Cine
Afluentes

O documental máis premiado do ano en Galiza chega ás salas comerciais. Esquece Monelos, dirixido por Ángeles Huerta e producido por DangaDanga Audiovisuais, proxéctase en cines de todo o país.

'Esquece Monelos', o documental de Ángeles Huerta, de estrea en salas_2
Angeles Huerta durante a rodaxe de "Esquece Monelos" Jaime Pérez
26 oct 2017 19:49

Este venres 27 de outubro estreouse en salas comerciais o documental Esquece Monelos, de Ángeles Huerta. Varios meses atrás, arredor do 8 de marzo (Día Internacional da Muller) conversabamos coa directora Ángeles Huerta e a montadora Sandra Sánchez sobre a película e a situación da muller no mundo audiovisual. Rescatamos hoxe este contido do fondo do río como convite a mergullarse na corrente do Monelos e non esquecer a historia.

Sandra Sánchez conta cunha longa traxectoria como directora, montadora e guionista. A súa primeira longametraxe, Tralas Luces (na que asumiu dirección, guión, montaxe e fotografía en 2011), foi estreada no Festival Internacional de Cine de San Sebastián, recibiu tres premios Mestre Mateo e unha mención especial do xurado nos Premios da Crítica Galega 2011. Como montadora, ten traballado en películas como Migas de Pan (Manane Rodríguez, 2016), Doentes (Gustavo Balza, 2011) e series de television como Luci ou Rías Baixas. Polo seu traballo en Esquece Monelos recibiu tamén un Mestre Mateo á Mellor Montaxe.

Ángeles Huerta é doutora en Literatura Comparada e cursou dirección cinematográfica na Met Film School de Londres. A súa última curtametraxe, The Fetch, foi seleccionada na “Short Film Corner” do Festival de Cannes, levou galardóns como o de Mellor Guión no Festival de Cans e tivo un longo percorrido por festivais. A súa primeira longametraxe, o documental Esquece Monelos, recibiu tres premios Mestre Mateo outorgados pola Academia Galega do Audiovisual: Mellor documental, Mellor fotografía (para Jaime Pérez) e Mellor montaxe (para Sandra Sánchez). Obtivo tamén o premio á Mellor Película Galega na Semana Internacional de Cine e Autor de Lugo, a Mención Especial do Xurado no Festival Internacional de Documentais de Madrid (DocumentaMadrid) e o recoñecemento como Mellor Película Galega na XII Mostra de Cinema Etnográfico (MICE) de Santiago de Compostela. Ademais, o documental está fluíndo a bo ritmo por festivais nacionais e internacionais. 

En Esquece Monelos entretécese unha historia colectiva cunha historia persoal, sendo unha metáfora da outra, e viceversa. O río Monelos pasou de ser fundamental na vida d'A Coruña a converterse en pouco máis ca un borboriñar subterráneo baixo os cimentos da cidade e un rastro sobre a superficie, como de cicatriz. Hai persoas que aínda lembran a súa vida co río coma eixo. Coas súas testemuñas percorren os lugares sinalados e mailo forzado proceso que desdebuxou as marxes. 

Cando na superficie dos ollos nos emerxen reflexos da luz do río e sorrimos, é que xa nos deixamos arrastrar polo curso do Monelos
De igual xeito, a directora Ángeles Huerta tende pontes entre as súas lembranzas para reconstruír a súa propia historia, a raíz da perda de memoria dun ser querido. Investiga na materialidade do recordo, nas conexións, no funcionamento da mente. En como inflúe o que vivimos, o que calamos, o que destruímos, e o que recuperamos co recordo. O fermoso de Esquece Monelos é que o seu é un discurso de invitación: como espectadoras completamos o significado que a cadencia de imaxes bosquexa. Cando na superficie dos ollos nos emerxen reflexos da luz do río e sorrimos, é que xa nos deixamos arrastrar polo curso do Monelos. Para lograr iso, tanto Angeles como Sandra tiveron sempre claro que é tan importante o que se conta como o que non se conta, e tamén a maneira na que se narra. O documental ten un ton poético que emana da forza da palabra, da plasticidade das imaxes e o tempo da montaxe.

Este tipo de enfoque moitas veces ten recibido (e non só no caso que nos ocupa) o calificativo de "cinema de muller" ou "mirada feminina". Pero, realmente existe tal cousa? Falamos con Sandra e Ángeles deste e doutros ríos que nos atravesan deixando ferida. Falamos tamén do íntimo e o colectivo. De como ser muller xa excava un cauce determinado no discorrer da vida laboral, tomando como exemplo o eido profesional das dúas: o audiovisual.

No audiovisual, a posición da muller segue a ser máis de afluente que de río. Semella que a flexibilidade imposta como modelo no panorama laboral se nos esixe máis ás mulleres. Acabamos pois fluíndo como podemos entre os croios que nos sitúan no camiño. Hai un caudal inmenso de mulleres adicándose a profesións creativas e técnicas dentro do audiovisual que, por algún motivo, non desemboca coa forza debida. Sandra e Ángeles debullan non só un, senón moitos deses motivos e debuxan con cifras un retrato bastante nítido do panorama actual.Outro dos estados habituais da muller é o de encoro, presa, auga estática que alimenta de enerxía o que acolle nas profundidades do ventre. Falamos dos coidados da maternidade, tarefa aínda asociada case exclusivamente á muller. No audiovisual, onde a maioría dos traballos son estacionais e mesmo implican mobilidade xeográfica, a conciliación adoita ser moi difícil de asumir.As pedras que se interpoñen na corrente están máis que identificadas. Semella evidente que está nas nosas mans, nas de todos e todas, quitalas. Para deixarmos de ser afluentes. Para ensancharmos dunha vez os cauces e debuxarmos uns novos nos que caibamos todos e todas. Para sermos río. 

Arquivado en: Galicia Cine
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.
O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
#1958
29/10/2017 15:59

Fantástico documental. Altamente recomendable

2
0
#1746
28/10/2017 11:55

Maravillosa peza :)

1
0
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Laboral
Laboral Los trabajadores de Bridgestone tendrán que decidir sobre la última oferta de la empresa
Reducen en 103 despidos el ERE de la multinacional, fomentan las prejubilaciones y se comprometen a asegurar la producción en las dos plantas afectadas en Cantabria y Bizkaia.
Pensamiento
Pensamiento Michael Hardt: “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.
Sanidad pública
Sanidad Pública España necesita 100.000 enfermeras para alcanzar la media europea
Casi un 40% de enfermeras manifiesta que dejará la profesión en los próximos 10 años. Son datos del Ministerio de Sanidad y las profesionales exponen las razones: falta de conciliación y contratos precarios.
València
Lawfare La Audiencia de València dicta que la causa contra Mónica Oltra llegue a juicio
Aunque la Fiscalía y el juez instructor descartaron que existiera indicios de delito contra la ex consellera y el resto de acusados, la Audiencia ratifica la celebración del juicio.
Estados Unidos
Guerra comercial Estados Unidos y China acuerdan una rebaja en los aranceles durante 90 días
Tras una reunión en Suiza, los dos países anuncian que reducirán los impuestos a las importaciones a partir del 14 de mayo.
Educación
Eduación La educación vasca no irá a la huelga tras llegar a un acuerdo tildado de “histórico”
Los sindicatos desconvocan los paros para esta semana al haber alcanzado mejoras en las condiciones laborales del profesorado y una mejor financiación para los centros públicos.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.