historias dunha vida en común na que se toma e se da. (E é xusto dicir que a veces tomamos máis do que damos).  

Con todo, aínda que no paisaxe non se poda ler unha emoción predeterminada, é común detectar un rastro de tristeza nos recordos das persoas que o len. Non necesariamente porque haxa unha saudade que busque manter certo xeito de vida, senón porque os cambios no monte reflictan a ausencia, o abandono; a maleza é o paso do tempo que vai coméndose as pedras, as antigas fontes, as pontes. Cada finca que deixa de ser labrada, cada viña que deixa de ser coidada é unha ameaza da desaparición dun mundo que deixa de ser lexible e que empeza a vivir só na memoria.  

“O meu primo levábame cargando nos ombreiros cando eu era nena e tiña que ir ao médico. Cruzaba toda a aldea comigo e así cruzabamos os pasos de Tatín. Xa non podo andar ata alá, pero coma me gustaría camiñar outra vez por alí e ver como están. Ten caído algún? Aínda está a ponte do pau que estaba por alí no camiño?”   

Móstrolle a foto que tomei dos pasos no meu paseo e ela abesóuraa coma unha lectora voraz que se reencontra coa súa historia favorita logo de toda unha vida lonxe dela.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Galicia
Galicia Cientos de personas descienden el río Ulla en una protesta histórica contra la celulosa Altri y la mina Touro
El río potencialmente más afectado por ambos proyectos se convirtió este domingo en una ruta de protesta y concienciación ambiental gracias al descenso de decenas de embarcaciones lideradas por activistas de todo el país.
Altri
Altri Centos de persoas enchen o río Ulla nunha protesta histórica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
O río potencialmente máis afectado por ambos proxectos converteuse este domingo nunha vía de protesta e conciencia ambiental grazas á decida de decenas de embarcacións dirixidas por activistas de todo o país.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.