Feminismos
A fenda de xénero nos estudos universitarios técnicos de Galicia

Neste artigo queremos invitar á reflexión sobre as razóns que poden existir tras a fenda de xénero nos estudos técnicos, as súas consecuencias e posibles iniciativas para pechala.
Grupo de Mulleres Tecnólogas polo Ben Común de Enxeñería Sen Fronteiras
6 sep 2023 14:00

A fenda de xénero é un fenómeno persistente en diversos ámbitos profesionais e académicos, os estudos técnicos como arquitectura e enxeñería non son unha excepción. A pesar dos avances na igualdade de xénero, a desigual representación de homes e mulleres nas disciplinas máis vinculadas a tecnoloxía segue a ser un desafío.

Aínda que puidera parecer que a fenda está descendendo, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dende o 2001 ao 2022 hai unha tendencia clara á diminución da porcentaxe de mulleres matriculadas en enxeñería e arquitectura en Galicia. En 2002 un 33% das matrículas nestes estudos foron de mulleres. Pero veuse dando un descenso paulatino nestes anos, até apenas superar o 27% no 2022 (chegando a porcertaxe máis baixa no 2019, cun 26,5%).

Grafico enxeñaria galiza
Gráfico da evolución anual do porcentaxe de mulleres matriculadas en arquitectura e enxeñerías en Galicia| Elaboración propia con datos do IGE.

Pero esta tendencia iníciase xa dende a infancia. Segundo datos dun estudo de Enxeñería Sen Fronteiras realizado no ensino secundario, as rapazas continúan sen percibir o eido tecnolóxico como propio, sen optar por el como futuro profesional. Neste caso, nunha escala do 0 ao 10, os rapaces situaban a probabilidade dun posible futuro laboral vinculado á tecnoloxía no 6,5, fronte ao 3,8 de media das rapazas.

Isto pode provocar unha falta de representación diversa na toma de decisións e na creación de solucións innovadoras. A falta de perspectivas diversas pode limitar a calidade e a sustentabilidade dos deseños, xa que se exclúen experiencias e enfoques diferentes, por non falar do nesgo de xénero específico que contamina e seguirá a contaminar a funcionalidade de moitas solucións tecnolóxicas.

Os prexuízos inconscientes e a discriminación na educación e no lugar de traballo tamén xogan un papel crucial

Os estereotipos arraigados na sociedade xogan un papel importante. As nenas son influídas dende pequenas con ideas sobre as habilidades e os roles que se consideran axeitados ao seu xénero, o que pode provocar unha falta de interese polos campos técnicos e científicos. Ademais, as expectativas sociais e as barreiras culturais poden disuadir as mulleres de entrar e persistir nestes campos. A falta de modelos femininos tamén é un grande obstáculo. A baixa presenza de mulleres en postos de liderado e recoñecemento en arquitectura e enxeñería limita as oportunidades de inspiración e mentoría para aspirantes a profesionais. Os prexuízos inconscientes e a discriminación na educación e no lugar de traballo tamén xogan un papel crucial, xa que poden afectar á contratación, á promoción e ás tarefas de proxectos.

No eido tecnolóxico e das enxeñerías veuse manifestando con especial intensidade a cultura patriarcal. Máis alto, máis grande, máis forte. O tecnolóxico foi o epítome da eficiencia, unha eficiencia que non é neutral, senón que se pon ao servizo da xeración de cartos para quen manexa esa tecnoloxía. Carreiras polas patentes, espionaxe industrial, competencia brutal coas de fóra e as de dentro, para que despois homes brancos conten os seus logros e innovacións ovacionados en palestras ante aprendices de gurús (e talvez tamén para ir á lúa nos seus foguetes fálicos). Non falamos dunha eficiencia para unha vida mellor para todas, ou para aumentar a igualdade de oportunidades de todas as persoas, ou para coidar mellor do planeta. A tecnoloxía está lonxe de servir o ben común.

Fomentar o interese e a participación das nenas nos campos técnicos e científicos dende a infancia é fundamental. Isto pódese conseguir a través de programas educativos que promovan referentes femininos e ofrezan oportunidades para explorar estas disciplinas de forma inclusiva, así como abordar os prexuízos inconscientes e establecer políticas institucionais que promovan a igualdade de oportunidades e a diversidade. As iniciativas de mentoría e apoio académico, tratando de amosar modelos de aplicación da tecnoloxía para o ben común, tamén xogan un papel fundamental para proporcionar ás estudantes o apoio que necesitan para superar os desafíos e acadar os seus obxectivos profesionais.

Precisamos programas educativos que promovan referentes femininos e ofrezan oportunidades para explorar estas disciplinas de forma inclusiva

O foco clave é a promoción de modelos femininos na tecnoloxía, entendendo tecnoloxía de xeito amplo. Ao destacar os logros de mulleres nestes campos, que non teñen por que ser “de éxito” no sentido habitual da palabra (poder, cartos, etc., senón de estar aliñado cos valores e cunha posibilidade de pór os coñecementos ao servizo dun fin motivador e inclusivo) pódese rachar cos estereotipos e inspirar a próxima xeración de profesionais. Tamén no propio material didáctico é importante rachar cos roles de xénero a respecto da tecnoloxía. Por exemplo, evitar a asociación das nenas con actividades socialmente atribuídas a un rol feminino, como os labores. Nos resultados previos dun estudo de Enxeñería Sen Fronteiras realizado en libros de texto de Tecnoloxía de 1º e 2º da ESO parece que se está conseguindo dar unha visión máis inclusiva neste sentido. Sería interesante ver o que ocorre noutras materias e no traballo na aula.

Por outra banda, é importante a influencia da contorna familiar e informal. Neste caso, é clave regular a publicidade infantil coa que se ven bombardeadas as crianzas, así como o resto de contidos dirixidos á infancia, que perpetúan os roles de xénero. Sería interesante aplicar medidas de acción positiva, como a creación de series, libros, banda deseñada e máis produtos culturais en que aparezan mulleres ligadas ao ámbito tecnolóxico.

Ao promover e aproveitar todo o talento dispoñible, achegámonos a un futuro onde a creatividade, a innovación e a autorrealización profesional non teñan barreiras de xénero. Ademais, deste xeito, os avances que se apoien na tecnoloxía serán máis sustentables e con menos risco de deixar persoas e grupos atrás. Pero, sobre todo, racharase cos marcos construídos a partir de roles patriarcais para que haxa para todas verdadeira liberdade de elexir o camiño.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
Comunidad de Madrid
Huelga de universidades públicas Por qué las universidades públicas irán a la huelga el 28A
Las distintas plataformas en defensa de la educación universitaria pública denuncian la “asfixia económica” a la que el gobierno de Isabel Díaz Ayuso aboca a los centros académicos desde hace más de 15 años.
Asturias
Educación Asturies impulsa la gratuidad del primer curso universitario
La medida, aprobada por el Gobierno de PSOE-IU Convocatoria por Asturies, llega en plena polémica por los proyectos de apertura de centros privados en la comunidad.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Palestina
Ocupación Isarelí Primera movilización unitaria contra el genocidio en Palestina y por el fin del comercio de armas con Israel
Este sábado 10 de mayo se espera en Madrid una asistencia multitudinaria de personas venidas desde cientos de municipios de todo el Estado español para concentrar la protesta de los ataques indiscriminados del Israel contra la población palestina.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.