SanidadKoko

Sanidad pública
O contrato do Sergas con Medtronic pon en perigo os pacientes e o sistema

O contrato entre a multinacional e o Servizo Galego de Saúde agocha os grandes beneficios e vantaxes que obtén Medtronic, que en 2019 tivo un beneficio neto de máis de 1.200.000.000 de euros.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
4 mar 2020 07:02

Nuñez Feijoo está privatizando os servizos e recursos máis importantes, influentes e avanzados do SERGAS. Non só puxo en mans de multinacionais farmacéuticas e fondos de inversión as Fundacións de Investigación dos hospitais públicos, senón que cedeu os servizos de cardioloxía de tres dos hospitais públicos máis importantes —Santiago, A Coruña e Lugo— á multinacional norteamericana MEDTRONIC, mediante un contrato que agocha os principais termos do mesmo para ocultar os grandes beneficios e vantaxes que obtén a multinacional.

Quen é MEDTRONIC e a que se dedica?

MEDTRONIC é unha empresa estadounidense, con ramificacións en todo o mundo (155 países e cun beneficio de 93.000 millóns de euros anuais), que deseña, experimenta e vende dispositivos sanitarios como marcapasos, aparatos para a dor ou bombas de insulina.

Sanidad pública
Colapso na sanidade pública galega
O colapso na atención primaria e nas urxencias son o resultado dunha privatización implacábel que favorece o lucro de xigantes empresariais como Medtronic.

Como funciona?

Basea a súa estratexia nunha grande agresividade empresarial estafando ás autoridades de saúde dos países nos que opera, e vulnerando as leis do mercado e a competencia. Suborna a médicos, xestores de servizos e centros para que adquiran os seus aparatos promovendo e pagando charlas e congresos, regalando equipamento, financiando investigacións, viaxes ou ceas de luxo. Esta forma de actuar supúxolle numerosas demandas e fallos xudiciais, tanto nos Estados Unidos como no resto do mundo; para evitar unha condena pactou un acordo co Departamento de Saúde e Servizos Sociais de Estados Unidos en outubro do 2008 no que recoñecía estas prácticas. Todo isto debería xerar unha gran preocupación nos hospitais onde está instalado MEDTRONIC —como é o caso do SERGAS— dados os numerosos casos de corrupción dos últimos anos que afectaron a autoridades do noso país, e ao elevado número de xefes de servizo que compatibilizan a dedicación pública coa privada con importantes conflitos de interese.

Cales son os seus principais obxectivos?

Controlar a área do corazón destes centros dado que o contrato contempla que persoal desta multinacional forme parte dos órganos de goberno de cada hospital e deste servizo. Tamén, introducir a xestión empresarial privada en centros públicos, acceder a toda a información de saúde dos pacientes e do funcionamento e custos dos hospitais (algo fundamental para identificar áreas de novos negocios no futuro) e experimentar cos aparatos —testar segundo o contrato— nos pacientes galegos, utilizando ao persoal, as instalacións, o equipamento e os recursos diagnósticos dos tres centros. Aparatos que posteriormente MEDTRONIC vende en todo o mundo.

Segundo os incidentes rexistrados polos organismos reguladores de Estados Unidos, os produtos fabricados por esta empresa están relacionados coa morte de 9.300 persoas e coas lesións a outras 292.000

Agora, MEDTRONIC está a desenvolver novas áreas de negocio que contan co apoio de Feijoo. Desde o ano 2006 pretende ademais xestionar servizos de cardioloxía, supervisar o equipamento tecnolóxico, realizar actividades de consultaría para administracións e centros —co obxectivo declarado de apropiarse da enfermidade a nivel mundial—. Nesta estratexia atopou un firme aliado e socio na persoa de Núñez Feijoo que para isto mudou recentemente a Lei Galega de Saúde coa que puxo os recursos do SERGAS ao servizo do desenvolvemento empresarial privado, poñendo no mesmo a estratexia de Investigación, desenvolvemento e Innovación (I+D+I) de saúde en Galiza. Todo isto tendo en conta que aínda que MEDTRONIC instale nos hospitais públicos un TAC ou unha RNM para realizar os seus experimentos, estes só poderán ser utilizados pola multinacional para desenvolver as súas investigacións, negando o acceso aos mesmos ao resto de servizos.

Aínda que MEDTRONIC instale nos hospitais públicos un TAC ou unha RNM para realizar os seus experimentos, estes só poderán ser utilizados pola multinacional para as súas investigacións, negando o acceso aos mesmos ao resto de servizos.

MEDTRONIC pretende agora acabar cos sistemas sanitarios públicos para desenvolver o seu negocio (apropiarse da enfermidade e vender os seus produtos). O Diretor Executivo desta multinacional, Omar Ishrak, estivo un ano enteiro viaxando a países de todo o mundo, reuníndose con políticos, empresas sanitarias e profesionais, para trasladar a mensaxe de que os Sistemas Sanitarios Públicos son ineficientes, moi custosos e precisan unha reorganización urxente. En Galiza temos suficientes mostras de que esta mensaxe convenceu por completo ao Sr.Feijoo que se comporta como un alumno entusiasta desta doutrina que está a aplicar á sanidade galega. O 'lobby' empresarial do que forma parte MEDTRONIC pretende a medio prazo un novo modelo sanitario integral baseado no oligopolio privado como único proveedor de aparatos e da xestión de servizos nos hospitais, iso si, financiados con fondos públicos.

Un contrato que supón un perigo para a saúde da poboación

Segundo o informe The Implants List elaborado e publicado por un Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación no que participaron 258 xornalistas de 58 medios e 36 países, os aparatos investigados e comercializados por MEDTRONIC —como marcapasos, respiradores artificiais, estimuladores dos músculos do estómago, próteses de mama, bombas de insulina para controlar a diabetes, válvulas cardíacas ou implantes lumbares para as dores de columna— supuxeron un importante dano para a saúde dos pacientes por ser defectuosos ou non estar o suficientemente probados antes da súa implantación. Entre os anos 2008 e 2017, segundo os incidentes rexistrados polos organismos reguladores de Estados Unidos, os produtos fabricados por esta empresa están relacionados coa morte de 9.300 persoas e coas lesións a outras 292.000. As bombas de insulina causaron 1.800 mortes e 96.000 lesións e os implantes para controlar a dor crónica con 800 mortes e 35.000 lesións. Como consecuencia, as reclamacións pagadas por MEDTRONIC para facer fronte ás querelas e denuncias de máis de 20.000 pacientes afectados alcanzaron durante ese período os 6.700 millóns de dólares pero, como as súas ganancias ascenderon a 34.000 millóns, mereceulle a pena correr o risco.

Sanidad pública
Fernando Abraldes: “A austeridade na saúde susténtase a costa dos dereitos fundamentais das persoas”
Falamos coa Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, a propósito dun novo falecemento nos corredores de acceso, do colapso estrutural nos servizos de urxencias e da pasividade e da “burla” do Sergas e da Xunta

Dada a importancia desta privatización que afecta a un dos servizos máis importantes e influentes para o sistema e para a saúde da poboación, parece necesario: Coñecer na súa totalidade as condicións do contrato, realizar unha auditoría e posteriormente un seguimento continuado polas autoridades do SERGAS, da actividade da empresa, dos resultados para a saúde e das súas repercusións sobre o funcionamento dos tres hospitais, e estudar a forma de denunciar o contrato e recuperar o control da área do corazón, dados os potenciais riscos do mesmo.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sevilla
Educación Pública Las interinas e interinos de Andalucía convocan una huelga por la falta de proceso de estabilización
Más de 28.000 docentes, que componen el 20% de las plantillas educativas en Andalucía, no han estabilizado su puesto a pesar de décadas de trabajar en las aulas, el 14 de mayo inician una huelga para denunciar su situación
Cádiz
Educación Pública La comunidad educativa de Jerez planta cara a los recortes de la Junta de Andalucía
Alrededor de 1.000 de personas, según la organización, salieron a las calles de Jerez de la Frontera para defenderse de las amenazas constantes del gobierno andaluz de cerrar líneas educativas y reclamar una bajada de las ratios
Sanidad
GENOCIDIO EN GAZA 200 trabajadoras del Hospital de Cruces piden vetar los fármacos de Teva Pharm
Las profesionales sanitarias registraron el pasado 2 de mayo una petición ante la Dirección de Osakidetza para exigir la retirada inmediata de todos los productos de la farmacéutica israelí.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Laboral
Laboral Los trabajadores de Bridgestone tendrán que decidir sobre la última oferta de la empresa
Reducen en 103 despidos el ERE de la multinacional, fomentan las prejubilaciones y se comprometen a asegurar la producción en las dos plantas afectadas en Cantabria y Bizkaia.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.

Últimas

Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Vecinas de Madrid convocan otra gran manifestación por la sanidad pública
El próximo 25 de mayo la plataforma Vecinas y Vecinos de Barrios y Pueblos de Madrid organiza otra gran marcha contra la política sanitaria del Gobierno de Ayuso.
Palestina
Palestina Imputan a dos capitanes de buque implicados en el comercio de armas con Israel
El Juzgado de Instrucción nº 6 de Barcelona investiga la implicación de la naviera Maersk en el suministro de armas al ejército israelí y le requiere que identifique a dos capitanes.
Sanidad pública
Sanidad Pública España necesita 100.000 enfermeras para alcanzar la media europea
Casi un 40% de enfermeras manifiesta que dejará la profesión en los próximos 10 años. Son datos del Ministerio de Sanidad y las profesionales exponen las razones: falta de conciliación y contratos precarios.
València
Lawfare La Audiencia de València dicta que la causa contra Mónica Oltra llegue a juicio
Aunque la Fiscalía y el juez instructor descartaron que existiera indicios de delito contra la ex consellera y el resto de acusados, la Audiencia ratifica la celebración del juicio.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.