O prelo
Fosforescencias: converter a vida en poesía

O epistolario da poeta galega, Lupe Gómez, é un refuxio, un libro para aprender a mirar o mundo.
26 jun 2020 20:54

“Os escritores sempre din que escribir é un acto moi solitario, pero creo que en realidade é un feito moi ruidoso, como ter frío ou debuxar rostros”. 

Fosforescencias é un libro único e delicado. Unha mestura entre a prosa epistolar e a poesía. Unha recompilación de documentos que falan da vida, da amizade e da enfermidade. É unha invitación ao mundo dunha poeta que ten o poder de elevar o máis mundano a un idilio. Cada carta que compón o libro é un raio de luz que aluma a cotiandade, unha perspectiva fresca da realidade, unha fosforescencia fugaz na escuridade.  

A autora, Lupe Gómez, naceu en Fisteus en 1972. Estudou xornalismo en Santiago e colaborou nos xornais Galicia Hoxe, A Nosa Terra e El Correo Gallego. Ten unha decena de libros publicados nos que destaca o seu primeiro poemario, Pornografías, autoeditado en 1995 e traducido ao castelán no 2019. Ademais de ter gañado premios como o Lorenzo Baleirón e o Johán Carballeira, co seu libro Camuflaxes gañou o Premio da Gala do Libro Galego e o Premio da Crítica no 2017. 

O seu epistolario Fosforescencias foi publicado pola editorial Alvarellos a finais do 2019. Nel atópanse unha selección da correspondencia que Lupe mantiña coas súas amizades ao longo de case un ano. Entre os destinatarios — e remitentes — atópanse Xosé Neira Vilas, Emma Pedreira, Francisco Pillado, Manolo Rivas, ademais de outras vellas amizades.  

Este libro fala de tantos temas como follas nacen e caen dunha árbore ao longo dun ano. Mais, sobre todas as cousas, Lupe fala da amizade. No importa que tan longa, profunda ou curta sexa unha carta, cada unha representa o que a amizade realmente é: escoitar-ler-atentamente, compartir a vida, medrar en compañía e procurar o cariño. 

Máis que cartas, o que Fosforescencias ofrece é unha especie de diario de vida. É coma se Lupe Gómez tivese logrado converter as palabras impresas nunha xanela á que nos invita a mirar a danza dos seus pensamentos. Atravesamos diferentes momentos da vida da escritora, quen nos leva da man e nos comparte as súas dúbidas, as súas preocupacións, os seus soños, as lecturas que vai facendo, as enfermidades que aparecen e as mortes que irrompen no camiño.  

Ademais, a lectura deste epistolario permítenos ser testemuñas do proceso de creación do mesmo.  

“Quero comezar a escribir un novo libro pero non teño un apoio económico que me permita traballar con independencia, autonomía e liberdade. Vivimos nun país de arañas. Miña nai ás veces dime: “Non escribas libros, pois ninguén che dá nada por eles”. Ten razón. Ela é unha agricultora de terra que da patacas, leite, ovos… pero a min non me dan nada por escribir e traballar co aire”. 

FORMAS E ESCENCIA 

Cando Lupe Gómez nos comparte o seu ritual sagrado de acariciar as cartas antes de envialas e ao recibilas, advirte do afecto que hai no intercambio de correspondencia a pesar da distancia entre os corpos. Coa súa escritura sucede o mesmo: Lupe acarícianos coas súas palabras, cóidanos a través delas.  

A poeta de Fisteus escribe desde unha subxectividade sen pretensións que é quen de facer que sintamos os seus textos próximos a nós. Cada paisaxe que describe, por máis sinxelo ou cotián que sexa, tórnase poético baixo a súa mirada. Ler Fosforescencias é observar o mundo a través dos ollos dunha muller que ama a vida ao grao que parecese que o mero feito de existir é razón suficiente para rendernos ante a felicidade.

O mundo que ve e reinventa Lupe Gómez dálle todo o necesario para vivir: arróupaa e cóidaa. Ela, pola súa banda, devórao intensamente, aliméntase da forza da propia presencia. Así e todo, a pesar de toda a forza que hai na prosa da autora, o libro ten o poder de deter o tempo con suavidade e delicadeza; o ritmo poético é tan claro que quen le, automaticamente entra en sintonía coas palabras que acougan o espírito. 

“Algunhas mulleres desexan afirmar as súas cinturas, as súas pernas. Fan moitos exercicios ximnásticos para conseguilo. Súan e choran en vano logrando pouco a pouco. As mulleres escritoras porfiamos continuamente en afinar as nosas mans, como se fosen pianos, como se quixeramos modelar a música da linguaxe que utilizamos. Eu antes tiña unhas mans rudas, fortes, brutas, pois traballaba coa terra, coa auga fría, co esterco. Pero logo, de tanto escribir epístolas apaixonadas e tanto tocar o piano, as miñas mans fóronse atenuando, afinando, suavizando.” 

Secasí, traballos como o de Lupe Gómez corren un perigo: poden ser reducidos ao campo do talento nato, ao da subxectividade sensible. A sinxeleza coa que é quen de transmitir non ten que ver con que sexa muller ou só co feito de ter nacido nunha aldea. Detrás das palabras de Gómez, innegablemente, hai traballo e oficio, cousas que moitas veces quedan ocultas detrás de etiquetas benevolentes e paternalistas que teñen recaído por moitos anos en autoras como a propia Rosalía de Castro. Lupe Gómez, por sorte, pode reivindicar o traballo poético feminino en vida.  

“Gústame buscar títulos. Nomes para todos os meus fillos. Palabras para calmar a sede embriagadora do sol. É como buscar nomes de xardineiros que cortan a roseira con moita atención verdadeira e moto amor”. 

Non deixan de desconcertar, no entanto, aseveracións como “A min gustaríame ser negra porque así a xente quereríame moitísimo” ou “Gustaríame saber convivir cos votantes do PP, do PSOE, do BNG e cos negros e África”, que desentoan e poden dar lugar a perigosas interpretacións.  

*** 

As raíces de Lupe Gómez fanse visibles en cada carta. Escribe con toda a modernidade posible, alimentada de todos os séculos pasados. Fosforescencias é un libro para ler devagar e para poder absorber e procesar cada imaxe.  

“Acabar un libro é como rematar a arquitectura preciosa dun soño. Pechar con chave a porta para que non entren os ladróns, e para que todo siga sendo tan fermoso como era antes, e como será sempre”. 

O desconcerto inicial ante a beleza case violenta da prosa de Gómez termina por asumirse e transformarse en ansias de vivir como ela vive: amando. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Feminismos
Andrea Proenza “Debemos aproximarnos a nuevos horizontes feministas en nuestra forma de amar”
‘Cartografías del deseo amoroso’ es el título de un ensayo intimista sobre chicas que quieren ser Bravo y buscan no solo el amor, sino un buen relato.
Literatura
Ensayo Qué (no) puede un cuerpo
Algunas novedades editoriales y tendencias audiovisuales sugieren retornos de modos de entender lo inhumano que fueron característicos de la neoliberal década de los 80.
Galicia
Investigación Varios refugiados denuncian a la ONG Rescate Internacional por explotación laboral y agresión sexual
La Guardia Civil investiga al centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran trabajar sin contrato a cambio de 50 euros semanales. La ONG gestiona 1.700 plazas del programa estatal de acogida.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Violencia machista
Violencia institucional Un observatorio registra en un año más de un centenar de casos de violencia institucional contra las mujeres
El Observatorio de Violencias Institucionales Machistas, creado hace un año, recoge 117 casos de violencia institucional contra las mujeres, la mitad de ellos cometidos por el sistema judicial.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Más noticias
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal
Madrid
Madrid El grito de ‘Altri Non!’ llega al Congreso de los Diputados
La Plataforma Ulloa Viva y organizaciones ecologistas exigen directamente al Gobierno español que rechace subvencionar el proyecto de la macrofábrica de celulosa y que respete la voluntad del pueblo gallego.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.